Sobre o proxecto

Desde finais do século pasado a arqueoloxía militar romana en España viviu unha verdadeira revolución. O desenvolvemento da arqueoloxía urbana ou o perfecionamiento das técnicas prospectivas son algúns dos avances que cambiaron para sempre a disciplina nas décadas de 1990 y 2000. Agora, o crecente interese na fotografía aérea e satelital abriuna aos aportes dun maior número de persoas, superándose os tradicionais corsés académicos e especializados.

Deste modo, se en 1990 unicamente se coñecían 11 xacementos militares romanos de época altoimperial nas rexións norteñas da península ibérica, agora podemos falar de aproximadamente 100. Un grande número destes recentes descubrimentos foron detectados e estudados mediante o emprego de técnicas de detección remota, isto é, fotografía aérea histórica e moderna, imaxes por satélite, LiDAR aéreo, fotogrametría… A combinación de todas esas ferramentas coa prospección arqueolóxica de superficie e los SIX (sistemas de información xeográfica) permitiunos desenvolver nos últimos anos novas metodoloxías de baixo coste especialmente efectivas ao estudarse este tipo de estruturas arqueolóxicas en case calquera tipo de terreo. O noso principal obxectivo agora é consolidar esta liña de investigación, explorar as súas potencialidades, intentar reforzala aló onde amosa as súas debilidades e entender mellor el modo no que se articulou a presenza militar romana nestas rexións adoptando perspectivas multidimensionais.

Queres adentrarte nesta pequeña revolución?