{"id":1121,"date":"2017-04-19T21:25:09","date_gmt":"2017-04-19T19:25:09","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1121"},"modified":"2017-04-27T08:14:32","modified_gmt":"2017-04-27T06:14:32","slug":"romper-a-baralla-o-outeiro-de-arnas-un-novo-castellum-militar-romano","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2017\/04\/19\/romper-a-baralla-o-outeiro-de-arnas-un-novo-castellum-militar-romano\/","title":{"rendered":"Romper a baralla: o Outeiro de Arn\u00e1s, un novo castellum militar romano"},"content":{"rendered":"<p>Pois o prometido \u00e9 d\u00e9beda. Como vos contabamos no post anterior, traballamos na prospecci\u00f3n en aproximadamente algo menos da metade do recinto fortificado do Outeiro de Arn\u00e1s. Unha vez reco\u00f1ecido o per\u00edmetro e a interesante estrutura da fortificaci\u00f3n, con alomenos d\u00faas zonas m\u00e1is elevadas de control -unha delas un posible torre\u00f3n-, comezou o momento de mirar para a terra.<\/p>\n<p>F\u00edxose unha prospecci\u00f3n xeomagn\u00e9tica na que se documentaron posibles evidencias. Cada unha delas foi coidadosamente xeorreferenciada con un GPS subm\u00e9trico\u00a0e a partir de a\u00ed fixemos oito sondeos aleatorios, seleccionando os lugares onde os datos recuperados apuntaban a unha maior densidade de achados.<\/p>\n<p>E aconteceu algo magn\u00edfico: un tipo de evidencia perfectamente conectable cun horizonte cultural e cun contexto concreto. Pensemos un momento: que rastro pode deixar unha pequena unidade militar -de calquera \u00e9poca- acantonada nun lugar durante un breve espazo de tempo. Imaxin\u00e9monos, antes de seguir, cal \u00e9 o rastro que deixamos de n\u00f3s mesmos nun camping cando nos marchamos, e canto sobrevivir\u00e1 ese rastro. Agora imaxinade seguir ao pasado e tentar ver o que aconteceu nun sitio de ocupaci\u00f3n moi concreta e breve como debeu ser o Outeiro de Arn\u00e1s. Que pode quedar dos seus ocupantes despois de centos de anos? Pois quedou isto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/chat.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nFoto: MatthiasKabel\/Wikipedia<\/p>\n<p>Un dos elementos m\u00e1is significativos dos lexionarios romanos son as s\u00faas <em>caligae<\/em>, as m\u00edticas sandalias &#8220;todoterreo&#8221;, moi fortes, coas que os continxentes militares percorreron medio mundo co\u00f1ecido. Estas sandalias estaban fortalecidas, na s\u00faa zona inferior, por cravos ou chatolas que permit\u00edan unha maior resistencia do p\u00e9 e un menor desgaste dos materiais. Perd\u00edanse con moita frecuencia, as\u00ed que os soldados recib\u00edan con frecuencia &#8220;provisi\u00f3ns&#8221; de cravos para a s\u00faa reposici\u00f3n. A diferencia dunha arma, algo valioso e escaso, ou da cer\u00e1mica -escasa, xa que eran asentamentos moi breves ou de campa\u00f1a, os cravos das sandalias dos lexionarios son un excelente marcador en toda a pen\u00ednsula non s\u00f3 para identificar a presenza romana en recintos mesmo, nalg\u00fans casos, para chegar a propo\u00f1er hip\u00f3teses de como se realizaron avances das columnas romanas durante asedios a recintos ind\u00edxenas.<\/p>\n<p>Na zona prospectada do Outeiro de Arn\u00e1s un 20% dos materiais recollidos son romanos: chatolas de sandalias militares. Como curiosidade, dicirvos que a proporci\u00f3n noutros recintos campamentais nos que intervimos no ano pasado (campamentos de Cueiru e El Xuegu La Bola en Asturias) \u00e9 dun 10% de todas as evidencias localizadas, inferior ao que pasa aqu\u00ed. Aqu\u00ed est\u00e1n alg\u00fans exemplos das que n\u00f3s atopamos no Outeiro de Arn\u00e1s.