Con todo o azucre inxerido durante o Nadal, tivemos enerxía de abondo para realizar algún traballo de campo. Aproveitamos o feito de regresar ás nosas casas para desprazarnos a terras transmontanas, en concreto ao concello de Vinhais.

Continue Reading

paginas-desdeblanco_costa_fonte_gago_goncalves_2016_a_modern_age_bar_reports

Nestes días os nosos colegas Rebeca Blanco-Rotea, Jose Costa, João Fonte e Manuel Gago recibiron boas noticias. O seu traballo “A Modern Age redoubt in a possible Roman camp. The relationship between two defensive models in Campos (Vila Nova de Cerveira, Minho Valley, Portugal)” –Un reduto da idade moderna dentro dun posible campamento romano. A relación entre dous modelos defensivos en Campos (Vila Nova de Cerveira, Portugal)- foi publicado como parte do último número da prestixiosa revista Journal of Archaeological Science: Reports (JAS-REP).

Continue Reading

Romanarmy en acción: investigamos dous posibles campamentos en La Mesa

• Trátase dos recintos de El Xuegu la Bola (Arvechales, Somiedo) y Cueiru (Taxa, Teverga), ubicados a 1700 e a 1440 metros de altitude, sendo os sitios arqueolóxicos militares romanos a máis altitud da Mesa.
• No proxecto interveñen arqueólogos de diferentes institucións científicas españolas e europeas vinculados ao grupo romanarmy.eu
• A difusión dos achados farase en tempo real a través das redes sociais, nun experimento de divulgación científica

Comprobar a cronoloxía e a adscrición romana de dous importantes recintos militares da vía da Mesa, un dos principais itinerarios de entrada a Asturias desde hai miles de anos, é o principal obxectivo da campaña de prospección que se inicia este domingo e durará ata o luns 10 de outubro. Un equipo científico conformado por arqueólogos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC, das Universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, así como das universidades de Durham e Exeter (Reino Unido) e Amsterdam (Holanda) atópase xa sobre o terreo realizando as tarefas de prospección arqueolóxica. A dirección do proxecto é levada a cabo polos arqueólogos Andrés Menéndez Branco, José Manuel Costa e David González.

Divulgación en tempo real
Unha das principais novidades da campaña arqueolóxica é a vontade de difusión e retransmisión en tempo real dos traballos arqueolóxicos, aproximando desta maneira a metodoloxía e a práctica científica aos cidadáns. A comunicación realizarase nas redes sociais, no facebook de Roman Army (www.facebook.com/romanarmynw) e na web corporativa do grupo: www.romanarmy.eu e facilitará a todos os interesados seguir os avances en canto ao recoñecemento dos xacementos e á súa interpretación. A través de formatos didácticos, ensaiaranse novos procedementos e estratexias de comunicación científica dirixida ao público xeral.

Continue Reading

Fonte_et_al_GeniusLoci_final_1

Lino Tavares Dias e António Baptista Lopes referen a existencia dun campamento militar romano no alto da Serra do Marão (Portugal), definido por un recinto rectangular ao que estaría asociada unha torre de planta cuadrangular. Este posible campamento (o único catalogado como tal no Norte de Portugal) é identificado por unha inscrición gravada sobre un penedo que se localiza nas proximidades: Castra Oresbi. Con todo, a exigüidade dos datos arqueolóxicos presentados fixo que algúns autores (como C. M. Martins) discutisen esta interpretación.

Continue Reading

port

5 de xuño de 1921. España asiste con certo sopor á escalada de violencia colonial que culminará no famoso desastre de Annual. A situación, como cabía esperar, resoa como un eco aínda máis afastado na Galicia rural, onde os últimos días da primavera non coñecen máis revolución que os esporádicos chuvascos. Non obstante, o apacible lugar de “A Cibdade”, situado na ribeira norte do río Limia, recibe unha poco frecuente visita. Nesta ocasión non acoden a remover a tierra soamente os veciños de Portoquintela ou Baños de Bande, senón que se aproximan ademais catro figuras particularmente ben vestidas. Trátase dos ourensáns Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas y Vicente Risco, destacados intelectuais galeguistas. Aproxímanse na compaña do abogado Farruco Pena, natural do municipio de Bande.

Continue Reading

O Baixo Miño desde o Alto do Cervo
O Baixo Miño desde o Alto do Cervo

Campos emprázase no entorno de São Pedro da Torre (Valença, Portugal), á beira do río Miño. Aquí, os galegos construíron unha fortificación terreira de planta estrelada, o forte de San Luís Gonzaga, durante a Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668). Como estratexia para cortar o avance destas tropas en terras portuguesas, narran as crónicas que, equidistante a tiro de canón deste forte, os lusos construíron unha serie de atalaias e fortíns, dos cales polo menos un deles situaríase no lugar de Campos.

Continue Reading

Campamento de Moyapán desde o ONO (12/2008)
Campamento de Moyapán desde o ONO (12/2008)

O campamento de Moyapán (Ayande, Asturias) aparecía de forma casual en 2007 mentres se observaba a fotografía aérea que cubría unha das zonas mineiras romanas máis importantes do occidente asturiano. Era o segundo recinto recoñecido en Asturias despois de El Picu Curriel.los (L.lena/Ayer) e o que abriu o noso camino na investigación da presenza do exército romano en Asturias e León.

Continue Reading

Este é o traballo que presentamos no 23. Limes Congress, o cal se celebrou en lngolstadt (Alemaña) en setembro de 2015. Amosamos alí o resultado dunha investigación desenvolta estes últimos anos ao redor da presenza militar romana no noroeste de Iberia e como a perspectiva historiográfica sobre a materia ten cambiado grazas a técnicas como o emprego da fotografía aérea e histórica ou o revolucionario LIDAR aéreo. Este sitio web presenta unha nova visión das campañas militares romanas no contexto da conquista e posterior reorganización do noroeste peninsular.

Aínda que o audio do vídeo está en inglés podes cambiar o idioma dos subtítulos a galego, castelán e portugués seleccionando na rodiña de engranaxe da esquina inferior dereita. Ao ser un vídeo interactivo. podes ademáis descargar arquivos KMZ con información gráfica adicional para cada un dos sitios arqueolóxicos dos que falamos. Precisas ter instalado o software Google Earth para abrir e ver estes ficheiros.

Nesta páxina podes ver tamén destacadas algunhas das conclusións máis interesantes derivadas da presentación pública destes dezasete asentamentos militares romanos.