{"id":1404,"date":"2018-07-31T13:15:42","date_gmt":"2018-07-31T11:15:42","guid":{"rendered":"http:\/\/romanarmy.eu\/?p=1404"},"modified":"2018-07-31T13:15:42","modified_gmt":"2018-07-31T11:15:42","slug":"penedo-dos-lobos-proximo-obxectivo-de-investigacion","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/2018\/07\/31\/penedo-dos-lobos-proximo-obxectivo-de-investigacion\/","title":{"rendered":"Penedo dos Lobos: pr\u00f3ximo obxectivo de investigaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O ver\u00e1n de romanarmy \u00e9 un non parar! Entre o 20 e o 26 de agosto estaremos traballando nun dos recintos militares m\u00e1is interesantes aparecidos nos \u00faltimos anos: Penedo dos Lobos, no concello de Manzaneda. O noso compa\u00f1eiro e investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC  Jo\u00e3o Fonte, dirixir\u00e1 o equipo que investigar\u00e1 entre o 20 e o 26 de agosto de 2018 un dos recintos militares de campa\u00f1a mellor conservados do noroeste peninsular. O obxectivo \u00e9 estudar en detalle a morfolox\u00eda do xacemento e o seu encaixe no proceso de conquista e control do noroeste peninsular por parte do Imperio Romano. A campa\u00f1a est\u00e1 promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e o Grupo de Investigaci\u00f3n S\u00edncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><strong>Un xacemento excepcional<\/strong><\/p>\n<p>O recinto de Penedo dos Lobos est\u00e1 ubicado a 1466 metros de altura, sendo un dos campamentos romanos ubicados a maior altura no actual territorio galego. At\u00f3pase moi pr\u00f3ximo, a 2,5 km \u00e1 estaci\u00f3n de esqu\u00ed de Cabeza de Manzaneda. Conta cunha superficie de 2,34 hect\u00e1reas, o cal permite estimar que foi constru\u00eddo para unha unidade militar de entre 800 e 1000 soldados. Consid\u00e9rase un campamento de marcha, \u00e9 dicir, un recinto militar constru\u00eddo durante o avance da columna militar, non estable e ocupado durante moi pouco tempo. A hip\u00f3tese de partida \u00e9 que \u00e9 un recinto militar de \u00e9poca altoimperial (ss I a.C.-III d.C.). <\/p>\n<p>Pero o que converte a Penedo dos Lobos nun espazo arqueol\u00f3xico privilexiado \u00e9 o feito de que conserva as portas orixinais de acceso ao recinto. Estes accesos, chamados \u201cen clav\u00edcula\u201d polo sistema de defensa co que contaban, son propios dos recintos do ex\u00e9rcito romano. E mesmo nun caso, a porta dianteira (o acceso sur) esta porta ten unha forma in\u00e9dita nos campamentos de marcha europeos. <\/p>\n<p>O outro elemento excepcional \u00e9 que se trata dun dos poucos campamentos romanos de marcha vinculados \u00e1 conquista do norte de Hispania que est\u00e1 constru\u00eddo en pedra. Os soldados botaron man do abundante material gran\u00edtico da zona para constru\u00edr as defensas. Isto, xunto co illamento da zona e o seu uso unicamente gandeiro, permitiu que o campamento se atope nun estado de conservaci\u00f3n \u00fanico, e que todo o sistema defensivo sexa facilmente apreciable mesmo para p\u00fablico non experto, aspecto que \u00e9 dif\u00edcil en xacementos peor preservados. C\u00f3mpre ter en conta que estamos falando de recintos habitados unicamente durante uns d\u00edas hai m\u00e1is de dous mil anos. <\/p>\n<p>O campamento fora descuberto por un veci\u00f1o da comarca, Rub\u00e9n F. Lorenzo P\u00e9rez, quen comunicou o colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta monta\u00f1a de peculiares caracter\u00edsticas.  <\/p>\n<p><strong>O obxectivo da intervenci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica permitir\u00e1 co\u00f1ecer en detalle este sitio arqueol\u00f3xico e profundizar tanto na hip\u00f3tese da s\u00faa cronolox\u00eda coma nos obxectivos da s\u00faa ubicaci\u00f3n, nunha zona de alta monta\u00f1a. A partir da limpeza da vexetaci\u00f3n do espazo, que levar\u00e1 a cabo o concello de Manzaneda, levaranse a cabo diferentes t\u00e9cnicas de documentaci\u00f3n e prospecci\u00f3n que tentar\u00e1n comprender as caracter\u00edsticas do sitio arqueol\u00f3xico e o seu emprazamento no territorio. <\/p>\n<p>Un amplo programa divulgativo <\/p>\n<p>Como \u00e9 habitual no colectivo romanarmy.eu, a divulgaci\u00f3n da actividade arqueol\u00f3xica comeza desde o primeiro momento da intervenci\u00f3n. A intervenci\u00f3n ser\u00e1 transmitida en directo, diariamente, a trav\u00e9s das redes sociais, e con programas de charlas e visitas guiadas, os veci\u00f1os poder\u00e1n seguir en detalle a evoluci\u00f3n da investigaci\u00f3n e os principais resultados desta intervenci\u00f3n no campamento romano de Penedo dos Lobos.<\/p>\n<p>Conforme se aproximen as datas da intervenci\u00f3n, faremos p\u00fablico no web do colectivo (romanarmy.eu) datas en relaci\u00f3n ao programa de actos p\u00fablicos e visitas guiadas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O ver\u00e1n de romanarmy \u00e9 un non parar! Entre o 20 e o 26 de agosto estaremos traballando nun dos <a class=\"more-link\" href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/2018\/07\/31\/penedo-dos-lobos-proximo-obxectivo-de-investigacion\/\">Continue Reading<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1405,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37,38],"tags":[],"class_list":["post-1404","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-caderno-de-campo","category-sitios","has-read-more-tag","no-sticky","entry"],"translation":{"provider":"WPGlobus","version":"3.0.2","language":"pt","enabled_languages":["es","gl","as","pt","en"],"languages":{"es":{"title":true,"content":true,"excerpt":false},"gl":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"as":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"pt":{"title":false,"content":false,"excerpt":false},"en":{"title":false,"content":false,"excerpt":false}}},"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1404","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1404"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1404\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1415,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1404\/revisions\/1415"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1405"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1404"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1404"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/romanarmy.eu\/pt\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1404"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}