{"id":1148,"date":"2017-04-25T19:48:48","date_gmt":"2017-04-25T17:48:48","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1148"},"modified":"2017-04-25T19:55:31","modified_gmt":"2017-04-25T17:55:31","slug":"o-alto-do-circo-un-enigma-monumental","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/2017\/04\/25\/o-alto-do-circo-un-enigma-monumental\/","title":{"rendered":"O Alto do Circo: un enigma monumental"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/alto_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Alto do Circo cando te achegas desde a serra<\/em><\/p>\n<p>No momento no que o Alto do Circo era un espazo vivo, a s\u00faa visi\u00f3n deb\u00eda ser monumental e espectacular. Cando chegabas a este outeiro pendurado sobre o val de Ver\u00edn desde os propios montes, o primeiro que v\u00edas era un talude sobre o cal se levantaba unha estrutura p\u00e9trea parecida a unha muralla, que acada unha anchura de catro metros. A monta\u00f1a, polo tanto, percib\u00edase totalmente artificializada. E tanto no talude inferior como na muralla superior, fiadas de seixo branco que refulxen ao sol. <\/p>\n<p>Jo\u00e3o Fonte detivo o coche no primeiro punto no que, desde a pista forestal, se ve o sitio arqueol\u00f3xico. &#8220;Efectivamente&#8221;, musitou alg\u00fan dos membros do equipo. Os dous d\u00edas anteriores estiveran traballando intensamente neste lugar, redefinindo a estratexia de intervenci\u00f3n para facer fronte a un espazo con demasiada maleza e aparentemente moi mudo na cultura material. Ese <em>efectivamente<\/em> refer\u00edase ao efecto a\u00ednda espectacular do seixo fulgurando ao sol da ma\u00f1\u00e1 do val do T\u00e1mega, unha vez desbrozada a penas unha \u00e1rea m\u00ednima daquela estrutura. Os primeiros visitantes que se achegaron por al\u00ed o s\u00e1bado tam\u00e9n foi o primeiro que dixeron. &#8220;O seixo!&#8221;. E aqu\u00ed est\u00e1 a primeira das preguntas, das innumerables que nos fixemos co Alto do Circo. \u00bfHai unha intencionalidade clara no uso dese seixo? O equipo de arque\u00f3logos percibiu durante os d\u00edas de traballo que si hab\u00eda unha vontade &#8220;esc\u00e9nica&#8221; ao modificar a monta\u00f1a pero, ser\u00eda o seixo a guinda dese pastel?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/alto_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As d\u00faas estruturas nas que centramos a intervenci\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>Como dicimos, unha das numerosas preguntas. As\u00ed coma no Outeiro de Arn\u00e1s a combinaci\u00f3n de morfolox\u00eda defensiva coas evidencias f\u00edsicas axudaron a facilitar a interpretaci\u00f3n como castellum militar romano, marchamos do Alto do Circo fascinados pero intrigados. Non sabemos a \u00e9poca. Non sabemos o uso. S\u00f3 sabemos que unha importante estrutura p\u00e9trea envolve, a media ladeira, un outeiro que non foi usado, moi posiblemente, como lugar de habitaci\u00f3n. &#8220;Para selo, a muralla ter\u00eda que estar ubicada na zona alta para, entre outras cousas, servir de paraventos&#8221;. E mellorar a protecci\u00f3n. O solo, todo de esquisto moi fragmentado, fai imposible que no seu interior se poidan apreciar, alomenos sen limpar, estruturas arqueol\u00f3xicas claras. As\u00ed que o Alto do Circo foi constru\u00eddo cun sentido desco\u00f1ecido para n\u00f3s, pero arqueoloxicamente a campa\u00f1a perm\u00edtenos avanzar que o fixeron con vontade de resaltar, de monumentalizar e de impactar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/alto_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Vista cenital do Alto no que se percibe a estrutura amurallada facendo un &#8220;circo&#8221;<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/alto_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A estrutura amurallada na zona sen prospectar nin limpar<\/em><\/p>\n<p>E iso \u00e9 determinante. Porque cando est\u00e1s en Alto do Circo \u00e9 como se ao mesmo tempo estiveras en dous mundos: por unha banda, al\u00e1 abaixo est\u00e1 o rico val do T\u00e1mega, cheo de terras f\u00e9rtiles, de vi\u00f1o, de aguas termais; pola banda contraria, a paisaxe \u00e9 de monta\u00f1a, con valgadas, monta\u00f1as, pened\u00edas e pasos estreitos. <\/p>\n<p>E hai m\u00e1is diferencias. No Outeiro de Arn\u00e1s non puidemos recoller nin unha peza de folclore, apenas unha vaga referencia aos mouros. Todo diferente ao Alto do Circo, que ten unha estra\u00f1a lenda que, tanto o recompilador da zona, Bruno P. R\u00faa, coma n\u00f3s, nunca escoitaramos asociado a un lugar arqueol\u00f3xico. A referencia \u00e9 tan intrigante como atractiva: <\/p>\n<blockquote>\n<p>O Circo era usado polos mouros para entrenar aos seus cabalos, d\u00e1ndolle voltas arredor dos muros. E os Mouros fac\u00edan as s\u00faas feiras no Alto do Circo, e vend\u00edan cabalos e tam\u00e9n mineral.