XOGANDO CO PASADO E REFLEXIONANDO SOBRE O PRESENTE

Nestes días de Nadal todo o mundo bota una ollada atrás e recorda con certa nostalxia a ilusión coa que, sendo nenos, agardábase a chegada dos Reis Magos. Cando RomanArmy.eu cumpre un ano de vida, os xoguetes lévannos a unha reflexión que queremos compartir con todos vós.

Durante o mes de xuño do ano pasado, o centro comercial Intu Asturias, situado nas proximidades de Oviedo (Asturias), acolleu a exposición Asturias, nuestra historia en miniatura, organizada por AESClick. Nesta recreábanse por medio de figuras da coñecida marca Playmobil varios episodios do pasado asturiano.

Entre todos estas houbo un diorama que logrou chamarnos especialmente a atención: “Las legiones en tierra astur”. Representaba unha complexa escena –duns 200 personaxes- na que destacaba unha fortificación romana de planta cuadrangular delimitada por un valado de madeira. Completando a acción atopábase unha galera romana e unha calzada empedrada en fase de construción.

Fragmento do diorama “Las legiones en tierra astur”. No centro da imaxe os castra lexionarios e en primeiro plano o campamento extramuros de comerciantes e prostitutas que adoitaban acompañar a estes establecementos.

Xunto a este diorama situábase un panel explicativo que intentaba resaltar, de forma sinxela e amena, a importancia que xogou o exército romano na conquista e dominación da actual Asturias. É oportuno manifestar a transcendencia que neste se lles da tamén a estas tropas non só como forza de combate, senón como elementos fundamentais para a posta en marcha do comercio, las infraestruturas e o redeseño do tecido económico destes territorios xa baixo o dominio romano.

Imaxe do panel explicativo (anverso e reverso) onde se fala sobre a presenza das lexións en Asturias (© Texto: AESClick).

Non obstante, no texto que figura no panel explicativo destaca a total ausencia de referencias aos campamentos romanos de marcha (castra aestiva) localizados en Asturias. Ao longo desta última década descubríronse case dúas decenas destes asentamentos de carácter temporal. Isto supuxo un cambio radical no panorama investigador como ben reflicte a construción destes 4 grandes obxectivos:

  • A oportunidade de coñecer arqueoloxicamente un bo número de sitios vinculados á presenza militar romana en Asturias.
  • A posibilidade de establecer por vez primeira tanto as liñas de avance como os movementos de tropas romanas para este teatro de operacións do Bellum Asturum.
  • A recuperación dunha importante colección de armamento e equipo militar relacionados co conflito.
  • O desenvolvemento de novos métodos de traballo para a identificación e estudo tanto destes sitios como das campañas militares no seu conxunto.

Cabe pensar por que estes campamentos de marcha, que constitúen a evidencia material máis precisa desta presenza militar, quédanse fóra do discurso histórico manexado pola sociedade actual. Aínda que esta ausencia pódese explicar por múltiples factores, cremos que deben resaltarse dúas: unha posta en valor insuficiente e desigual deste tipo de sitios; o escaso alcance da literatura científica entre la cidadanía.

Os propios investigadores que traballamos neste campo debemos asumir que algo estase facendo cando non somos capaces de transmitir á poboación o traballo que se desenvolve diariamente. Quizais son demasiado técnicos, cunha linguaxe excesivamente complexa; tal vez os canais de información usados non son os apropiados. O certo é que se se bota unha mirada ao noso entorno arqueolóxico apréciase un notable desequilibrio entre os esforzos que se fan por difundir os avances destas investigacións dentro do mundo académico e o interese por divulgar os novos descubrimentos entre as comunidades locais ou o grande público.

Iniciativas como a da sinalada son experiencias interesantes porque serven para interconectar o mundo académico co público xeral. É evidente que unos contidos amenos –pero rigorosos- presentados nun formato atractivo sempre lograrán un alcance social moito maior co da unha monografía científica. De igual modo, estas actividades constitúen unha excelente ocasión para reflexionar sobre o modo no que se transmite o coñecemento, cal son os puntos fortes do noso traballo e os aspectos nos que debería mellorarse.

Na colección “Playmobil. La aventura de la Historia” preséntase de maneira didáctica unha una recreación dun campamento de marcha lexionario onde se sinalan os principais elementos que o compoñen. Así, o foso, o parapeto terreiro e as portas en clavícula coinciden cos restos das fortificacións documentadas no noso traballo (© PLANETA DᵉAGOSTINI).

Romanarmy.eu naceu cunha dobre vocación: face partícipe á comunidade do achádegos sobre la conquista romana do NO e contribuír á construción dunha nova lectura destes episodios históricos, refutando os vellos paradigmas historiográficos e establecento novas liñas interpretativas. Por todo isto, cremos que o noso esforzo no ámbito da difusión e divulgación cobra máis sentido ao percibirse de forma clara que este tipo de problemas seguen a se perpetuar e reproducir.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*