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/chatola_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/chatola_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/chatola_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/chatola_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>Fotos: Erik Carlsson-Brandt<\/em><\/p>\n<p>Nesta ligaz\u00f3n podes saber m\u00e1is sobre os chatolas das <em>caligae<\/em> como indicador arqueol\u00f3xico da presenza militar romana:<\/p>\n<p>RODR\u00cdGUEZ MORALES, Jes\u00fas, et al. (2012): \u201cLos clavi caligarii o tachuelas de c\u00e1liga: elementos identificadores de las calzadas romanas\u201d. <em>Lucentum<\/em>, 31:\u00a0147-164. [<a href=\"http:\/\/rua.ua.es\/dspace\/handle\/10045\/28863\">consultar pdf<\/a>]<\/p>\n<p>FERN\u00c1NDEZ IB\u00c1\u00d1EZ, Carmelo (2006). &#8220;Post vestigium exercitus. Militaria romana en la regi\u00f3n septentrional de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica durante la \u00e9poca altoimperial&#8221;. En \u00c1ngel Morillo (ed.), <em>Arqueolog\u00eda militar romana en Hispania. Producci\u00f3n y abastecimiento en el \u00e1mbito militar<\/em>.\u00a0Le\u00f3n: Universidad de Le\u00f3n, 257-308. [<a href=\"https:\/\/www.researchgate.net\/publication\/280035113_POST_VESTIGIUM_EXERCITUS_MILITARIA_ROMANA_EN_LA_REGION_SEPTENTRIONAL_DE_LA_PENINSULA_IBERICA_DURANTE_LA_EPOCA_ALTOIMPERIAL_Post_vestigium_exercitus_Roman_militaria_in_the_northern_region_of_the_Iberia\">consulta pdf<\/a>]<\/p>\n<p>As\u00ed que analizando os vestixios defensivos do Outeiro de Arn\u00e1s e as evidencias f\u00edsicas localizadas, podemos avanzar unha conclusi\u00f3n preliminar, que posteriormente se matizar\u00e1 coa investigaci\u00f3n en laboratorio: estamos ante un <em>castellum<\/em> romano, unha pequena fortificaci\u00f3n militar, nunha zona na que ata o momento non se localizara presenza romana deste tipo.<\/p>\n<p><strong>Que son os <em>castella<\/em>?<\/strong><\/p>\n<p>No mundo romano, dentro das diferentes tipos de fortificaci\u00f3ns, os <em>castella<\/em> (singular <em>castellum<\/em>), eran uns recintos de peque\u00f1o tama\u00f1o (ca. 0.20-0.80 ha). Ditos recintos son diferentes aos campamentos de marcha ou de campa\u00f1a, non s\u00f3 polas s\u00faas inferiores dimensi\u00f3ns (permitir\u00edan o acantonamento de entre unha e catro centurias -80-320 soldados-, aproximadamente), sen\u00f3n tam\u00e9n pola s\u00faa localizaci\u00f3n, habitualmente ocupando puntos de moi boa visibilidade e cunhas particulares condici\u00f3ns naturais de defensa. Poder\u00eda dicirse que se atopan dentro do espectro das fortificaci\u00f3ns garnecidas durante algo m\u00e1is que una simple xornada, chegando nalg\u00fans casos a alg\u00fan meses (ocupaci\u00f3n temporal-estacional).<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2017\/04\/castella.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Recacha (Navia de Suarna, Lugo \/ Ibias, Asturias) &#8211; El Pedr\u00f3n (Cantabria)<\/em><\/p>\n<p>Este tipo de sitios arqueol\u00f3xicos non son tan f\u00e1cilmente reco\u00f1ecibles como os campamentos de marcha con forma de naipe, e moitas veces foron catalogados como castros. As\u00ed, poden ter formas tendentes ao rect\u00e1ngulo con esquinais redondeados, ovalados, ou abertamente irregulares. Nos \u00faltimos anos v\u00e9\u00f1ense documentando con maior frecuencia no Noroeste peninsular, e as\u00ed temos exemplos como Cild\u00e1 (Cantabria), El Pedr\u00f3n (Cantabria) ou o recinto interior de El Picu El Outeiro (Asturias). En Galicia s\u00f3 se co\u00f1ec\u00eda ata agora o recinto de A Recacha (Navia de Suarna, Lugo\/Ibias, Asturias), descuberto hai pouco tempo. Sen embargo, o Outeiro de Arn\u00e1s sit\u00faase nun diferente contexto paisax\u00edstico. Fronte aos outros exemplares, localizados nun entorno de alta monta\u00f1a, este sit\u00faase nun promontorio ubicado na ladeira dun amplo val fluvial. Este ach\u00e1dego contrib\u00faa a diversificar o rexistro arqueol\u00f3xico relacionado coa presenza militar romana no Noroeste.