{"id":1734,"date":"2022-06-13T08:33:16","date_gmt":"2022-06-13T06:33:16","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1734"},"modified":"2022-06-13T08:41:59","modified_gmt":"2022-06-13T06:41:59","slug":"investigadores-de-romanarmy-eu-estudan-a-fortificacion-a-mais-altitude-da-provincia-de-pontevedra","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2022\/06\/13\/investigadores-de-romanarmy-eu-estudan-a-fortificacion-a-mais-altitude-da-provincia-de-pontevedra\/","title":{"rendered":"Investigadores de romanarmy.eu estudan a fortificaci\u00f3n a m\u00e1is altitude da provincia de Pontevedra"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 13 de xu\u00f1o de 2022.<\/strong> Arque\u00f3logos do colectivo romanarmy.eu desenvolven desde hoxe unha campa\u00f1a de prospecci\u00f3n arqueol\u00f3xica no xacemento arqueol\u00f3xico a maior altura da provincia de Pontevedra, o Castelo do Faro, en Covelo. Localizado a 1148 metros de altitude nas proximidades do teito da provincia de Pontevedra, o Faro de Avi\u00f3n, os investigadores prospectar\u00e1n a grande fortificaci\u00f3n presente no lugar con distintas t\u00e9cnicas (inclu\u00edndo a xeof\u00edsica) e estudar\u00e1n en detalle as s\u00faas estruturas mediante sondaxes arqueol\u00f3xicas. A campa\u00f1a de intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica est\u00e1 promovida polo concello de Covelo cunha subvenci\u00f3n para actuaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas da Deputaci\u00f3n de Pontevedra. O seu director cient\u00edfico \u00e9 o profesor da Universidade de Salamanca e arque\u00f3logo Jos\u00e9 Manuel Costa Garc\u00eda, comandando un equipo no que participa Jo\u00e3o Fonte, arque\u00f3logo da Universidade de Exeter, Francisco Alonso Toucido (Tempos Arque\u00f3logos) ou o investigador Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela). A campa\u00f1a durar\u00e1 ata o venres 17 de xu\u00f1o.<\/p>\n<p>O recinto foi descuberto polo colectivo romanarmy.eu con t\u00e9cnicas de teledetecci\u00f3n e comunicada a s\u00faa existencia \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia en 2020. O xacemento ten unha planta de tendencia ovalada, conformada por unha muralla constru\u00edda con pedra gran\u00edtica local ocupando unha \u00e1rea de arredor das cinco hect\u00e1reas. A muralla ad\u00e1ptase \u00e1 topograf\u00eda local, cinguindo un amplo per\u00edmetro interior que non parece corresponderse co parcelario agrario da zona. Un aspecto particular da muralla \u00e9 a existencia dunhas singulares estruturas cadrangulares adosadas \u00e1 muralla e de funci\u00f3n desco\u00f1ecida e sen paralelos co\u00f1ecidos noutros recintos fortificados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/castelo_faro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><strong>Avanzar no co\u00f1ecemento dos recintos en altura<\/strong><\/p>\n<p>Grazas aos avances tecnol\u00f3xicos e \u00e1s novas li\u00f1as de co\u00f1ecemento da arqueolox\u00eda europea, nos \u00faltimos anos localiz\u00e1ronse ao longo de Galicia numerosos recintos fortificados en altura ata o momento desco\u00f1ecidos ou pouco investigados. A cronolox\u00eda e adscrici\u00f3n cultural da maior parte deles \u00e9 unha inc\u00f3gnita, constitu\u00edndo un dos principais desaf\u00edos cient\u00edficos na identificaci\u00f3n de sitios arqueol\u00f3xicos en Galicia. Unha das hip\u00f3teses de traballo de romanarmy.eu en relaci\u00f3n a Castelo do Faro \u00e9 que poida tratarse dunha fortificaci\u00f3n romana de car\u00e1cter temporal, debido \u00e1s s\u00faas dimensi\u00f3ns, \u00e1 s\u00faa morfolox\u00eda e \u00e1 proximidade a outros recintos fortificados de \u00e9poca romana que se atopan xusto ao sur, coa fronteira con Portugal e o r\u00edo Mi\u00f1o polo medio. <\/p>\n<p>\u201cCon todo, a investigaci\u00f3n poder\u00e1 darnos datos que nos indiquen que o xacemento \u00e9 doutra cronolox\u00eda diferente \u00e1s que n\u00f3s investigamos preferentemente, e iso \u00e9 moi relevante, porque servir\u00e1 para avanzar no co\u00f1ecemento xeral sobre estes recintos. Queremos compartir este co\u00f1ecemento con outros equipos de investigaci\u00f3n\u201d, sinalou Jos\u00e9 Manuel Costa Garc\u00eda, profesor de arqueolox\u00eda da Universidade de Salamanca e director cient\u00edfico da intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica. O equipo de romanarmy empregar\u00e1 unha metodolox\u00eda que combina distintas t\u00e9cnicas de detecci\u00f3n remota con outras acci\u00f3ns m\u00e1is convencionais sobre o terreo. Desenvolvida a partir de intervenci\u00f3ns noutras fortificaci\u00f3ns temporais romanas, esta aproximaci\u00f3n permite recabar o maior n\u00famero de evidencias arqueol\u00f3xicas e mostras fiables para a dataci\u00f3n e estudo das estruturas. <\/p>\n<p>Debido a que non foi identificado como estrutura arqueol\u00f3xica ata o momento, o Castelo do Faro at\u00f3pase considerablemente afectado por un parque e\u00f3lico, que destruiu partes significativas do interior do recinto. A pista de acceso destruiu tam\u00e9n partes da muralla perimetral  do recinto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/06\/castelo_faro_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Estruturas cadrangulares asociadas \u00e1 muralla<\/em><\/p>\n<p><strong>Difusi\u00f3n do proxecto<\/strong><br \/>\nComo \u00e9 habitual no proxecto romanarmy.eu, os investigadores empregar\u00e1n as redes sociais do colectivo para facer difusi\u00f3n en tempo real das novidades da campa\u00f1a arqueol\u00f3xica directamente desde o xacemento. Deste xeito, o m\u00e9rcores 15 \u00e1s 11 h. realizarase unha conexi\u00f3n en directo a trav\u00e9s de Facebook desde o recinto arqueol\u00f3xico -localizado en zona de alta monta\u00f1a- para dar conta dos avances, e os vindeiros d\u00edas tam\u00e9n se subministrar\u00e1 informaci\u00f3n coas novidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Santiago de Compostela, 13 de xu\u00f1o de 2022. Arque\u00f3logos do colectivo romanarmy.eu desenvolven desde hoxe unha campa\u00f1a de prospecci\u00f3n arqueol\u00f3xica <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2022\/06\/13\/investigadores-de-romanarmy-eu-estudan-a-fortificacion-a-mais-altitude-da-provincia-de-pontevedra\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1740,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1734","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historias","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1734","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1734"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1734\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1742,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1734\/revisions\/1742"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1740"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1734"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1734"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1734"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}