{"id":1686,"date":"2021-06-02T08:13:06","date_gmt":"2021-06-02T06:13:06","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1686"},"modified":"2021-06-22T11:08:07","modified_gmt":"2021-06-22T09:08:07","slug":"as-datacions-situan-o-recinto-de-lomba-do-mouro-como-o-campamento-romano-mais-grande-e-mais-antigo-de-galicia-e-portugal","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2021\/06\/02\/as-datacions-situan-o-recinto-de-lomba-do-mouro-como-o-campamento-romano-mais-grande-e-mais-antigo-de-galicia-e-portugal\/","title":{"rendered":"As dataci\u00f3ns sit\u00faan o recinto de Lomba do Mouro como o campamento romano m\u00e1is grande e m\u00e1is antigo de Galicia e norte de Portugal"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/sondaxe_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Detalle da sondaxe 2.\u00a0\u00a0<\/em><em>Foto: Era-Arqueologia.<\/em><\/p>\n<p>\u25ba Os resultados das dataci\u00f3ns absolutas da muralla do recinto por OSL sit\u00faan a s\u00faa fundaci\u00f3n ao redor do s\u00e9culo II a.C.<br \/>\n\u25ba Ata o momento, Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), o campamento romano m\u00e1is antigo, estaba datado na \u00e9poca das Guerras C\u00e1ntabras (29 a.C. \u2013 19 a.C.). Esta dataci\u00f3n confirma as operaci\u00f3ns militares romanas en Gallaecia cen anos antes.<br \/>\n\u25ba As dataci\u00f3ns coinciden coas primeiras incursi\u00f3ns do ex\u00e9rcito romano no territorio citadas nas fontes cl\u00e1sicas, das cales a m\u00e1is co\u00f1ecida \u00e9 a campa\u00f1a de Decimo Xu\u00f1o Bruto, o Galaico, no 137 a.C.<\/p>\n<p>Santiago, 1 de xu\u00f1o de 2021. O campamento romano de Lomba do Mouro (Verea, Ourense \u2013 Melga\u00e7o, Portugal) non s\u00f3 \u00e9 o recinto fortificado militar romano m\u00e1is grande de Galicia e o norte de Portugal, sen\u00f3n tam\u00e9n o m\u00e1is antigo. Foi levantado durante o desprazamento dun enorme continxente de tropas romanas -de aproximadamente 10.000 soldados- que atravesaba a serra do Leboreiro e que o ergueron como fortificaci\u00f3n temporal. As\u00ed o sinalan as dataci\u00f3ns absolutas do momento fundacional das murallas do recinto, obtidas coa t\u00e9cnica da dataci\u00f3n por luminiscencia \u00f3pticamente estimulada (OSL), e que sit\u00faan a edificaci\u00f3n das d\u00faas li\u00f1as da muralla probablemente ao redor do s\u00e9culo II a.C. Isto converte a Lomba do Mouro no campamento m\u00e1is antigo identificado cientificamente ata o momento en Galicia e norte de Portugal e pode conectar a s\u00faa construci\u00f3n coas primeiras campa\u00f1as militares romanas en Gallaecia, segundo narran os historiadores romanos. As an\u00e1lises foron realizadas polo grupo de investigaci\u00f3n C2TN (Center for Nuclear Sciences and Technologies) do Instituto Superior T\u00e9cnico da Universidade de Lisboa.<br \/>\nCun tama\u00f1o superior \u00e1s 20 hect\u00e1reas, Lomba do Mouro foi descuberto a trav\u00e9s do uso das novas tecnolox\u00edas de an\u00e1lise do territorio por parte do colectivo de investigaci\u00f3n romanarmy.eu e foi obxecto dunha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica en setembro de 2020. A campa\u00f1a estivo liderada polo arque\u00f3logo da Universidade de Exeter Jo\u00e3o Fonte como parte do proxecto europeo Finisterrae financiado pola Comisi\u00f3n Europea a trav\u00e9s dunha bolsa individual Marie Sk\u0142odowska-Curie (grant agreement 794048).<\/p>\n<p><strong>O campamento m\u00e1is antigo<\/strong><br \/>\nA campa\u00f1a arqueol\u00f3xica confirmou a existencia de d\u00faas li\u00f1as de muralla de pedra que puideron ser ben caracterizadas, inclu\u00edndo elementos defensivos singulares, como as \u2018pedras fincadas\u2019 ou \u2018cabalos de frisia\u2019, un sistema para deter o avance da cabaleir\u00eda ou as tropas do ex\u00e9rcito inimigo. Foi durante esta campa\u00f1a cando puideron ser obtidas mostras de sedimentos que pod\u00edan ser analizados. A trav\u00e9s da luminiscencia, pode datarse o \u00faltimo momento no que os cristais de cuarzo estiveron expostos \u00e1 luz solar e, polo tanto, o momento no que foron soterrados baixo unha estrutura. A media das dataci\u00f3ns permitiu aos investigadores obter o dato fundacional do s\u00e9culo II a.C.