TEBERGA 2016

Proxecto de prospección dos sitios arqueolóxicos de El Xuegu la Bola e Cueiru

Lugar: Teberga-Somiedu (Asturies).

Data de realización: 01-09, outubro 2016.

Promove: Colectivo RomanArmy.

Dirección: Andrés Menéndez Blanco, José M. Costa-García, David González Álvarez.

Equipo técnico: João Fonte, Manuel Gago Mariño, Valentín Álvarez Martínez.

Outros colaboradores:

Obxectivos: O cometido desta intervención foi documentar, rexistrar e estudar os restos arqueolóxicos de El Xuegu la Bola e Cueiru, co fin con de contrastar a hipóteses de que puidese tratarse de asentamientos militares romanos de campaña. Así, optamos por un recoñecemento máis profundo das evidencias estructurais visibles en superficie e a busca de materiais que puidiesen confirmar a contextualización funcional e cronolóxica proposta para ambos sitios. Deste xeito, levouse a cabo unha prospección en área dos dous conxuntos, e un levantamiento microtopográfico e fotogramétrico das súas defensas.

Resultados: O recoñecemento dos sitio permitiu definir con precisión as súas defensas perimetrais e elaborar unha planimetría precisa dos mesmos. Ademais, entre os máis de 160 elementos materiales recuperados durante a intervención, identificouse un conxunto de pezas de clara filiación militar romana. Confirmáronse, así, os presupostos crono-tipolóxicos de partida.

Entidades colaboradoras: Instituto de Ciencias del Patrimonio, CSIC; Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela; Ayuntamiento de Teverga; Dirección General de Patrimonio Cultural, Principado de Asturias.