Historias

Explorando as terras altas

Mentras João explora a conquista romana na Dacia, Rebeca escava fortificacións modernas no Norte de Portugal, e Jesús e Jose investigan o castro burgalés de Cerro Castarreño en Olmillos de Sasamón, os nosos compañeiros David González Álvarez e Valentín Álvarez Martínez atópanse realizando traballo de campo nas montañas de Babia (León), xunto ao arqueólogo Jorge Canosa Betés e estudantes de Arqueoloxía da Universidad Complutense de Madrid e da Durham University (Reino Unido).

Por segundo ano, no marco do proxecto postdoutoral “Upland Archaeology in the NW of Iberia” que coordina David, este equipo internacional explora arqueolóxicamente os pastizais de altura dos pobos de La Cueta e Torre de Babia, no municipio de Cabrillanes. O obxectivo do proxecto é estudar a xenealoxía histórica das paisaxes altimontanos destas montañas, e analisar o marco social e cultural da interacción entre as comunidades humanas e o seu entorno ao longo dos varios milenios que median entre a extensión do Neolítico e os nosos días. Nesta campaña, que conta co apoio da Diputación de León, o Concello de Cabrillanes, o Departamento de Arqueoloxía da Durham University e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, centran a súa atención no entorno da lagoa de Las Verdes e as Fontes do río Sil.

Labores de documentación dun complexo pastoril arruinado próximo ás lagoa de Las Verdes (Torre de Babia, Cabrillanes, León)

Logo dos dous primeiros días de traballo de campo, as perspectivas non poden ser mellores. O entorno da lagoa de Las Verdes alberga un bo número de interesantes estruturas que nos axudarían a desvelar a historia do pastoreo nestas montañas. Ademais das numerosas estruturas pastorís recentes, algúns restos poderían estar relacionados cos primeiros pastores que na Prehistoria recente iniciaron a antropización destas zonas alpinas e subalpinas. Nas próximas semanas, plantearemos aquí algunhas sondaxes exploratorias para clarificar a cronoloxía e funcionalidade destes elementos. Igualmente, os traballos de prospección permitiron identificar algús cun grande potencial para a prospección xeofísica na cabeceira do río Sil .

Os rabaños de merinas aínda aos portos de Babia guiados por pastores, como xa fixeron durante séculos.

Nos vindeiros días, os traballos seguirán o seu curso e con seguridade servirán para completar a biografía das paisaxes pastorís do segmento occidental da Cordillera Cantábrica. A través dos perfís de redes sociales do proyecto en Facebook e Twitter, poderedes seguir informados dos últimos avances.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *