Roma no Finisterrae

A chegada e imprantación do exército romano no Noroeste de Hispania continúa a ser unha incógnita. Este proxecto arqueolóxico de romanarmy e a Universidade de Salamanca, co financiamento da Deputación da Coruña, procura avanzar no coñecemento sobre as primeiras fortificacións militares romanas e o proceso de anexión da antiga Gallaecia.

Campamento e castro de Santa Baia

No concello de Laracha consérvase un xacemento excepcional: un campamento romano que envolve un antigo castro da Idade do Ferro. A intervención arqueolóxica permitiu coñecer máis datos sobre a fortificación romana.


O Castrillón

No concello de Touro atópase un conxunto singular configurado por unha fortificación de varios recintos enfronte do notable castro do Couto de San Sebastián. A campaña arqueolóxica permitiu coñecer a complexidade deste enigmático recinto.