Charlas confinadas

Charlas Confinadas IV: David González explica a conquista romana desde a muralla dun castro

Con frecuencia, o relato historiográfico da conquista romana do noroeste da Península Ibérica está moi condicionado polas fontes romanas clásicas. A arqueoloxía seguiu estas fontes para explicar as operacións militares e a resposta dos pobos indíxenas sobre o terreo. Pero os achados dos últimos anos e unha nova ollada ao rexistro arqueolóxico convidan cada vez máis a comprender o outro punto de vista, o daqueles que non deixaron textos escritos e que sempre son recordados a través dos ollos romanos: os indíxenas. Como reaccionaron perante a conquista? Houbo respostas diferentes? Que pode dicir a arqueoloxía sobre violencia, resistencia, submisión ou adaptación á “nova normalidade”? O arqueólogo David González, de INCIPIT-CSIC, pon todas estas preguntas sobre a mesa.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *