O pasado día 12/05/16 o Consello da Cultura Galega acolleu a quinta Xornada dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Os compañeiros José Costa, Manuel Gago, Andrés Menéndez e João Fonte presentaron o proxecto Romanarmy.eu mediante catro ponencias. A continuación, tivo lugar un interesante coloquio co público asistente e cos coordinadores do evento, Rebeca Blanco-Rotea e Iago Seara, membros da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello. Por xentileza do Consello da Cultura Galega, deixámosvos aquí o vídeo das Xornadas ao completo ou, se preferides, podedes pinchar nas imaxes para acceder directamente ás partes que vos interesen.
Video completo.
Primeira ponencia (J. Costa)
Segunda Ponencia (M. Gago)
Terceira Ponencia (A. Menéndez)
Cuarta Ponencia (J. Fonte)
Coloquio




