Ven de publicarse na revista científica Gallaecia. Revista de arqueoloxía e antigüidade, editada polo Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, a descuberta de catro novos campamentos romanos localizados nas provincias de Lugo e Ourense. Estes sitios confirman unha activa presenza militar romana no territorio da actual Galicia e o seu achado permite afondar no proceso de conquista por Roma destes territorios. Desde 2011, cando se deu a coñecer a existencia de A Recacha (Navia de Suarna), ata 17 novos asentamentos militares foron documentados –total ou parcialmente- en Galicia, estando algúns deles aínda na fase de estudo previa á súa publicación. A eles habería que engadir os fortes altoimperiais de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña) e Bande (Ourense).

O recinto de Penedo dos Lobos.

Continue Reading

O noso colega João Fonte participou o pasado més de maio de 2016 (17-20) no TRAIL 2016 (Training and Research on the Archaeological Interpretation of LiDAR) que se celebrou no Domaine National de Chambord (Loir-et-Cher, Francia). Alí tivo a oportunidade de interactuar cos máis importantes especialistas europeos e de aprender sobre a aplicación do LiDAR aéreo no estudo das paisaxes arqueolóxicas. Trátase da terceira edición desta “international meeting on LiDAR applications for archaeology”.

Continue Reading

pages-from-romanarmy-eu_a_multivocal_research_proje

Estes días publicouse no último número da newsletter The European Archaeologist (TEA), editada pola Asociación Europea de Arqueólogos (EAA), un artigo firmado polo equipo de Romanarmy ao completo.

Continue Reading

paginas-desdeblanco_costa_fonte_gago_goncalves_2016_a_modern_age_bar_reports

Nestes días os nosos colegas Rebeca Blanco-Rotea, Jose Costa, João Fonte e Manuel Gago recibiron boas noticias. O seu traballo “A Modern Age redoubt in a possible Roman camp. The relationship between two defensive models in Campos (Vila Nova de Cerveira, Minho Valley, Portugal)” –Un reduto da idade moderna dentro dun posible campamento romano. A relación entre dous modelos defensivos en Campos (Vila Nova de Cerveira, Portugal)- foi publicado como parte do último número da prestixiosa revista Journal of Archaeological Science: Reports (JAS-REP).

Continue Reading

28144335740_3505877b27_o
Imaxe por cortesía de TEDxGalicia (CC BY-NC-ND 2.0)

O pasado día 16 de xullo celebrouse na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o TEDx Galicia 2016. Coa temática “De que está feito o futuro?” o evento pretendía reflexionar acerca da importancia que teñen o pasado e o presente na configuración do futuro e, por tanto, da nosa propia responsabilidade no seu deseño. Durante toda a xornada, varias intervencións permitiron explorar variadas visións do cotiá, procurando abrir o enfoque que temos da realidade e intentando definir cara onde camiñamos como individuos e como sociedade.

Continue Reading

Páginas desdeCOSTA_GARCIA_NAILOS_3

No último número da revista Nailos, editada pola Asociación de Profesionales Independientes de la Arqueología de Asturias (APIAA), publicouse estes días un artigo do noso compañeiro Jose Costa sobre os campamentos de Castrocalbón/Castrucarbón (León).

Continue Reading

Páginas desdefolleto_romanarmy

O pasado día 12/05/16 o Consello da Cultura Galega acolleu a quinta Xornada dos Encontros Monográficos  co Patrimonio Cultural. Os compañeiros José Costa, Manuel Gago, Andrés Menéndez e João Fonte presentaron o proxecto Romanarmy.eu mediante catro ponencias. A continuación, tivo lugar un interesante coloquio co público asistente e cos coordinadores do evento, Rebeca Blanco-Rotea e Iago Seara, membros da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello. Por xentileza do Consello da Cultura Galega, deixámosvos aquí o vídeo das Xornadas ao completo ou, se preferides, podedes pinchar nas imaxes para acceder directamente ás partes que vos interesen.

Continue Reading

Fonte_et_al_GeniusLoci_final_1

Lino Tavares Dias e António Baptista Lopes referen a existencia dun campamento militar romano no alto da Serra do Marão (Portugal), definido por un recinto rectangular ao que estaría asociada unha torre de planta cuadrangular. Este posible campamento (o único catalogado como tal no Norte de Portugal) é identificado por unha inscrición gravada sobre un penedo que se localiza nas proximidades: Castra Oresbi. Con todo, a exigüidade dos datos arqueolóxicos presentados fixo que algúns autores (como C. M. Martins) discutisen esta interpretación.

Continue Reading