{"id":909,"date":"2016-11-14T18:31:40","date_gmt":"2016-11-14T17:31:40","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=909"},"modified":"2016-11-14T18:55:19","modified_gmt":"2016-11-14T17:55:19","slug":"homes-na-montana-visions-sobre-un-relato-que-non-interesa-tanto-as-mulleres","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2016\/11\/14\/homes-na-montana-visions-sobre-un-relato-que-non-interesa-tanto-as-mulleres\/","title":{"rendered":"Homes na monta\u00f1a: visi\u00f3ns sobre un relato que non interesa (tanto) \u00e1s mulleres"},"content":{"rendered":"<figure id=\"attachment_910\" aria-describedby=\"caption-attachment-910\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/1.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-large wp-image-910\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/1-1024x576.jpg\" alt=\"The Matrix : 3-1 vs 6-1.\" width=\"628\" height=\"353\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/1-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/1-300x169.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/1.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-910\" class=\"wp-caption-text\"><a href=\"https:\/\/permanenciasvoluntarias.files.wordpress.com\/2013\/01\/thematrix.jpg\">The Matrix<\/a> : 3-1 vs 6-1.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Tras pasar un tempo dende que os meus seis compa\u00f1eiros var\u00f3ns deixaron a monta\u00f1a, escribo este pos-post, con certo reposo; mentres eles desenvolv\u00eda o seu traballo de campo en Asturias, eu segu\u00eda a campa\u00f1a dende Braga a trav\u00e9s dos seus correos electr\u00f3nicos e mensaxes de WhatsApp. Ven a mi\u00f1a retina aquela \u00faltima imaxe na que <strong>eles<\/strong> se dirix\u00edan cara \u00e1 n\u00e9boa, cun cami\u00f1ar pesado que arrastraba o cansancio dos d\u00edas e, tal vez, a nostalxia do que remata, pechando unha campa\u00f1a que deixaba bo sabor de boca e contestaba a algunhas preguntas mentras abr\u00eda novos interrogantes.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Non \u00e9 este un espazo de an\u00e1lise dos resultados, diso encargaranse eles, sen\u00f3n un lugar para pensar, onde contar o recordo daqueles d\u00edas dende outras miradas que non sempre est\u00e1n presentes no noso proxecto. Este \u00e9 un post escrito dende o outro lado, sobre homes arque\u00f3logos e investigadores, sobre Romanarmy.eu, sobre algunhas carencias e moitos acertos.<\/p>\n<figure id=\"attachment_911\" aria-describedby=\"caption-attachment-911\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/2.jpg\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-911 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/2-1024x576.jpg\" alt=\"Arranca la campa\u00f1a. Los exploradores se adelantan a las tropas para comprobar la situaci\u00f3n del terreno.\" width=\"628\" height=\"353\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/2-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/2-300x169.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/2.jpg 1215w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-911\" class=\"wp-caption-text\">Arranca a campa\u00f1a. Os exploradores adi\u00e1ntanse as tropas para comprobar a situaci\u00f3n do terreo.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Que pode pasar cando xuntas nunha mesma frase arqueolox\u00eda, campamentos, ex\u00e9rcito romano, armamento, estratexia, metodolox\u00eda, novas tecnolox\u00edas, prospecci\u00f3n, innovaci\u00f3n, difusi\u00f3n, comunicaci\u00f3n, ciencia p\u00fablica, sinerxia, entusiasmo, avidez, inmediatez, empe\u00f1o, busca, <em>outsider<\/em>, <em>feedback<\/em>, emprendemento e ensaio? Pois sae un Romanarmy.eu (RA).<\/p>\n<p>Dende o meu punto de vista, RA \u00e9 case unha anomal\u00eda no sistema, unha pequena <em>Matrix<\/em> no mundo da arqueolox\u00eda (presuntuoso?), que intenta conciliar un espazo de entendemento entre dous mundos paralelos, a realidade da academia e outro que est\u00e1 por constru\u00edr baixo unos par\u00e1metros (<a href=\"http:\/\/users.dcc.uchile.cl\/~cgutierr\/cursos\/cts\/articulos\/gibbons.pdf\">modo 2 de producci\u00f3n do co\u00f1ecemento<\/a>; <a href=\"http:\/\/arbor.revistas.csic.es\/index.php\/arbor\/article\/viewArticle\/326\">ciencia posnormal<\/a>) que nunca se levaron a s\u00faas m\u00e1ximas consecuencias. Quiz\u00e1s resulte unha afirmaci\u00f3n presuntuosa, pero o certo \u00e9 que intenta, a partir de modelos de investigaci\u00f3n individuais (de individuo) e independentes (o que corresponde a cada un dos que formamos parte de RA), constru\u00edr un grupo de traballo centrado na arqueolox\u00eda militar romana, sin m\u00e1is pretensi\u00f3ns (inicialmente) que establecer sinerxias, aunar esforzos, traballar en grupo, multiplicar potencialmente os nosos resultados, testar m\u00e9todos de traballo, motivarnos e facelo fora das canles ortodoxas. Romanarmy.eu \u00e9 a nosa <em>matrix<\/em> da arqueolox\u00eda militar romana. O que no sei se quere dicir algo ou nada.<\/p>\n<figure id=\"attachment_912\" aria-describedby=\"caption-attachment-912\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/3.jpg\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-912 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/3-1024x685.jpg\" alt=\"Tras adelantarse los exploradores, los mentores seleccionan el mejor lugar de acampada y, con los instrumentos adecuados, definen los ejes mayores del recinto y su per\u00edmetro. La X marca el lugar.