“Unha de romanos”

SONY DSC

Aproveitando que hoxe (23/02/2016) sae á venta a última novela de Santiago PosteguilloA Lexión Perdida” -entrega final da triloxía dedicada a Traxano- cremos que esta é unha boa oportunidade para levar a cabo unha pequena reflexión sobre o papel que xogaron as novelas históricas na popularización do exército romano.

En España, aínda que a temática cultivouse, nunca chegou a alcanzar o éxito que recadou no mundo anglosaxón. Nel, baixo a sombra do escritor Simon Scarrow -e as súas personaxes principais, os lexionarios Cato e Macro-, conseguiuse que este subxénero, centrado nas lexións romanas, se convertese nun clásico das librerías de todo o mundo. Outros autores seguiron a súa estela, desenvolvendo e ampliando o tema de forma solvente. Hoxe escritores como o italiano Massimiliano Colombo (“La Legión de los Inmortales” e “El Estandarte Púrpura”. Ediciones B: 2011 e 2014) ou Ben Kane lograron con estas “novelas lexionarias” recrear -sempre coa liberdade que ofrece a ficción literaria- tanto a vida diaria dos soldados romanos e os seus feros inimigos como as tácticas de combate, o armamento ou os sistemas de fortificación. Todo elo integrado e adecuado ao fío argumental da historia narrada.

Esquerda: gráfico de Roma Vincit (Simon Scarrow 2002). Dereita: ilustración Circo Máximo, la ira de Trajano (Santiago Posteguillo 2013).
Esquerda: gráfico de “Roma Vincit” (Simon Scarrow 2002). Dereita: ilustración “Circo Máximo, la ira de Trajano” (Santiago Posteguillo 2013).

É oportuno destacar que todas estas obras teñen contan cunha importante labor de documentación previa que toma como fonte principal de información os traballos académicos de Historia e Arqueoloxía. Non obstante, nos últimos anos outros recursos como a Recreación Histórica e os foros de debate especializados -p.e. romanarmytalk– comezan a empregarse con profusión. De todo elo, o máis destacado é que esta recompilación de datos non so intégrase no texto da aventura que narran, senón que tamén aparece reflectida nos abundantes anexos que soen acompañar á edición da obra. Así, os lectores e as lectoras, a través destes apartados auxiliares (Glosario de termos, Bibliografía, Gráficos, Mapas, Ilustracións, Notas aclaratorias…), teñen unha boa oportunidade para ampliar o seu coñecemento sobre o período histórico en xeral e o exército romano en particular. Quizais a mostra máis singular de todo elo sexa a popularidade que acadaron termos latinos militares como castra aestiva, contubernium, ou manípulo, entre outros.

Plano descritivo da batalla de Baecula (provincia de Xaén) no 208 a.c tomado de Las Legiones Malditas (Santiago Posteguillo 2008)
Plano descritivo da batalla de Baecula (provincia de Xaén) no 208 a.c tomado de “Las Legiones Malditas” (Santiago Posteguillo 2008)

Estamos convencidos de que estas novelas históricas serven como un complemento fundamental do noso quefacer investigador, xa que contribúen a acercar á xente o traballo que levamos a cabo. Temos consciencia de que en ocasións as evidencias materiais que nós localizamos e estudamos non son o suficientemente expresivas como para que unha parte da sociedade sexa capaz de recoñecer nelas os restos do que foron emprazamentos defensivos onde congregouse un importante continxente militar no seu avance por territorio adverso. É por elo que a labor dos escritores e escritoras resulta transcendental neste empeño por socializar e divulgar estes episodios históricos. Así, o que para o especialista son espazos arqueolóxicos ben definidos e estudados, pode que para o público xeral non sexan mais que pequenas estruturas de planta rectangular que apenas sobresaen do chan. É aí onde os e as novelistas teñen que actuar e encher ese oco, converter eses pequenas ribadas escavadas no solo en cercas do perímetro dun campamento por onde discorre de forma rutinaria unha patrulla de soldados que quéixase do frío que fai esa noite. Namentres, ao interior do recinto do campamento un grupo de fatigados lexionarios apíñase dentro da súa tenda de campaña intentando conciliar o sono.
Se as investigadoras e investigadores españois que dedícanse ao estudo destes conflitos tiveron moito que aprender dos traballos desenvolvidos fai décadas no Reino Unido, adoptando conceptos da Arqueoloxía da paisaxe e as ferramentas de prospección aérea para o descubrimento destes campamentos romanos de marcha, opinamos que para as nosas escritoras e escritores de novela histórica o camiño iniciado polos seus colegas británicos, marca a pauta para escribir sobre as antigas lexións romanas en Hispania.

Valentín Álvarez

One Comment

  1. Álvaro

    Hola,
    Quería preguntarvos se coñecedes da existencia de novelas baseadas na conquista romana na Gallaecia e cales me recomendariades.
    Un saúdo

    Reply

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*