Un equipo de arqueólogos e comunicadores para construír e narrar un proceso de descuberta científica.


José M. Costa-García

Director do proxecto


José M. Costa-García (Cambados, 1983) é profesor de Arqueoloxía na Universidade de Salamanca (USAL). Licenciado en Historia (2006) e Doutor (2013) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizou estadías de investigación en Eslovenia (ZRC-SAZU, 2024), Reino Unido (Newcastle University, 2017-18) e Países Baixos (Vrije Universiteit Amsterdam, 2016-17).

A súa investigación céntrase nas transformacións das paisaxes arqueolóxicas na transición entre a Idade do Ferro e a época romana no norte peninsular, así como na Arqueoloxía do Conflito desde una perspectiva poscolonial. É especialista no uso de técnicas de teledetección e de Sistemas de Información Geográfica (SIG) para a recompilación, xestión e análise combinado de datos arqueolóxico.

É membro fundador do colectivo Romanarmy.eu (http://romanarmy.eu). Recentemente, coordinou ou foi parte activa dos equipos arqueolóxicos multidisciplinares que estudan diferentes sitios militares romanos en Galicia, Asturias, Castela e León ou o Norte de Portugal.

Francisco Alonso Toucido

Dirección arqueolóxica


Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con máster en arqueoloxía e ciencias da antigüidade. Arqueólogo doutor en Historia, Xeografíá e Historia da Arte pola USC coa tese Cerámica medieval galega, características, uso e evolución da produción. Colaborador do grupo de investigación Eco-Past. Xerente da empresa de xestión do patrimonio cultural Tempos Arqueólogos SL.

Durante o seu traballo no sector da xestión do Patrimonio Cultural ten realizado múltiples proxectos de arqueoloxía empresarial vinculados a obras públicas e privadas, así como proxectos de posta en valor, documentación e investigación de xacementos arqueolóxicos, entre os que destaca o xacemento romano de Proendos, Sober.

Doutra banda realiza numerosas actividades divulgativas co obxectivo de achegar o Patrimonio á sociedade. Conta con varias publicacións académicas sobre o mundo da cerámica medieval, tanto de uso común como de luxo, no noroeste peninsular. Así como publicacións sobre arte rupestre, patrimonio hidráulico e diversos proxectos de investigación, sumando máis de 25 publicacións entre artigos científicos, capítulos de libro e pósters. Ten participado en varios congresos de orde estatal e global.

Manuel Gago

Responsable de divulgación


Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Especialista en divulgación cultural e científica, mantén colaboracións en diversas cabeceiras impresas galegas como La Voz de Galicia, El Progreso ou Diario de Pontevedra, así como xestiona os seus propios produtos dixitais de divulgación e difusión co seu blog e Twitter. 

Gago é autor de diferentes libros de ensaio e ficción e comisario de numerosas exposicións, como Galicia 100 (Consello da Cultura Galega), Alba de Gloria. Unha experiencia (Consello da Cultura Galega), Galicia, un relato no mundo (Xunta de Galicia, Fundación Cidade na Cultura) ou, na actualidade, o proxecto expositivo Cidades no tempo (Xunta de Galicia e Afundación). É membro fundador do colectivo romanarmy, de investigación da presenza militar romana no noroeste ibérico.

Equipo técnico

Alberto Taracido

Ilustrador e narrador visual.
Instagram / Linkedin / Web

Jorge Lamas

Produtor sonoro
Twitter

Centro Infográfico Avanzado de Galiza (CIAG)

Anxo Miján Maroño, Carlos Paz de Lorenzo e Miguel Torre Fernández
Web

Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural e Geológico (CULXEO-UDC)

Jorge Sanjurjo Sánchez.
Web

[:es]

Un equipo de arqueólogos y comunicadores para construir y narrar un proceso de descubrimiento científico.


José M. Costa-García

Director do proxecto


Profesor de Arqueoloxía na Universidade de Salamanca (USAL). Licenciado en Historia (2006) e Doutor (2013) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizou estadías de investigación en Eslovenia (ZRC-SAZU, 2024), Reino Unido (Newcastle University, 2017-18) e Países Baixos (Vrije Universiteit Amsterdam, 2016-17).

A súa investigación céntrase nas transformacións das paisaxes arqueolóxicas na transición entre a Idade do Ferro e a época romana no norte peninsular, así como na Arqueoloxía do Conflito desde una perspectiva poscolonial. É especialista no uso de técnicas de teledetección e de Sistemas de Información Geográfica (SIG) para a recompilación, xestión e análise combinado de datos arqueolóxico.

É membro fundador do colectivo Romanarmy.eu (http://romanarmy.eu). Recentemente, coordinou ou foi parte activa dos equipos arqueolóxicos multidisciplinares que estudan diferentes sitios militares romanos en Galicia, Asturias, Castela e León ou o Norte de Portugal.

Francisco Alonso Toucido

Arqueólogo


Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con máster en arqueoloxía e ciencias da antigüidade. Arqueólogo doutor en Historia, Xeografíá e Historia da Arte pola USC coa tese Cerámica medieval galega, características, uso e evolución da produción. Colaborador do grupo de investigación Eco-Past. Xerente da empresa de xestión do patrimonio cultural Tempos Arqueólogos SL.

Durante o seu traballo no sector da xestión do Patrimonio Cultural ten realizado múltiples proxectos de arqueoloxía empresarial vinculados a obras públicas e privadas, así como proxectos de posta en valor, documentación e investigación de xacementos arqueolóxicos, entre os que destaca o xacemento romano de Proendos, Sober.

Doutra banda realiza numerosas actividades divulgativas co obxectivo de achegar o Patrimonio á sociedade. Conta con varias publicacións académicas sobre o mundo da cerámica medieval, tanto de uso común como de luxo, no noroeste peninsular. Así como publicacións sobre arte rupestre, patrimonio hidráulico e diversos proxectos de investigación, sumando máis de 25 publicacións entre artigos científicos, capítulos de libro e pósters. Ten participado en varios congresos de orde estatal e global.

Manuel Gago

Responsable de divulgación


Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Especialista en divulgación cultural e científica, mantén colaboracións en diversas cabeceiras impresas galegas como La Voz de Galicia, El Progreso ou Diario de Pontevedra, así como xestiona os seus propios produtos dixitais de divulgación e difusión co seu blog e Twitter. 

Gago é autor de diferentes libros de ensaio e ficción e comisario de numerosas exposicións, como Galicia 100 (Consello da Cultura Galega), Alba de Gloria. Unha experiencia (Consello da Cultura Galega), Galicia, un relato no mundo (Xunta de Galicia, Fundación Cidade na Cultura) ou, na actualidade, o proxecto expositivo Cidades no tempo (Xunta de Galicia e Afundación). É membro fundador do colectivo romanarmy, de investigación da presenza militar romana no noroeste ibérico.

Equipo técnico

Alberto Taracido

Ilustrador e narrador visual.
Instagram

Jorge Lamas

Produtor sonoro
Twitter

Centro Infográfico Avanzado de Galiza

Anxo Mijan Maroño, Carlos Paz de Lorenzo e Miguel Torre Fernández
Web

Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural e Geológico (CULXEO-UDC)

Jorge Sanjurjo.
Web

[:]