\" width=\"628\" height=\"420\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/3-1024x685.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/3-300x201.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/3.jpg 1211w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-912\" class=\"wp-caption-text\">Tras adiantarse os exploradores, os mentores seleccionan o mellor lugar de acampada e, cos instrumentos axeitados, definen os eixes maiores do recinto e o seu per\u00edmetro. <a href=\"http:\/\/www.icono14.net\/ojs\/index.php\/icono14\/article\/view\/143\/82\">O &#8220;X&#8221; marca o lugar<\/a>.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Temos varios h\u00e1ndicaps, quizais o que sae de forma recurrente nas nosas conversaci\u00f3ns \u00e9: hai moitos Neos e poca Trinity. Este \u00e9 un dos principais problemas que non s\u00f3 atinxe ao noso grupo, \u00e9 un feito corrente no contexto xeral da arqueolox\u00eda do conflito na pen\u00ednsula, as mulleres que se adican ao conflito son escasas.<\/p>\n<p>Os datos son evidentes. No noso perfil de Facebook o 65% dos fans son homes fronte a un exiguo 33% de mulleres. A desproporci\u00f3n, comparada con outras p\u00e1xinas do \u00e1mbito do patrimonio cultural e incluso arqueol\u00f3xico \u00e1s que temos acceso estad\u00edstico, \u00e9 evidente e considerable. (<em>Muro de Medeiros<\/em>: 50% mulleres, 49% homes; <em>Croas de Ni\u00f1\u00f3ns<\/em>: 44% mulleres, 55% homes; <em>Proxecto Moug\u00e1s<\/em>: 46% mulleres, 52% homes; <em>Sanlourenzo.net<\/em>: 46% mulleres; 53% homes; <em>patrimoniogalego.net<\/em>: 46% mulleres, 52% homes; <em>Croa do Castro de Cerqueda<\/em>: 49% mulleres, 49% homes). Ainda que sempre hai unha lixeira tendencia a unha maior presenza masculina (que se invirte, moitas veces, noutras p\u00e1xinas de \u00e1mbito cultural non arqueol\u00f3xico), parece que en romanarmy.eu lev\u00e1monos a palma.<\/p>\n<p>Semella que cuando se tratan batallas, armas, m\u00e1quinas de guerra, campamentos, marchas ou ex\u00e9rcitos, despertamos m\u00e1is o interese masculino que o feminino. Tal vez empregamos linguaxes ou enfoques pouco atra\u00edntes; ou tal vez esta tem\u00e1tica non sexa do interese dun p\u00fablico amplo feminino. Arqueolox\u00eda masculina, para p\u00fablicos masculinos. Estou convencida de que para que isto cambie, temos que incorporarnos \u00e1 construcci\u00f3n do discurso hist\u00f3rico participando, dende abaixo, en proxectos sobre conflitos\u2026 ou seguiremos \u00e1 marxe. Este \u00e9 un tema que en RA intentamos analizar neste intre para buscar cauces integradores cara a outras idades e x\u00e9neros. E esta \u00e9 outra das cousas que me atrae de RA, o esforzo engadido por identificar os nosos d\u00e9ficits e intentar corrixilos. Podemos facer que o proxecto medre de d\u00faas formas, explotando o que funciona, soamente, ou identificando carencias, para procurar cubrilas e expandirnos a outros p\u00fablicos. A segunda \u00e9 unha t\u00e1ctica m\u00e1is lenta, a longo prazo; a primeira \u00e9 <em>cortoplacista<\/em>, podemos morrer de \u00e9xito\u2026 polo cami\u00f1o, como unha burbulla que explota.<\/p>\n<figure id=\"attachment_913\" aria-describedby=\"caption-attachment-913\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/4.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-913 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/4-1024x576.jpg\" alt=\"Seleccionado el espacio de acampada, acotado el lugar y construido el per\u00edmetro, toca preparar el espacio interior del campamento. Lo primero, limpiar el lugar.\" width=\"628\" height=\"353\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/4-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/4-300x169.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/4.jpg 1213w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-913\" class=\"wp-caption-text\">Seleccionado o espazo de acampada, acotado o lugar e constru\u00eddo o per\u00edmetro, toca preparar o espazo interior do campamento. O primeiro, limpar o lugar.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Temos outros h\u00e1ndicaps, como a carencia de financiaci\u00f3n sostida, pois limit\u00e1monos a po\u00f1er sobre a mesa parte do noso tempo e a contar, como nesta campa\u00f1a, co apoio puntual dalgunha instituci\u00f3n<a href=\"#_ftn1\" name=\"_ftnref1\">[1]<\/a>\u00a0e administraci\u00f3n<a href=\"#_ftn2\" name=\"_ftnref2\">[2]<\/a> que apostan por esta li\u00f1a. Ou a escasa internacionalizaci\u00f3n, aspectos que poden cambiar coa nova situaci\u00f3n de parte de varios integrantes do equipo, xa que a metade do mesmo atomizouse por Europa adiante. O crecemento dunha organizaci\u00f3n a demanda, segundo as necesidades do propio proxecto e os nosos intereses persoais; non existiu unha an\u00e1lise previa que permitira identificar de partida que estrutura de funcionamento quer\u00edamos, sen\u00f3on que foi a propia estrutura a que se foi configurando. Aspectos todos eles, sobre os que seguiremos traballando. Son estes erros de partida? Non o creo, pois \u00e9 unha elecci\u00f3n consciente.