{"id":1749,"date":"2022-09-06T10:24:49","date_gmt":"2022-09-06T08:24:49","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1749"},"modified":"2022-09-06T10:25:51","modified_gmt":"2022-09-06T08:25:51","slug":"romanarmy-eu-volve-a-penedo-dos-lobos-para-conecer-a-ocupacion-do-campamento-romano","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2022\/09\/06\/romanarmy-eu-volve-a-penedo-dos-lobos-para-conecer-a-ocupacion-do-campamento-romano\/","title":{"rendered":"Romanarmy.eu volve a Penedo dos Lobos para co\u00f1ecer a ocupaci\u00f3n do campamento romano"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022. <\/strong> Un equipo arqueol\u00f3xico est\u00e1 xa a investigar no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), co obxectivo de obter datos que permitan co\u00f1ecer como foi constru\u00eddo e avaliar o impacto das agresi\u00f3ns practicadas por furtivos con detectores de metais observados no xacemento. A campa\u00f1a est\u00e1 promovida pola Universidade de Salamanca, baixo a direcci\u00f3n cientifica do profesor desa universidade Jos\u00e9 Manuel Costa, que comparte co investigador Jo\u00e3o Fonte (Universidade de Exeter). A direcci\u00f3n t\u00e9cnica dos traballos est\u00e1 a cargo de Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueol\u00f3gos). A campa\u00f1a prolongarase ata este venres 9 de setembro. A intervenci\u00f3n est\u00e1 financiada por Turismo de Galicia e conta coa colaboraci\u00f3n do concello de Manzaneda e o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit). <\/p>\n<p>O campamento romano de Penedo dos Lobos est\u00e1 localizado a 1483 metros de altitude, sendo un dos campamentos romanos a maior altura no actual territorio galego. At\u00f3pase moi pr\u00f3ximo, a penas 2,5 km, \u00e1 estaci\u00f3n de esqu\u00ed de Cabeza de Manzaneda. Conta cunha superficie de 2,34 hect\u00e1reas, o cal peok<br \/>\nrmite estimar que foi constru\u00eddo para unha unidade militar de entre 800 e 1000 soldados. Consid\u00e9rase un campamento de marcha, \u00e9 dicir, un recinto militar constru\u00eddo durante o avance da columna militar, non estable e ocupado durante moi pouco tempo. A intervenci\u00f3n practicada por romanarmy.eu en 2018 permitiu localizar materiais asociados aos militares romanos que permitiron propo\u00f1er unha cronolox\u00eda contempor\u00e1nea \u00e1s Guerras C\u00e1ntabras (29-19 a.C.), levadas a cabo por Roma para controlar as \u00e1reas a\u00ednda non dominadas na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. A identificaci\u00f3n do campamento romano tivo un gran impacto no mundo acad\u00e9mico e en medios internacionais, achegando unha nova visi\u00f3n para comprender a presenza do ex\u00e9rcito romano no actual territorio galego. <\/p>\n<p><strong>Informaci\u00f3n para unha potencial posta en valor<\/strong><\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que se est\u00e1 levando a cabo en Penedo dos Lobos est\u00e1 a practicar sondaxes na muralla do recinto militar, co obxectivo de determinar o seu procedemento construtivo. Os investigadores buscan co\u00f1ecer as t\u00e9cnicas defensivas do ex\u00e9rcito romano nesta zona do Noroeste peninsular, pero tam\u00e9n compilar datos para unha potencial posta en valor futura do xacemento. Entre os obxectivos, a obtenci\u00f3n de mostras que permitan datar de xeito m\u00e1is preciso o campamento romano. Tr\u00e1tase dunha continuaci\u00f3n da primeira campa\u00f1a levada a cabo por romanarmy.eu no recinto en 2018, e que permitiu a identificaci\u00f3n do xacemento. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3.jpg\" alt=\"\" width=\"2048\" height=\"1151\" class=\"alignnone size-full wp-image-1751\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3.jpg 2048w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3-300x169.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3-768x432.jpg 768w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/penedo_2022_3-1024x576.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 2048px) 100vw, 2048px\" \/><\/a><\/p>\n<p><strong>Co\u00f1ecer o impacto do expolio do xacemento <\/strong><\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, a trav\u00e9s de diferentes t\u00e9cnicas de an\u00e1lise do subsolo b\u00fascanse estruturas actualmente invisibles ou a localizaci\u00f3n de materiais. De feito, un dos obxectivos da campa\u00f1a \u00e9 estimar o impacto dos detectoristas de metais, furtivos que prospectaron ilegalmente o xacemento \u00e1 procura de material arqueol\u00f3xico. Estas practicas delituosas est\u00e1n a aumentar nos \u00faltimos anos e supo\u00f1en un grave atentado contra o patrimonio cultural debido ao roubo de pezas e a destruci\u00f3n de valiosa informaci\u00f3n de contexto. <\/p>\n<p><strong>Un xacemento excepcional<\/strong><br \/>\nO campamento romano de Penedo dos Lobos conserva as portas orixinais de acceso ao recinto. Estes accesos, chamados \u201cen clav\u00edcula\u201d polo sistema de defensa co que contaban, son propios dos recintos do ex\u00e9rcito romano. E mesmo nun caso, a porta dianteira (o acceso sur) esta porta ten unha forma in\u00e9dita nos campamentos de marcha europeos. <\/p>\n<p>O outro elemento excepcional \u00e9 que se trata dun dos poucos campamentos romanos de marcha vinculados \u00e1 conquista do norte de Hispania que est\u00e1 constru\u00eddo en pedra. Os soldados botaron man do abundante material gran\u00edtico da zona para constru\u00edr as defensas. Isto, xunto co illamento da zona e o seu uso unicamente gandeiro, permitiu que o campamento se atope nun estado de conservaci\u00f3n \u00fanico, e que todo o sistema defensivo sexa facilmente apreciable mesmo para p\u00fablico non experto, aspecto que \u00e9 dif\u00edcil en xacementos peor preservados. C\u00f3mpre ter en conta que estamos falando de recintos habitados unicamente durante uns d\u00edas hai m\u00e1is de dous mil anos. <\/p>\n<p>O campamento fora descuberto por un veci\u00f1o da comarca, Rub\u00e9n F. Lorenzo P\u00e9rez, quen comunicou o colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta monta\u00f1a de peculiares caracter\u00edsticas.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022. Un equipo arqueol\u00f3xico est\u00e1 xa a investigar no campamento romano de Penedo <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2022\/09\/06\/romanarmy-eu-volve-a-penedo-dos-lobos-para-conecer-a-ocupacion-do-campamento-romano\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1750,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1749","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historias","no-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1749","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1749"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1749\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1753,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1749\/revisions\/1753"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1750"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1749"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1749"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1749"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}