Castra Oresbi: un asentamento militar romano na Serra do Marão?

Fonte_et_al_GeniusLoci_final_1

Lino Tavares Dias e António Baptista Lopes referen a existencia dun campamento militar romano no alto da Serra do Marão (Portugal), definido por un recinto rectangular ao que estaría asociada unha torre de planta cuadrangular. Este posible campamento (o único catalogado como tal no Norte de Portugal) é identificado por unha inscrición gravada sobre un penedo que se localiza nas proximidades: Castra Oresbi. Con todo, a exigüidade dos datos arqueolóxicos presentados fixo que algúns autores (como C. M. Martins) discutisen esta interpretación.

Por este motivo, propuxímonos realizar unha revisión integral da evidencia arqueolóxica dispoñible a través da pesquisa bibliográfica, a prospección, a aplicación de tecnoloxías xeoespaciais e a análise epigráfica. Os obxectivos deste traballo, presentado durante o congreso Genius Loci: lugares e significados, eran avaliar o verdadeiro potencial arqueolóxico desta zona e propor unha reinterpretación desta problemática científica.  Agora oferecemos a intervención do noso colega João Fonte expoñendo estas cuestións de interese arqueolóxico, cuns resultados sorprendentes.

Tamén aquí podedes atopar a presentación completa en pdf.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*