Presentación do libro “Las Guerras Astur-Cántabras”

O pasado xoves, día 17 de decembro, presentouse en Xixón o libro Las Guerras Astur-Cántabras, que recolle as actas do Primer Encuentro Arqueológico de las Guerras Ástur-Cántabras‘0, celebrado nesta cidade en outubro de 2014. A publicación está coordinada por Jorge Camino Mayor, Eduardo Peralta Labrador y Jesús Francisco Torres Martínez, e o traballo editorial débese a KRK ediciones. O contido é o resultado das intervencións de varios autores que trataron as últimas novidades aportadas pola arqueoloxía sobre as Guerras Ástur-Cántabras. Nós participamos mediante a presentación de tres artigos que recollen algúns dos xacementos que localizamos en Galicia, Asturias e León nestes últimos anos.

lasguerras

En «La sierra de Penouta y El Cordal d’Ouroso: una línea de avance del ejército romano en el occidente cantábrico» describimos a ruta de avance desde o interior de Lugo ata a bacia baixa do Navia, engadíndose aos tres campamentos xa coñecidos a inédita liña de Cildadeya (Vilanova de Ozcos, Asturias). Incluimos aquí tamén un resumo do campamento de Moyapán (Ayande, Asturias).

Recinto de A Pedra Dereta (Castropol-Boal, Asturias)
Recinto de A Pedra Dereta (Castropol-Boal, Asturias)

Saltando a León, pódese ler tamén unha breve sinopse do campamento de Huerga de Frailes en «El castra aestiva de Huerga de Frailes (Villazala, León)», onde describimos as trazas do que foi este asentamento prácticamente desaparecido na ribeira oriental do río El Órbigo.

Recinto de Huerga de Frailes (Villazala, León)
Recinto de Huerga de Frailes (Villazala, León)

Avanzando miás cara o oeste, «Novedades sobre la presencia del ejército romano en el occidente galaico» recolle sumariamente os recintos de O Cornado (Negreira, A Coruña), Campos (Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo, Portugal) e o posible de Ferreira (O Valadouro, Lugo), ademais de plantexar as primeiras hipóteses sobre o seu contexto cronolóxico e funcional.

cornado
Recinto de O Cornado (Negreira, A Coruña)

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*