{"id":1497,"date":"2019-10-21T08:50:54","date_gmt":"2019-10-21T06:50:54","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1497"},"modified":"2019-10-21T10:22:36","modified_gmt":"2019-10-21T08:22:36","slug":"el-analisis-de-22-nuevos-sitios-arqueologicos-provoca-una-transformacion-radical-de-la-vision-de-la-conquista-romana-del-noroeste","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2019\/10\/21\/el-analisis-de-22-nuevos-sitios-arqueologicos-provoca-una-transformacion-radical-de-la-vision-de-la-conquista-romana-del-noroeste\/","title":{"rendered":"A an\u00e1lise de 22 novos sitios arqueol\u00f3xicos provoca unha transformaci\u00f3n radical da visi\u00f3n da conquista romana do Noroeste"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Fig_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Modelo 3D a partir de datos LIDAR co emprazamento do campamento romano de Santa Baia (A Laracha, A Coru\u00f1a). Infogr\u00e1fico: Jos\u00e9 Manuel Costa. Fonte dos datos LiDAR: IGN-PNOA.<\/em><\/p>\n<p>O ex\u00e9rcito romano tivo unha presenza moito mais destacada, diversa e prolongada no noroeste da pen\u00ednsula Ib\u00e9rica do que se co\u00f1ec\u00eda ata o momento. 22 novos sitios militares romanos, alg\u00fans deles in\u00e9ditos, revelan unha gran dispersi\u00f3n dos continxentes militares ao longo do territorio e, sobre todo, unha diversidade de operaci\u00f3ns e misi\u00f3ns que poden ir desde acci\u00f3ns de combate, reco\u00f1ecemento do territorio ou control policial.<\/p>\n<p>Esta \u00e9 a nova visi\u00f3n dos primeiros contactos militares de Roma co noroeste peninsular argumentada no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/maajournal.com\/Issues\/2019\/Vol19-3\/2_Costa%20et%20al%2019(3).pdf\">The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems<\/a>\u201d, que acaba de ser publicado no volume 19 (n\u00famero 3) da publicaci\u00f3n cient\u00edfica de referencia <em>Mediterranean Archaeology and Archaeometry<\/em> por parte de tres investigadores do colectivo romanarmy. \u201cA investigaci\u00f3n permitiunos mapear unha serie e variedade de evidencias que resoan fortemente nun territorio previamente silencioso\u201d, sinalan os investigadores Jos\u00e9 Manuel Costa (USC), Joao Fonte (Instituto de Ciencias do Patrimonio e Universidade de Exeter) e Manuel Gago (USC). Para eles, a an\u00e1lise do novo conxunto de datos \u201cabre as portas a unha transformaci\u00f3n radical das narraci\u00f3ns hist\u00f3ricas tradicionais relativas \u00e1 conquista e integraci\u00f3n destes territorios por Roma\u201d.<br \/>\nAta hai pouco, Galicia, o occidente de Asturias e o norte de Portugal consider\u00e1banse escenarios marxinais da conquista romana da pen\u00ednsula ib\u00e9rica. A investigaci\u00f3n, froito da combinaci\u00f3n de diferentes t\u00e9cnicas de prospecci\u00f3n e an\u00e1lise arqueol\u00f3xica realizadas nos \u00faltimos cinco anos, ofrece un escenario novo e radicalmente distinto, con 22 sitios militares romanos distribu\u00eddos en diferentes \u00e1reas do noroeste peninsular. Analizando par\u00e1metros de distribuci\u00f3n, asentamento no territorio e a s\u00faa morfolox\u00eda, os investigadores tentaron comprender a l\u00f3xica que seguen estes despregamentos militares.<\/p>\n<p>Nesta ligaz\u00f3n podes acceder a <a href=\"https:\/\/minerva.usc.es\/xmlui\/handle\/10347\/19902\">resumos executivos da investigaci\u00f3n en galego, espa\u00f1ol e portugu\u00e9s<\/a>.<\/p>\n<p><strong>Unha ocupaci\u00f3n temporal e axustada a continxentes militares<\/strong><br \/>\nA hip\u00f3tese ofrecida polos investigadores \u00e9 que case todos os sitios arqueol\u00f3xicos analizados te\u00f1en unha ocupaci\u00f3n temporal ou estacional de car\u00e1cter militar romano, est\u00e1n moi adaptados ao terreo no que se rodean e con dimensi\u00f3ns axustadas aos continxentes militares que acolleron.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Fig_2.jpeg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Modelo dixital do terreo a partir de datos LIDAR de Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo). Infogr\u00e1fico: Jo\u00e3o Fonte. Fonte dos datos LiDAR: CIM Alto Minho.<\/em><\/p>\n<p>Deste xeito, os investigadores identificaron cinco diferentes tipolox\u00edas:<br \/>\n1) <strong>Recintos de pequenas dimensi\u00f3ns (1,5-2,5 ha)<\/strong>: a s\u00faa presenza revela a existencia de pequenas unidades de entre varios centos e algo m\u00e1is de mil homes (2-3 cohortes, 100- 1500 homes) que operan no territorio. Nesta categor\u00eda entran campamentos como O Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), Cova do Mexadoiro (Trazo, A Coru\u00f1a), Coto do Ra\u00f1adoiro (Carballedo, Lugo) e Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo).<br \/>\n2) <strong>Campamentos de tama\u00f1o medio (4-7 ha)<\/strong>: aloxar\u00edan varios miles de homes (ca. 2000-4000). Coma o grupo anterior, amosa a enorme versatilidade operativa do ex\u00e9rcito romano ao despregar vexilationes (destacamentos) cunha gran autonom\u00eda t\u00e1ctica. Neste \u00e1mbito at\u00f3panse os sitios arqueol\u00f3xicos de Cabianca (L\u00e1ncara, Lugo), Campos (Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo), A Corti\u00f1a dos Mouros (Cervantes, Lugo \/ Balboa, Le\u00f3n). O caso de Santa Baia (A Laracha, A Coru\u00f1a) \u00e9 moi chamativo pola s\u00faa proximidade \u00e1 antiga cidade de Brigantium e debido a que o campamento foi disposto na zona exterior dun castro, acoll\u00e9ndoo no seu interior.