A FONSAGRADA 2017

Estudo arqueolóxico do recinto de A Penaparda (A Fonsagrada, Lugo)

Lugar: A Fonsagrada (Galicia).

Data de realización: 02-08, outubro 2017.

Promove: Concello da Fonsagrada.

Executa: Universidade de Santiago de Compostela.

Dirección: José Manuel Costa-García.

Equipo técnico: João Fonte, Andrés Menéndez Blanco, Valentín Álvarez Martínez, Manuel Gago Mariño, Francisco Alonso Toucido.

Outros colaboradores:

Obxectivos: Con esta intervención buscabamos profundizar no coñecemento do campamento romano de A Penaparda. Os traballos organizáronse en catro fases: 1) Levantamento micro-topográfico e fotogramétrico do sitio; 2) prospección superficial do mesmo para a recuperación de material moble; 3) apertura dunha sondaxe para coñecer de primeira man a configuración das defensas e o seu estado de conservación; 4) toma de mostras para a súa datación.

Resultados: As intervencións confirmaron que estamos diante dun asentamento militar romano. Durante a escavación puido documentarse a existencia dun parapeito de pedra e terra que definiría o perímetro defensivo do recinto. No exterior, documentouse a presenza dun foso que non chegou ser completamente escavado debido á presenza do sustrato rochoso. As fotografías aéreas tomadas permitiron definir con maior precisión a forma do campamento en todo o sector galego.

Publicacións: Neste enlace podes acceder a un repertorio bibliográfico que recolle os resultados da nosa investigación a medida que ven a luz (AQUÍ).

Entidades colaboradoras: Concello da Fonsagrada; Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela; Instituto de Ciencias del Patrimonio, CSIC.