<\/p>\n<p>A\u00ednda que nos \u00faltimos anos romanarmy.eu ten localizados numerosos campamentos militares no noroeste peninsular, a s\u00faa dataci\u00f3n \u00e9 moi complexa. Debido a que son recintos de campa\u00f1a, at\u00f3panse neles moi poucas evidencias materiais ou org\u00e1nicas que permitan obter unha dataci\u00f3n con validez cient\u00edfica. Ata o momento, o campamento romano m\u00e1is antigo datado -tam\u00e9n excavado por romanarmy.eu- era o de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), no que puideron ser localizadas moedas que vinculaban ese recinto coas campa\u00f1as b\u00e9licas co\u00f1ecidas como as Guerras C\u00e1ntabras (29 a.C.-19 a.C.), coas que o emperador Octavio Augusto finalizou o proceso de conquista de Hispania. Lomba do Mouro foi constru\u00eddo cen anos antes que Penedo dos Lobos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2019\/10\/Fig_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><strong>Un relato \u00e9pico da conquista<\/strong><br \/>\nAs dataci\u00f3ns de Lomba do Mouro sit\u00faan o xacemento nun contexto hist\u00f3rico co\u00f1ecido polas fontes cl\u00e1sicas: a crecente presi\u00f3n de Roma sobre o noroeste peninsular e o primeiro avance das s\u00faas lexi\u00f3ns para someter o territorio dos galaicos. Deste contexto de confrontaci\u00f3n, o episodio m\u00e1is co\u00f1ecido \u00e9 a campa\u00f1a levada a cabo no 137 a.C. polo c\u00f3nsul romano D\u00e9cimo Xu\u00f1o Bruto, que se internou con d\u00faas lexi\u00f3ns en Gallaecia, cruzando os r\u00edos Douro e Limia e alcanzando o Mi\u00f1o. Foi no r\u00edo Limia onde as fontes cl\u00e1sicas narran o lexendario episodio do R\u00edo do Esquecemento. As d\u00faas dataci\u00f3ns absolutas da muralla, xunto coas grandes dimensi\u00f3ns do recinto, apoian a hip\u00f3tese de que o campamento puido ser levantado por un continxente vinculado a estes momentos, a\u00ednda que debido ao grao de incerteza das dataci\u00f3ns \u00e9 dif\u00edcil facer por ahora unha asociaci\u00f3n directa co episodio de Decimo Xu\u00f1o Bruto. Polo seu \u00e9xito na campa\u00f1a militar, D\u00e9cimo Xu\u00f1o Bruto foi co\u00f1ecido como O Galaico.<\/p>\n<p><strong>Un documental sobre os achados do Ger\u00eas\/Xur\u00e9s<\/strong><\/p>\n<p>romanarmy.eu produciu un documental que explica as novas descubertas e que pode ser visto na canle de Youtube do colectivo de investigaci\u00f3n e nesta web. O documental est\u00e1 filmado en ingl\u00e9s e conta con subt\u00edtulos en galego, portugu\u00e9s e espa\u00f1ol.<br \/>\n<iframe title=\"YouTube video player\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/fXGZVPHf3Oc\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Detalle da sondaxe 2.\u00a0\u00a0Foto: Era-Arqueologia. \u25ba Os resultados das dataci\u00f3ns absolutas da muralla do recinto por OSL sit\u00faan a s\u00faa <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2021\/06\/02\/as-datacions-situan-o-recinto-de-lomba-do-mouro-como-o-campamento-romano-mais-grande-e-mais-antigo-de-galicia-e-portugal\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1686","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historias","no-post-thumbnail","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"en":{"title":true,"content":true,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1686","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1686"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1686\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1699,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1686\/revisions\/1699"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1686"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1686"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1686"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}