TRAIL 2016

O noso colega João Fonte participou o pasado més de maio de 2016 (17-20) no TRAIL 2016 (Training and Research on the Archaeological Interpretation of LiDAR) que se celebrou no Domaine National de Chambord (Loir-et-Cher, Francia). Alí tivo a oportunidade de interactuar cos máis importantes especialistas europeos e de aprender sobre a aplicación do LiDAR aéreo no estudo das paisaxes arqueolóxicas. Trátase da terceira edición desta “international meeting on LiDAR applications for archaeology”.

Aproveitou ademais a ocasión para divulgar o nosso proxecto RomanArmy.eu mediante a presentación do seguinte traballo: “In search of the Roman army footprint in topography: historical and methodological considerations on the use (and the non-use) of airborne LiDAR data in Northwest Iberia[1]. O vídeo desta e das restantes presentacións pode consultarse agora aquí.

O balance desta partiticipación foi claramente positivo e esperamos que nun futuro próximo sexa posible organizar unha nova edición deste encontro na Península Ibérica.

Momento da presentación do noso colega João Fonte [2].
[1] As restantes presentacións e posters poden consultarse aquí.

[2] As restantes imaxes poden consultarse aquí.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*