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>En Galicia hai poucas Feiras de Mouros, a\u00ednda que alguna delas ofreceu arqueoloxicamente datos espectaculares, coma o Mercado dos Mouros, en Valga, vinculado a un primeiro punto comercial romano en \u00e9poca de Augusto. Pero a relaci\u00f3n cos cabalos \u00e9 m\u00e1is estra\u00f1a. O Alto do Circo tam\u00e9n garda, adem\u00e1is, lendas de tesouros. Hai que dicir que estivo sempre moi vinculado \u00e1 aldea de Feces de Cima, porque adem\u00e1is \u00e9 a divisoria das parroquias. Malia non ter contacto visual co Alto do Circo, os veci\u00f1os te\u00f1en moito aprecio a este estra\u00f1o lugar. <\/p>\n<p>A ausencia de materiais \u00e9 notable. &#8220;Non documentamos materiais arqueol\u00f3xicos m\u00e1is al\u00f3 das estruturas&#8221;, sinala Blanco-Rotea, &#8220;unicamente aos p\u00e9s do monte apareceron dous fragmentos de cer\u00e1mica parduzca, feita a man, sen caracter\u00edsticas suficientes para encadrala nunha cronolox\u00eda ou outra. As tres pequenas sondaxes que fixemos s\u00f3 revelaron uns cravos e un fragmento de ferradura&#8221;. Agora ben o equipo recolleu mostras para aplicar a t\u00e9cnica do carbono-14. O carbono-14 non \u00e9 necesariamente a panacea. Nunha pequena intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica, na que as estruturas unicamente se limpan a nivel superficial, a probabilidade de erro das mostras pode ser importante. <\/p>\n<p>As\u00ed que marchamos de Alto do Circo sorprendidos, estra\u00f1ados, e con varias conclusi\u00f3ns abertas. <\/p>\n<p>A primeira \u00e9 que a intervenci\u00f3n permitiu determinar que non \u00e9 unha instalaci\u00f3n militar romana. Isto \u00e9 importante porque en certa medida este sitio foi escollido porque hab\u00eda unha certa posibilidade de que puidera ser un espazo deste tipo (a\u00ednda que o equipo sempre a considerou menor que en Arn\u00e1s). <\/p>\n<p>E agora, ent\u00f3n, cando foi constru\u00eddo? Pois en aberto, e de forma moi prudente, o equipo de romanarmy manexa d\u00faas hip\u00f3teses tam\u00e9n moi abertas: un entorno do Bronce Final ou Ferro I (co cal estariamos nun momento do 1000-800 a.C.) ou se cadra, tam\u00e9n de maneira dilatada, un periodo tardoantigo-altomedieval, m\u00e1is pr\u00f3ximo ao s\u00e9culo VIII-IX. En poucas semanas disporemos da informaci\u00f3n das mostras. E estas nos permitir\u00e1n avanzar na cuesti\u00f3n (e v\u00f3s saber\u00e9delo).<\/p>\n<p>Entrementres, an\u00edmaste a pensar connosco? A que \u00e9poca pensas ti que pertence?<\/p>\n<p>[democracy id=&#8221;2&#8243;]<\/p>\n<p><strong>CL\u00c1USULA DE DIVULGACI\u00d3N:<\/strong><\/p>\n<p>O \u201cProxecto de prospecci\u00f3n arqueol\u00f3xica mediante t\u00e9cnicas de teledetecci\u00f3n dos sitios arqueol\u00f3xicos de Outeiro de Arn\u00e1s y Alto do Circo (Ver\u00edn, Ourense)\u201d coord\u00ednao o colectivo RomanArmy.eu e conta co apoio do: Concello de Ver\u00edn (Ourense), Grupo de Investigaci\u00f3n S\u00edncrisis (Universidade de Santiago de Compostela), Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) do CSIC e a asociaci\u00f3n Monterrei Cultura e Territorio. Podes consultar o d\u00e9calogo de actuaci\u00f3n de romanarmy.eu aqu\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Alto do Circo cando te achegas desde a serra No momento no que o Alto do Circo era un <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/2017\/04\/25\/o-alto-do-circo-un-enigma-monumental\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,1,38],"tags":[],"class_list":["post-1148","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-caderno-de-campo","category-historias","category-sitios","no-post-thumbnail","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"en","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1148","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1148"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1148\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1164,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1148\/revisions\/1164"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1148"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1148"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1148"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}