O equipo

Aquí podes atopar información persoal e de contacto de cada un dos investigadores que integran de forma permanente romanarmy.eu

Valentín Álvarez Martínez.

valentin

Licenciado en Historia (2005) e Diploma de Estudos Avanzados (2009) pola Universidade de Oviedo. Desde entón, traballou en Arqueoloxía comercial, principalmente controis, escavacións e informes relacionados co patrimonio cultural de Asturias. Actualmente, é co-director, con J.R. Muñiz Álvarez, do equipo do proxecto internacional español “A investigación arqueolóxica en torno ao Qareisan Spring: Jebel Al Mutawwaq campo dolmen (Xordania).” Igualmente,é  parte do “Proxecto Gauzon Castelo (Castrillón, Asturias)”. Nos últimos anos, a súa investigación tense centrado na chamada Arqueoloxía do Conflito.

valentin.alvarez@romanarmy.eu          academia.edu

Rebeca Blanco-Rotea.

blanco

Doctora en Arqueoloxía (2015) pola Universidade do País Vasco (UPV-EHU). Investigadora posdoutoral contratada na Universidade de Santiago de Compostela, investigadora visitante na Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho (Portugal). Investigadora Colaboradora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e Pos-Doc Member do LAB2PT (Landscapes, Heritage and Territory Laboratory) da UMinho. A súa actividade investigadora céntrase nas paisaxes fortificadas de época moderna e na arquitectura eclesiástica altomedieval, na metodoloxía arqueolóxica e na socialización do patrimonio. Particupou en 44 proxectos arqueolóxicos, tanto de convocatoria pública, como de investigación, I+D e prestación de servizos, dos cuais dirixiu 20 proxectos centrados no estudo de construccións históricas. É membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, onde coordina a Sección de Patrimonio e Bens Culturais.

rebeca.blanco@romanarmy.eu          academia.edu          Researchgate          Google Scholar          LinkedIn          www.fortalezas.es

José Manuel Costa García.

costaDoutor en arqueoloxía (2013) e licenciado en Historia (2006) con premio extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Arqueoloxía pola mesma universidade (2008). Bolseiro FPU durante os anos 2008-12. Membro activo do equipo técnico arqueolóxico nos proyectos de investigación do forte romano de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña) (2007-2010). Especialista no estudo da presenza militar romana a partir das metodoloxías específicas da arqueoloxía, a historia antigua, a epigrafía ou as novas tecnoloxías.

josem.costa@romanarmy.eu                academia.edu

Manuel Fernández-Götz.

fonteManuel Fernández-Götz é doutor pola Universidade de Kiel e a Universidad Complutense de Madrid. Entre 2011-2013 coordinou o proxecto arqueológico da Heuneburg. É autor de máis de 140 publicacións científicas, tendo dirixido proxectos arqueolóxicos en Alemaña, España e Escocia. Na actualidade é profesor de arqueoloxía na Universidade de Edimburgo, onde desenvolve a súa investigación sobre identidades sociais, oríxes do urbanismo e arqueoloxía do conflito.
academia.edu

João Fonte.

fonteDoutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2015), cunha bolsa predoctoral da Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía. Diploma de Estudos Avanzados en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con recoñecemento ao grao de máster pola Universidade de Coimbra (2010). Máster en Sistemas de Información Xeográfica pola Universidade do Porto (2008). Licenciado en Historia, variante de Arqueoloxía, pola Universidade do Minho (2006). Áreas de especialización: Arqueoloxía da Paisaxe, tecnoloxías xeoespaciais e protohistoria e romanización do Noroeste Peninsular.

joao.fonte@romanarmy.eu          academia.edu

Manuel Gago Mariño.

gagoDoutor en CC. da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación na devandita universidade e director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega. Manuel Gago é membro do Grupo de Novos Medios da USC, onde investiga sobre arquitectura da información, social media e novas linguaxes de comunicación e divulgación científica. O seu blog, o máis antigo de Galicia en activo, é Capítulo Cero.

manuel.gago@romanarmy.eu          academia.edu          Capítulo Cero

Jesús García Sánchez.

gonzalez

Jesús García Sánchez (Salamanca 1984), licenciado en Historia pola Universidade de Salamanca en 2006, defendeu a súa tese de doutoramento na Universidad de Cantabria en 2012 centrada na Arqueoloxía da Paisaxe da Segunda Idade do Ferro e época romana altoimperial no norte de Burgos e Palencia. Durante a súa época de becario predoutoral participou como co-director na escavación do castro máis grande da Península Ibérica, La Ulaña, na provincia de Burgos e realizou prospeccións no contorno da cidade romana de Segisamo, Sasamón e xacimentos rurais desde o Segundo Ferro a época tardorromana. Desde entón realizou prospeccións de diverso tipo no sur de Italia, España, Grecia Israel e Portugal. Na actualidade é investigador post-doctoral na Universidad de Leiden, Holanda, e compaxina proyectos de investigación en Molise e Basilicata (Italia) coa prospección e escavación do castro de Castarreño (posible Segisama indíxena, xunto a Sasamón).

academia.edu web

David González Álvarez.

gonzalez

Doutor en Prehistoria (2016) e Premio Extraordinario de Doctorado 2015-2016 pola Universidad Complutense de Madrid, onde desenvolveu a súa investigación predoctoral grazas a un contrato FPU (2009-2013), tras licenciarse en Historia pola Universidad de Oviedo (2007). Actualmente é investigador postdoutoral do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC en Santiago de Compostela (2016-2019) e Visiting Reserach Fellow do Departamento de Arqueoloxía da Universidad de Durham (Reino Unido) (2016-2018). Centra as súas investigaciones na xenealoxía das paisaxes culturais das montañas cantábricas (Noroeste ibérico) durante a Prehistoria recente, a través do estudio integrado de datos arqueolóxicos, paleoambientais e etnográficos.

david.gonzalez@romanarmy.eu          academia.edu Google Scholar
Sitio twitter

Andrés Menéndez Blanco.

menendez

Licenciado en Historia (2009) pola Universidade de Oviedo, onde foi posteriormente contratado cunha bolsa FICYT (2010-2014). Continuou os seus estudos en universidades en Londres e Padua. A súa investigación céntrase na evolución do asentamento rural entre a Antigüidade e da Idade Media, para o cal aplica a metodoloxía da Arqueoloxía da Paisaxe. Desde 2007 figura tamén entre as súas liñas principais de investigación a arqueoloxía da conquista romana do Noroeste Ibérico.

andres.menendez@romanarmy.eu          academia.edu