Recinto fortificado de O Castrillón (Touro)
Un posible castellum romano cun complexo sistema defensivo. Localízase sobre un paso estratéxico fluvial e nas proximidades dun castro con gran control visual sobre o territorio.
Un recinto de forma complexa adaptado á dorsal
Parroquias de San Xoán de Fontes Rosas e Santa María de Loxo (Touro)
No punto máis alto da elevación documéntase a existencia dun pequeno recinto ovoide dunhas 0,15 ha de extensión. Anexo a este recinto, esténdese cara ao norte un novo espazo ovalado que delimita unha pequena chaira. Este segundo espazo tería unhas 0,7 ha de extensión, sendo o seu eixo maior (N-S), duns 142 m e o menor (E-O) de 60 m.
Unha recreación do castellum de O Castrillón
Malia que non é doado crear recreacións de espazos arqueolóxicos con moi poucas trazas estruturais e escasa cultura material, estas reconstrucións permítennos visualizar as hipóteses de traballo desenvolvidas durante as investigacións, analizar a súa viabilidade e repensar sobre os xacementos nos que intervimos.
Das recreacións ás evidencias
Recreacións como as anteriores baséanse nun complexo conxunto de datos. Combinamos as evidencias recollidas en campo co coñecemento documental e arqueolóxico doutras fortificacións xa coñecidas en Europa.
Explora aquí o territorio e as sondaxes de O Castrillón.
Recinto superior (sector SE)
Recinto superior (sector N)
Recinto inferior (sector N)
Visión xeral do xacemento
Os traballos arqueolóxicos no Castrillón
A abrupta natureza da dorsal na que se asenta o Castrillón e o seu aproveitamento maioritariamente forestal afectou seriamente ao xacemento e dificultou o seu recoñecemento sobre o terreo. Escaváronse tres sondaxes en diferentes puntos do seu perímtero defensivo. A colaboración do Concello de Touro facilitou enormemente os traballos de limpeza do espazo e a obtención dos permisos dos propietarios para o desenvolvemento do proxecto de investigación.
Unha selección de notas de prensa e noticias de medios de comunicación sobre O Castrillón.
NOTAS DE PRENSA
[05/09/2023] Unha campaña arqueolóxica busca coñecer as orixes do xacemento fortificado de O Castrillón (Touro)
“Un equipo de arqueólogos está a traballar esta semana no xacemento de O Castrillón (San Xoán de Fontes Rosas-Santa María de Loxo, Touro), unha singular fortificación con características únicas no ámbito galego, e que os investigadores consideran que pode estar vinculada ao exército romano”.
NOVAS EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN
[05/09/2023] O ‘castellum’ romano de Touro: unha campaña arqueolóxica afonda nas orixes dun xacemento “único”
praza.gal