Desde os montes de Orastia con amor

Os montes de Orăştie (Foto: Dr. Ioana Oltean)

Neste momento, atópome facendo traballo de campo en Romanía, como parte dun proxecto no que colaboran as universidades de Exeter (Reino unido) con la Dr. Ioana Oltean e Babeş-Bolyai (Cluj-Napoca, Rumanía) co profesor Dr. Gelu A. Florea. ). Relaciónase tamén  co meu proxecto de posdoutoramento para a comparación de paisaxes consideradas “marxinais” desde o punto de vista da romanización.

Agora mesmo, estamos recoñecendo sobre o terreo varias posibles estruturas arqueolóxicas previamente detectadas (principalmente castros dacios, poboados en aberto en terraza e algunas instalacións militares romanas). Estes sitios documentáronse grazas aos datos LiDAR dispoñibles para a área dos Montes de Orastia, na Transilvania (fundamentalmente nas inmediacións de Sarmizegetusa Regia, a capital dacia). Un dos puntos fortes desta expedición será a prospección xeofísica dun asentamento militar romano que non só presenta unhas estruturas moi curiosas, senón que ademais controla unha das principais rutas de acceso á antiga capital dacia.

Prospección xeofísica (Foto: Dr. Ioana Oltean)

Durante as próximas dúas semanas, estas impresionantes montañas serán o meu lugar de traballo, pero en Agosto estarei de volta nas terras altas do noroeste ibérico. Terémosvos informados!

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*