{"id":1059,"date":"2017-04-11T22:03:31","date_gmt":"2017-04-11T20:03:31","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?page_id=1059"},"modified":"2017-04-12T00:29:46","modified_gmt":"2017-04-11T22:29:46","slug":"decalogo","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/about-the-project\/decalogo\/","title":{"rendered":"Dec\u00e1logo de RomanArmy.eu"},"content":{"rendered":"<ol>\n<li>RomanArmy naceu en 2016 como un colectivo de investigadores interesados na Arqueolox\u00eda do conflito e no estudo do proceso de conquista do NW ib\u00e9rico por parte de Roma. Nesta li\u00f1a, pretende sumar competencias, co\u00f1ecementos e sinerx\u00edas para explorar novas v\u00edas de investigaci\u00f3n baseadas na <strong><em>experimentaci\u00f3n<\/em><\/strong> e na <strong><em>innovaci\u00f3n<\/em><\/strong>, pero tam\u00e9n no <strong><em>rigor cient\u00edfico<\/em><\/strong> e na <strong><em>calidade da investigaci\u00f3n<\/em><\/strong>.<\/li>\n<li>RomanArmy <strong><em>non se constit\u00fae como un grupo de investigaci\u00f3n formal<\/em> <\/strong>dentro dunha estrutura universitaria ou dun centro de investigaci\u00f3n en particular, independentemente de que alg\u00fan dos investigadores que o integran podan desenvolver a s\u00faa actividade nestes \u00e1mbitos. Deste modo, o colectivo non pretende acudir a fontes de financiamento convencionais deste tipo de grupos (plans auton\u00f3micos, ministeriais ou europeos de I+D+i), sendo por iso aut\u00f3nomo, auto-sostido e soportado polo esforzo e dedicaci\u00f3n dos seus membros. Unicamente poder\u00e1 establecer alianzas e colaboraci\u00f3ns puntuais con estes centros para acci\u00f3n concretas, pero sempre dende unha relaci\u00f3n de horizontalidade e de respecto cara os principios que rexen RomanArmy.<\/li>\n<li>RomanArmy <strong><em>funciona de maneira descentralizada<\/em><\/strong>, con actuaci\u00f3ns propostas polos propios membros, aprobadas por consenso e \u00e1s que o resto de investigadores do colectivo incorp\u00f3rase voluntariamente se as\u00ed o considera oportuno.<\/li>\n<li>RomaAmy c\u00e9ntrase non s\u00f3 na produci\u00f3n do co\u00f1ecemento, sen\u00f3n que aposta pola <strong><em>socializaci\u00f3n da investigaci\u00f3n<\/em><\/strong>. Deste modo, abre canles de comunicaci\u00f3n directa tanto con outros colegas do \u00e1mbito cient\u00edfico e acad\u00e9mico, as\u00ed como co p\u00fablico final, procurando incorporalo ao propio proceso de xeraci\u00f3n de co\u00f1ecemento. Por iso, RomaArmy explora novas v\u00edas para a difusi\u00f3n dos resultados m\u00e1is al\u00f3 dos formatos est\u00e1ndares da publicaci\u00f3n acad\u00e9mica.<\/li>\n<li>RomanArmy comparte unha visi\u00f3n da <strong><em>ciencia democr\u00e1tica, din\u00e1mica, aberta, feminista<\/em><\/strong> e na idea de que esta debe contribu\u00edr a mellorar a sociedade creando unha cidadan\u00eda m\u00e1is cr\u00edtica e informada. Neste senso, RomanArmy constit\u00faese como unha plataforma de acci\u00f3n cient\u00edfica que, a pesar do limitado do seu alcance e posibilidades como colectivo, desborda moitas das problem\u00e1ticas burocr\u00e1ticas, administrativas e de xesti\u00f3n que nestes momentos afogan a unha boa parte das instituci\u00f3ns acad\u00e9micas e cient\u00edficas.<\/li>\n<li>O d\u00eda a d\u00eda de RomanArmy bas\u00e9ase nun <strong><em>debate aberto e proposto en termos de liberdade, igualdade, horizontalidade e democracia entre os seus membros<\/em><\/strong>, as\u00ed como entre estes e a sociedade en xeral. Tal debate fundam\u00e9ntase no intercambio de ideas, a busca de consensos e o aprendizaxe colectivo, o cal reforza a s\u00faa vez o compromiso de honestidade e transparencia do grupo. Perm\u00edtenos escoitar, dubidar, opinar, concienciar e aprender na liberdade e na multivocalidade.<\/li>\n<li>RomanArmy aposta claramente polo respecto \u00e1 diversidade de pensamento, que ven fundamentado polo <strong><em>car\u00e1cter interdisciplinar, heterox\u00e9neo e incluso frecuentemente heterodoxo do grupo<\/em><\/strong>, conformado por investigadores procedentes de diferentes disciplinas, tradici\u00f3ns investigadoras, \u00e1reas xeogr\u00e1ficas e con distintos intereses. Tal bagaxe vital non determina o establecemento de rangos e xerarqu\u00edas, sen\u00f3n que se atopa ao servizo do ben com\u00fan e do pensamento plural.<\/li>\n<li>RomanArmy \u00e9 un colectivo nativo dixital que se empapa do car\u00e1cter inmediato e interactivo que emana deste concepto. O que nos permite abrir di\u00e1logos francos coa cidadan\u00eda, seguindo os principios da <strong><em>ciencia p\u00fablica e en aberto<\/em><\/strong>. Apostamos por unha visi\u00f3n m\u00e1is aberta da propiedade intelectual como un ben p\u00fablico e adoptamos unha \u00e9tica <em>hacker<\/em> na nosa relaci\u00f3n coa tecnolox\u00eda: reinterpret\u00e1ndoa, reinvent\u00e1ndoa e explorando novos usos tanto para a investigaci\u00f3n como para a comunicaci\u00f3n do proceso cient\u00edfico.<\/li>\n<li>RomanArmy ent\u00e9ndese como un <strong><em>colectivo transdisciplinar,<\/em><\/strong> en permanente construci\u00f3n e polo tanto cambiante, pero sempre baseado nuns principios \u00e9ticos e de compromiso social ben definidos aos que atende este dec\u00e1logo.<\/li>\n<li>RomanArmy naceu nas marxes da Academia, como unha anomal\u00eda no sistema. Con ut\u00f3pica irreverencia constit\u00faese como modelo meta-acad\u00e9mico. Bebe dun Latente activismo envolto en desenfado. RomanArmy autodef\u00ednese como <strong><em>colectivo de investigaci\u00f3n con arquitectura de WhatsApp<\/em><\/strong>.<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>RomanArmy naceu en 2016 como un colectivo de investigadores interesados na Arqueolox\u00eda do conflito e no estudo do proceso de <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/about-the-project\/decalogo\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"parent":20,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-1059","page","type-page","status-publish","hentry","no-post-thumbnail","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"pt":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"en":{"title":true,"content":true,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1059"}],"version-history":[{"count":7,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1059\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1064,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1059\/revisions\/1064"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/20"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}