<br \/>\n3) <strong>Grandes campamentos (de 10-15 ha de superficie)<\/strong>: acoller\u00edan polo menos unha unidade numericamente equivalente a unha lexi\u00f3n (aproximadamente 6000 homes). Gran independencia operativa, ao xeito dunha brigada contempor\u00e1nea. A maior parte deles est\u00e1n ubicados na zona oriental de Galicia (Monte da Ch\u00e1 e Monte da Medorra (L\u00e1ncara\/Sarria, Lugo), A Penaparda (A Fonsagrada, Lugo \/ Santalla d&#8217;Ozcos, Asturias), O Monte de Vent\u00edn (Pol, Lugo) e O Cornado (Negreira, A Coru\u00f1a).<br \/>\n4) <strong>Recintos que superan con moito estas dimensi\u00f3ns <\/strong>(aproximadamente 20 ha), podendo ter servido a aut\u00e9nticos corpos do ex\u00e9rcito (aproximadamente 10000-14000 homes). Localizamos entre o r\u00edo Limia e o r\u00edo Mi\u00f1o dous grandes recintos na Serra do Leboreiro\/Laboreiro: Lomba do Mouro (Melga\u00e7o, Viana do Castelo \/ Verea, Ourense) e Chaira da Maza (Lobeira, Ourense). No caso de Lomba do Mouro, a existencia dunha segunda li\u00f1a defensiva poder\u00eda indicar unha necesidade dos ocupantes para fortalecer a posici\u00f3n da fortificaci\u00f3n.<br \/>\n5) <strong>Castela ou fortificaci\u00f3ns estacionais de pequeno tama\u00f1o.<\/strong> A\u00ednda que o n\u00famero, polo momento, \u00e9 escaso, tr\u00e1tase dunha serie de recintos xa documentados noutros puntos do norte peninsular. Tr\u00e1tase de A Recacha (Navia de Suarna, Lugo), nas monta\u00f1as orientais; Outeiro de Arn\u00e1s (Ver\u00edn, Ourense) controlando un bo tramo do val do T\u00e1mega; e O Castrill\u00f3n (Touro, A Coru\u00f1a). A eles s\u00famanselle outros asentamentos fortificados como Alto da Cerca (Valpa\u00e7os, vila Real) e O Castelo (A Estrada, Pontevedra).<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Fig_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O recinto de Lomba do Mouro, na fronteira entre Galicia e Portugal. Foto: Manuel Gago<\/em><\/p>\n<p><strong>Varios escenarios, varios conflitos?<\/strong><br \/>\nSen pechar a porta a outras posibilidades interpretativas, os investigadores chaman a atenci\u00f3n sobre a dispersi\u00f3n sobre o territorio dos sitios arqueol\u00f3xicos, que parecen identificar distintas zonas de operaci\u00f3ns. Os investigadores defenden a hip\u00f3tese de que os campamentos ubicados na zona oriental de Galicia poder\u00edan estar vinculados a un episodio ou escenario secundario do conflito c\u00e1ntabro-astur (29-19 a.C.). Os recintos militares encaixan na l\u00f3xica seguida polo ex\u00e9rcito romano durante o conflito, no que se desenvolveron acci\u00f3ns a gran escala contra os grupos ind\u00edxenas, que nalgunhas \u00e1reas parecen amosar segundo as fontes unha gran capacidade de organizaci\u00f3n e mobilizaci\u00f3n de efectivos, as\u00ed como unha notable autonom\u00eda pol\u00edtica.<br \/>\nA\u00ednda que algo m\u00e1is apartados, recintos como os localizados na Ch\u00e1 de Santa Marta (L\u00e1ncara\/Sarria) ou na zona oriental de Ourense (caso de Ou O Penedo dos Lobos, onde que o equipo romanarmy.eu documentou, nunha intervenci\u00f3n cient\u00edfica en 2018, a presenza militar romana m\u00e1is antiga documentada en Galicia, contorna ao cambio de era) poden inclu\u00edrse neste conxunto. Con todo, un gran n\u00famero de xacementos do territorio non encaixan de maneira f\u00e1cil nesta narrativa. As\u00ed sucede co importante grupo de campamentos situado na zona occidental da provincia da Coru\u00f1a. Menci\u00f3n relevante merecen os grandes recintos documentados na Serra do Laboreiro\/ Laboreiro, entre o r\u00edo Limia e o r\u00edo Mi\u00f1o, que poder\u00edan encaixar, a nivel hipot\u00e9tico, nun horizonte tardorrepublicano, as\u00ed como o do Alto da Pedrada localizado no punto m\u00e1is alto do distrito de Viana do Castelo, e que ten en Penedo dos Lobos un paralelo pr\u00f3ximo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Modelo 3D a partir de datos LIDAR con el emplazamiento del campamento romano de Santa Baia (A Laracha, A Coru\u00f1a). <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2019\/10\/21\/el-analisis-de-22-nuevos-sitios-arqueologicos-provoca-una-transformacion-radical-de-la-vision-de-la-conquista-romana-del-noroeste\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1,10],"tags":[],"class_list":["post-1497","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historias","category-publicaciones","no-post-thumbnail","has-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"en":{"title":true,"content":true,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1497","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1497"}],"version-history":[{"count":15,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1497\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1512,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1497\/revisions\/1512"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}