O campamento de A Serra da Casiña (Valboa, León)

A Serra da Casiña vista desde el sudeste.
A Serra da Casiña vista desde o sudeste.

Xunto co artigo do noso compañeiro José M. Costa, o último número da Revista Arkeogazte contén un traballo firmado por membros do noso equipo no que se presenta un estudo preliminar dun campamento romano  ou castra aestiua recentemente identificado na paraxe de A Serra da Casiña (Valboa, León).

Neste artigo descríbense as evidencias construtivas e o contexto espacial do campamento localizado nas inmediacións da aldea de Valverde. O recinto fortificado, de entre 11 e 12 hectáreas de extensión, tería sido ocupado temporalmente por algún continxente militar romano nun momento aínda indeterminado que, non obstante, poderíamos relacionar co período de conquista e pacificación destas montañas bercianas cara o cambio de era. Como noutras ocasións, a súa detección foi posible grazas ao emprego de técnicas de teledetección como a análise de fotografías aéreas e por satélite, ademais do uso da técnica LiDAR, chamada a revolucionar a Arqueoloxía de zonas montañosas e con densas coberturas vexetais como as montañas do Noroeste ibérico.

Visión da lomba desde o leste. Visualización LiDAR.
Visión da lomba desde o leste. Visualización LiDAR.

Non foi posible precisar o momento preciso de ocupación do campamento de A Serra da Casiña, pois o equipo non dispuxo da financiación necesaria para abordar prospeccións ou escavacións arqueolóxicas sobre o terreo que poidan despexar tales interrogantes. Non obstante, a localización deste campamento reforza o papel do espazo montañoso que na actualidade separa as provincias de León e Lugo durante o período de conquista e dominación romana deste territorio. Ábrese, ademais, o debate arredor da extensión máis cara o occidente do teatro de operacións das Guerras Astur-Cántabras (29-19 a.C).

El campamento desde el sudoeste. Visualización Resampling Filter de los datos LiDAR.
O campamento desde o sudoeste. Visualización Resampling Filter dos datos LiDAR.

O recinto de A Serra da Casiña supón un novo fito para as investigacións arqueolóxicas na provincia de León, pois incorpórase a unha lista de campamentos romanos de campaña –enclaves como os de Huerga de Frailes (Villazala) ou A Granda das Xarras (Candín)– en constante ampliación grazas á paciente labor de numerosos arqueólogos inmersos no estudo da conquista y romanización dos territorios noroccidentais da península ibérica.

El recinto militar: visualizaciones LiDAR y planimetría.
O recinto militar: visualizaciones LiDAR y planimetría.

Podedes descargar o artigo aquí.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*