Estes días publicouse no último número da newsletter The European Archaeologist (TEA), editada pola Asociación Europea de Arqueólogos (EAA), un artigo firmado polo equipo de Romanarmy ao completo.
O traballo detalla unha experiencia investigadora en Arqueoloxía desde as marxes da Academia, onde é tamén posible articular un proxecto científico autoxestionado sobre a base dun rigoroso traballo incluso carecendo de financiación externa. A nosa intención foi presentar o proxecto Romanarmy.eu no contexto da EAA, logo da nosa participación na 22ª Reunión Anual que se celebrou en Vilnius en setembro de 2016.
Podes leer e descargar o artigo aquí.
