Logo de varias experiencias investigadoras en diferentes zonas do noroeste ibérico valoramos as potencialidades e limitacións de diversas técnicas nun amplio rango de terreos, testándose de maneira eficiente a súa utilidade para a prospección arqueolóxica. Neste traballo, presentado durante el congreso Genius Loci: lugares e significados, mostramos e abrimos a debate unha proposta metodolóxica para a detección y estudo de restos estruturais relacionados coa presenza militar romana neste territorio. Continue Reading
Publicacións
Sobrevoando os asentamentos militares romanos
O último número da revista AARGnews, que edita o Aerial Archaeology Research Group (AARG), recolle un novo artigo asinado por todos nós. Nel preséntase a metodoloxía que vimos aplicando para a detección e estudo dos asentamentos militares romanos na península ibérica, combinándose fotografía aérea histórica e recente, imaxes por satélite, LiDAR aéreo, Sistemas de Información Xeográfica e técnicas de prospección superficial. Así mesmo, pode considerarse a presentación en sociedade a escala internacional do proxecto romanarmy.eu.
O campamento de A Serra da Casiña (Valboa, León)

Xunto co artigo do noso compañeiro José M. Costa, o último número da Revista Arkeogazte contén un traballo firmado por membros do noso equipo no que se presenta un estudo preliminar dun campamento romano ou castra aestiua recentemente identificado na paraxe de A Serra da Casiña (Valboa, León).
Procurando afondar no estudo das campañas militares augusteas en Hispania
As guerras cántabro-ástures son un dos conflitos que maior atención espertaron na historiografía española desde os seus inicios. Nos últimos anos, os enormes avances producidos no ámbito da arqueoloxía militar romana supuxeron unha notable transformación dos estudos sobre a materia. Sen embargo, con frecuencia as análises foron demasiado positivistas e non afondan nas dimensións sociopolítica e cultural da guerra.
Presentación do libro “Las Guerras Astur-Cántabras”
O pasado xoves, día 17 de decembro, presentouse en Xixón o libro Las Guerras Astur-Cántabras, que recolle as actas do Primer Encuentro Arqueológico de las Guerras Ástur-Cántabras‘0, celebrado nesta cidade en outubro de 2014. A publicación está coordinada por Jorge Camino Mayor, Eduardo Peralta Labrador y Jesús Francisco Torres Martínez, e o traballo editorial débese a KRK ediciones. O contido é o resultado das intervencións de varios autores que trataron as últimas novidades aportadas pola arqueoloxía sobre as Guerras Ástur-Cántabras. Nós participamos mediante a presentación de tres artigos que recollen algúns dos xacementos que localizamos en Galicia, Asturias e León nestes últimos anos.
Unha introdución
Este é o traballo que presentamos no 23. Limes Congress, o cal se celebrou en lngolstadt (Alemaña) en setembro de 2015. Amosamos alí o resultado dunha investigación desenvolta estes últimos anos ao redor da presenza militar romana no noroeste de Iberia e como a perspectiva historiográfica sobre a materia ten cambiado grazas a técnicas como o emprego da fotografía aérea e histórica ou o revolucionario LIDAR aéreo. Este sitio web presenta unha nova visión das campañas militares romanas no contexto da conquista e posterior reorganización do noroeste peninsular.
Aínda que o audio do vídeo está en inglés podes cambiar o idioma dos subtítulos a galego, castelán e portugués seleccionando na rodiña de engranaxe da esquina inferior dereita. Ao ser un vídeo interactivo. podes ademáis descargar arquivos KMZ con información gráfica adicional para cada un dos sitios arqueolóxicos dos que falamos. Precisas ter instalado o software Google Earth para abrir e ver estes ficheiros.
Nesta páxina podes ver tamén destacadas algunhas das conclusións máis interesantes derivadas da presentación pública destes dezasete asentamentos militares romanos.