{"id":1167,"date":"2017-05-09T18:20:49","date_gmt":"2017-05-09T16:20:49","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1167"},"modified":"2017-05-09T18:26:10","modified_gmt":"2017-05-09T16:26:10","slug":"e-agora-que-a-arqueoloxia-despois-do-traballo-de-campo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/2017\/05\/09\/e-agora-que-a-arqueoloxia-despois-do-traballo-de-campo\/","title":{"rendered":"E agora que? A arqueolox\u00eda despois do traballo de campo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/arnas_con_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>An\u00e1lise visual de Outeiro de Circo. Foto: Rebeca Blanco<\/em><\/p>\n<p>Exactamente iso foi o que pensamos nada m\u00e1is chegar \u00e1 casa, logo de descargar todas as cousas no laboratorio, gardar equipos e ferramentas e, por suposto, darlle unha lavada ao coche, que trouxo consigo medio val do T\u00e1mega en forma de po. Rebeca adoita facer un c\u00e1lculo, moi polo aire, segundo o cal por cada semana de traballo en campo corresp\u00f3ndense tres de gabinete, isto \u00e9, de procesado dos datos recollidos. Pero claro, falamos de semanas correntes, eses unicornios brancos con xornadas diarias de 8 horas, practicamente inexistentes en arqueolox\u00eda.<\/p>\n<p>Queda moito por facer, por iso foi importante organizarse canto antes. En primeiro lugar tivemos que xuntar todos os datos recompilados en campo e comprobar que non faltase nada. Por un lado, revis\u00e1ronse as notas de campo, os rexistros de materiais, os datos do GPS e as fotograf\u00edas&#8230; procurando que todo fose accesible en formato dixital; por outro comprobouse que as pezas e mostras recollidas estivesen ben identificadas, pensando no seu procesado posterior.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/arnas_con_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Puntos GPS obtidos no Outeiro de Arn\u00e1s<\/em><\/p>\n<p>E a\u00ed comezou o verdadeiro reparto de tarefas. Jo\u00e3o xestiona nestes momentos todos os aspectos relacionados coa toma de puntos co GPS subm\u00e9trico. A maior\u00eda deses puntos tom\u00e1ronse co obxectivo de elaborar modelos dixitais do terreo, cos que se poder\u00e1n elaborar desde planimetr\u00edas ata modelos 3D dos sitios prospectados. Outros ref\u00edrense \u00e1s evidencias materiais documentadas sobre o terreo, o que nos permitir\u00e1 co\u00f1ecer non s\u00f3 os lugares onde apareceron, sen\u00f3n tam\u00e9n saber os motivos polos que se producen esas acumulaci\u00f3ns dentro dos sitios.<\/p>\n<p>De forma complementaria, Manuel procesa toda a documentaci\u00f3n gr\u00e1fica obtida co dron, centos de fotograf\u00edas que non so nos permiten ter una perspectiva totalmente diferente dos sitios, sen\u00f3n que tam\u00e9n servir\u00e1n para elaborar novos modelos dixitais. O outro d\u00eda andaba argallando como presentar de forma m\u00e1is did\u00e1ctica estes mesmos modelos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/arnas_con_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Modelo 3D do Outeiro de Arn\u00e1s (sen texturas)<\/em><\/p>\n<p>Coment\u00e1bame onte Rebeca que as mostras xa est\u00e1n preparadas para a s\u00faa an\u00e1lise e que Erik, inseparable da improvisada forcada artesanal que trouxo de Arn\u00e1s, comezar\u00e1 nos pr\u00f3ximos d\u00edas o proceso de fotografado en detalle e documentaci\u00f3n dos materiais. Consciente dos prazos que nos marcan as autoridades, coordina ela agora tam\u00e9n o informe valorativo que teremos que entregar nun mes escaso. Nel explicarase con detalle todo isto que vos vimos contando desde o inicio dos traballos: localizaci\u00f3n dos sitios, m\u00e9todos e t\u00e9cnicas usados, descrici\u00f3n das estruturas e materiais, etc.<\/p>\n<p>E aqu\u00ed \u00e9 onde me atopo eu, a m\u00e1is de 1500 qm de Ver\u00edn, traballando nese mesmo informe. E mentres escollo algunhas fotograf\u00edas para ilustrar un cap\u00edtulo que ve\u00f1o de redactar, vexo tam\u00e9n outras imaxes, m\u00e1is informais, que me fan recordar o agarimo co que fomos acollidos. Af\u00e1stame destes pensamentos unha serie de mensaxes no grupo de whatsapp. Parece ser que o equipo, revisando alg\u00fans artigos, atopou alg\u00fans paralelos arqueol\u00f3xicos interesantes que nos axudar\u00e1n a comprender mellor o Alto do Circo e Outeiro de Arn\u00e1s. Estamos afeitos a traballar as\u00ed, en tempo real, coa seguridade de que cada d\u00eda esconde algo novo e coa secreta ilusi\u00f3n de que os nosos pasos nos volvan levar ao T\u00e1mega.<\/p>\n<p><em>Por Jos\u00e9 Manuel Costa<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>An\u00e1lise visual de Outeiro de Circo. Foto: Rebeca Blanco Exactamente iso foi o que pensamos nada m\u00e1is chegar \u00e1 casa, <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/2017\/05\/09\/e-agora-que-a-arqueoloxia-despois-do-traballo-de-campo\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,1,35],"tags":[],"class_list":["post-1167","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-caderno-de-campo","category-historias","category-tecnicas","no-post-thumbnail","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"as","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1167","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1167"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1167\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1172,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1167\/revisions\/1172"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1167"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1167"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/as\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1167"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}