<\/p>\n<figure id=\"attachment_914\" aria-describedby=\"caption-attachment-914\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/5.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-914 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/5-1024x576.jpg\" alt=\"Avituallamiento de la tropa y proceso de aculturaci\u00f3n.\" width=\"628\" height=\"353\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/5-1024x576.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/5-300x169.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/5.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-914\" class=\"wp-caption-text\">Avituallamento da tropa e proceso de aculturaci\u00f3n.<\/figcaption><\/figure>\n<p><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6a.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-915\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6a-1024x685.jpg\" alt=\"6a\" width=\"628\" height=\"420\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6a-1024x685.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6a-300x201.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6a.jpg 1299w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><\/p>\n<figure id=\"attachment_916\" aria-describedby=\"caption-attachment-916\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6b.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-916 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6b-1024x161.jpg\" alt=\"Acampada. La monta\u00f1a es nuestra.\" width=\"628\" height=\"99\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6b-1024x161.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6b-300x47.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/6b.jpg 1299w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-916\" class=\"wp-caption-text\">Acampada. A monta\u00f1a \u00e9 nosa.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Pens\u00e1ndoo ben, RA \u00e9 case o <em>Nabucodonosor<\/em> (<em>Nebuchadnezzar<\/em>) que nos interconecta coa arqueolox\u00eda que queremos facer, enchufados a unha simulaci\u00f3n arqueol\u00f3xica que pretendemos prolongar a trav\u00e9s deste proxecto. Un experimento que usa un conflito como escusa. RA \u00e9 m\u00e1is ca iso, \u00e9 un ensaio de que arqueolox\u00eda queremos, de que modelo de investigaci\u00f3n queremos, de que relaci\u00f3n horizontal queremos entre n\u00f3s. E quizais, o que m\u00e1is me atrae, sexa a busca constante de linguaxes para o entendemento dende o respecto e a mirada atenta polo que fai o outro ou a outra. Non sei por que, seguimos sendo poucas, moi poucas. En todo caso, tranquil\u00edzame que estas sexan unhas reflexi\u00f3ns compartidas con preocupaci\u00f3n por todo o equipo, homes e muller.<\/p>\n<figure id=\"attachment_917\" aria-describedby=\"caption-attachment-917\" style=\"width: 628px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/7.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-917 size-large\" src=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/7-1024x685.jpg\" alt=\"Los instrumentos. Tras un \u00faltimo reconocimiento del terreno, levantaron el campamento y se dirigieron cara a otras campa\u00f1as.\" width=\"628\" height=\"420\" srcset=\"http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/7-1024x685.jpg 1024w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/7-300x201.jpg 300w, http:\/\/romanarmy.eu\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/7.jpg 1213w\" sizes=\"(max-width: 628px) 100vw, 628px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-917\" class=\"wp-caption-text\">Os instrumentos. Tras un \u00faltimo reco\u00f1ecemento do terreo, levantaron o campamento e dirix\u00edronse cara a outras campa\u00f1as.<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: right;\">Rebeca Blanco-Rotea<\/p>\n<p><a href=\"#_ftnref1\" name=\"_ftn1\">[1]<\/a> Grupo de Investigaci\u00f3n S\u00edncrisis da USC, o Incipit del CSIC.<\/p>\n<p><a href=\"#_ftnref2\" name=\"_ftn2\">[2]<\/a>\u00a0Concello de Teverga e Direcci\u00f3n General de Patrimonio Cultural del Principado de Asturias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tras pasar un tempo dende que os meus seis compa\u00f1eiros var\u00f3ns deixaron a monta\u00f1a, escribo este pos-post, con certo reposo; <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/2016\/11\/14\/homes-na-montana-visions-sobre-un-relato-que-non-interesa-tanto-as-mulleres\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-909","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historias","no-post-thumbnail","has-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"gl","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"as":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"pt":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"en":{"title":true,"content":true,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/909","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=909"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/909\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":990,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/909\/revisions\/990"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}