VERÍN 2017

Proxecto de prospección arqueolóxica mediante técnicas de teledetección dos sitios de Outeiro de Arnás e Alto do Circo (Verín, Ourense)

Lugar: Verín (Galicia).

Data de realización: 17th-23rd, abril 2017.

Promove: Colectivo RomanArmy.

Dirección: Rebeca Blanco-Rotea.

Equipo técnico: José M. Costa-García, João Fonte, Manuel Gago Mariño, Erik Carlsson-Brandt.

Outros colaboradores: Bruno Rúa, José L. Lozano Rúa, Sara Traba Rotea, Nieves Amado Rolán.

Obxectivos: O principal cometido desta intervención foi documentar, rexistrar e estudar os recintos de Outeiro de Arnás e O Alto do Circo, co fin de caracterizalos crono-tipolóxicamente. Para poder recoñecer mellor as estructuras, limpouse a vexetación en determinados sectores dos sitios. Ao mesmo tempo, realizouse un levantamento microtopográfico e fotogramétrico das súas defensas. Por último, prospectáronse superficialmente os sitios á busca de restos mobles que puidesen axudar na clasificación de ambos sitios.

Resultados: O recoñecemento dos sitios permitiu definir con precisión as súas defensas perimetrais e elaborar unha planimetría precisa dos mesmos. No caso de Outeiro de Arnás, a configuración destas defensas e o achado dalgúns elementos materiais permitiríannos identificar este sitio como un pequeno posto militar romano. No caso de O Alto do Circo, non foi posible aínda definir con precisión a que periodo histórico podería pertenecer este interesante recinto.

Entidades colaboradoras: Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela; Instituto de Ciencias del Patrimonio, CSIC; Concello de Verín; Asociación Cultural Monterrei Cultura e Patrimonio; Asociación Cultural Alto Támega.