<\/p>\n<p>Durante moito tempo, a presenza militar romana no territorio da actual Galicia era un ermo, ag\u00e1s polos dous campamentos permanentes co\u00f1ecidos, Cidadela (Sobrado dos Monxes) e <em>Aquis Querquernnis<\/em> (Bande), ambos os dous posteriores \u00e1 conquista romana. Con moito traballo, esta situaci\u00f3n comeza a cambiar, e de forma notable, nos \u00faltimos anos. En romanarmy.eu unha das nosas li\u00f1as de traballo \u00e9 desenvolver metodolox\u00edas de investigaci\u00f3n que permitan identificar sitios arqueol\u00f3xicos militares romanos da \u00e9poca da conquista nun territorio tan modificado ao longo do tempo como \u00e9 a Galicia actual. Queremos comprender que aconteceu neste territorio entre ind\u00edxenas e ex\u00e9rcito romano, m\u00e1is al\u00e1 do silencio das fontes escritas. O Outeiro de Arn\u00e1s \u00e9 un exemplo do noso traballo, pero nos vindeiros meses poder\u00e1s ver significativos avances na investigaci\u00f3n sobre a presenza militar en Galicia. Imos paso a paso, pero o avance no co\u00f1ecemento en poucos anos \u00e9 impresionante e todo parece indicar que a investigaci\u00f3n conseguir\u00e1 avanzar moito m\u00e1is.<\/p>\n<p><strong>E continuamos a\u00ednda m\u00e1is arriba&#8230;<\/strong><\/p>\n<p>A partir de ma\u00f1\u00e1 comezamos a traballar no Alto do Circo, unha fortificaci\u00f3n m\u00e1is en altura, circular, chea de folclore e lendas das comunidades locais que o rodean (que falan mesmo dunha escaramuza cos franceses), e que coloca desaf\u00edos distintos. Imos ver que nos atopamos. Segu\u00eddenos en romanarmy.eu para contalo.<\/p>\n<p><strong>CL\u00c1USULA DE DIVULGACI\u00d3N:<\/strong><\/p>\n<p>O \u201cProxecto de prospecci\u00f3n arqueol\u00f3xica mediante t\u00e9cnicas de teledetecci\u00f3n dos sitios arqueol\u00f3xicos de Outeiro de Arn\u00e1s y Alto do Circo (Ver\u00edn, Ourense)\u201d coord\u00ednao o colectivo RomanArmy.eu e conta co apoio do: Concello de Ver\u00edn (Ourense), Grupo de Investigaci\u00f3n S\u00edncrisis (Universidade de Santiago de Compostela), Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) do CSIC e a asociaci\u00f3n Monterrei Cultura e Territorio. <a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/about-the-project\/decalogo\/\">Podes consultar o d\u00e9calogo de actuaci\u00f3n de romanarmy.eu aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pois o prometido \u00e9 d\u00e9beda. Como vos contabamos no post anterior, traballamos na prospecci\u00f3n en aproximadamente algo menos da metade <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2017\/04\/19\/romper-a-baralla-o-outeiro-de-arnas-un-novo-castellum-militar-romano\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1125,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,38],"tags":[],"class_list":["post-1121","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-caderno-de-campo","category-sitios","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1121"}],"version-history":[{"count":14,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1121\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1134,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1121\/revisions\/1134"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1125"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}