{"id":1444,"date":"2018-08-28T12:16:21","date_gmt":"2018-08-28T10:16:21","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1444"},"modified":"2018-08-28T16:09:29","modified_gmt":"2018-08-28T14:09:29","slug":"s-cantabro-astures-o-campamento-romano-de-penedo-dos-lobos-revela-a-presenza-militar-romana-mais-antiga-documentada-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2018\/08\/28\/s-cantabro-astures-o-campamento-romano-de-penedo-dos-lobos-revela-a-presenza-militar-romana-mais-antiga-documentada-en-galicia\/","title":{"rendered":"O campamento romano de Penedo dos Lobos revela a presenza militar romana m\u00e1is antiga documentada en Galicia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/moeda-1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>As de Augusto acu\u00f1ado polo legado Publio Carisio (25-22 a.C.) e recuperado no campamento de Penedo dos Lobos <\/em><\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n no <a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/2018\/07\/31\/penedo-dos-lobos-proximo-obxectivo-de-investigacion\/\">campamento romano de Penedo dos Lobos<\/a> (Manzaneda, Ourense) permitiu descubrir a presenza militar romana m\u00e1is antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e que poder\u00eda vincularse cronoloxicamente \u00e1 \u00e9poca das Guerras C\u00e1ntabro-Astures. No transcurso dunha campa\u00f1a arqueol\u00f3xica levada a cabo polo colectivo romanarmy.eu e dirixida polo investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC Jo\u00e3o Fonte foi localizado material militar romano, entre o que se atopan as caracter\u00edsticas chatolas das sandalias romanas (caligae) e moedas acu\u00f1adas por Publio Carisio (quen fora legado do primeiro emperador Octavio Augusto durante as Guerras C\u00e1ntabro-Astures) entre o 25 e o 22 a.C. para pagar aos lexionarios que participaban nas campa\u00f1as b\u00e9licas.<\/p>\n<p>Estes achados sit\u00faan a construci\u00f3n do campamento romano de Penedo dos Lobos nun horizonte cronol\u00f3xico anterior ao cambio de era e posiblemente coet\u00e1neo \u00e1s Guerras C\u00e1ntabro-Astures, coas que o Imperio romano rematou a conquista de Hispania. Tr\u00e1tase da presenza militar romana m\u00e1is antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e \u00e9 un achado de gran relevancia hist\u00f3rica para co\u00f1ecer os inicios da romanizaci\u00f3n neste territorio. Ata o momento, numerosos especialistas consideraban que a zona de Galicia estivera \u00e1 marxe do conflito. A\u00ednda que non \u00e9 posible polo momento determinar cal era a misi\u00f3n do continxente militar de Penedo dos Lobos, os achados redefinen o co\u00f1ecido sobre esta \u00e9poca e axudan a contextualizar unha presenza militar romana neste territorio que, \u00e1 luz do descuberto polo colectivo romanarmy.eu e outros equipos de investigaci\u00f3n nos \u00faltimos anos, \u00e9 m\u00e1is ampla e diversa do co\u00f1ecido ata o momento.<\/p>\n<p>A campa\u00f1a arqueol\u00f3xica rematou o pasado s\u00e1bado e est\u00e1 promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e m\u00e1is o Grupo de Investigaci\u00f3n S\u00edncrisis do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/penedo_dos_lobos_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><strong>Un sitio arqueol\u00f3xico nun estado de conservaci\u00f3n excepcional<\/strong><\/p>\n<p>O campamento romano de Penedo dos Lobos at\u00f3pase moi preto da Estaci\u00f3n de esqu\u00ed de Cabeza de Manzaneda e foi tradicionalmente unha zona de pastoreo con vexetaci\u00f3n que dificultaba a s\u00faa identificaci\u00f3n. O seu tama\u00f1o -2,34 has- def\u00edneo como un campamento de reducidas dimensi\u00f3ns con capacidade de acoller ata mil soldados. Os arque\u00f3logos salientaron o \u201cexcelente\u201d estado de conservaci\u00f3n das estruturas defensivas do campamento. Deste xeito, Penedo dos Lobos a\u00ednda conserva as caracter\u00edsticas catro portas que definen os recintos militares romanos, e case a totalidade do per\u00edmetro da muralla defensiva que ademais, de xeito moi pouco habitual, est\u00e1 constru\u00edda en pedra.<\/p>\n<p>Penedo dos Lobos foi ocupado durante un per\u00edodo curto de tempo, a\u00ednda que \u00e1 luz da an\u00e1lise das evidencias, os especialistas consideran que poder\u00eda non corresponderse tanto a un campamento de marcha \u2013constru\u00eddo para descansar durante unha ou d\u00faas xornadas- como a un campamento estacional, que servise durante un per\u00edodo m\u00e1is prolongado de tempo (semanas ou incluso un mes) a un continxente militar romano cunha misi\u00f3n espec\u00edfica que a\u00ednda se desco\u00f1ece.<\/p>\n<p>O campamento fora descuberto por un veci\u00f1o da comarca, Rub\u00e9n F. Lorenzo P\u00e9rez, quen comunicou ao colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta monta\u00f1a de peculiares caracter\u00edsticas.<\/p>\n<p><strong>Un patrimonio en ameaza<\/strong><br \/>\nO colectivo romanarmy.eu comunicou \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio da Xunta e Galicia en febreiro de 2017 a existencia do campamento romano. Sen embargo, durante a intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica t\u00edvose co\u00f1ecemento de que o terreo se atopa afectado nestes momentos por un plan de repoboamento forestal que danar\u00e1 de maneira irreversible este sitio arqueol\u00f3xico de grande relevancia para a historia de Galicia.<\/p>\n<p><strong>Un amplo programa de divulgaci\u00f3n<\/strong><br \/>\nA intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica no Penedo dos Lobos foi retransmitida diariamente a trav\u00e9s de Internet por parte do colectivo romanarmy.eu, mediante v\u00eddeos en directo e formatos innovadores de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. O alcance, s\u00f3 a trav\u00e9s do perfil de Facebook do colectivo, foi de m\u00e1is de 65.000 persoas ao longo de toda a semana de intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica, na que o p\u00fablico puido seguir d\u00eda a d\u00eda a evoluci\u00f3n da intervenci\u00f3n cient\u00edfica. As\u00ed mesmo, realiz\u00e1ronse visitas guiadas ao sitio tanto con integrantes dos campamentos xuven\u00eds de Cabeza de Manzaneda como abertas ao p\u00fablico xeral, con numerosa presenza de p\u00fablico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As de Augusto acu\u00f1ado polo legado Publio Carisio (25-22 a.C.) e recuperado no campamento de Penedo dos Lobos A intervenci\u00f3n <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2018\/08\/28\/s-cantabro-astures-o-campamento-romano-de-penedo-dos-lobos-revela-a-presenza-militar-romana-mais-antiga-documentada-en-galicia\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1444","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historias","no-post-thumbnail","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":true,"content":true,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1444"}],"version-history":[{"count":16,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1444\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1465,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1444\/revisions\/1465"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}