Torre de Modorra

Con todo o azucre inxerido durante o Nadal, tivemos enerxía de abondo para realizar algún traballo de campo. Aproveitamos o feito de regresar ás nosas casas para desprazarnos a terras transmontanas, en concreto ao concello de Vinhais.

Xunto cos colegas da empresa Eye2Map e coa axuda dun dron, realizamos a documentación fotogramétrica da Torre de Modorra (Vila Verde, Vinhais), unha enigmática estrutura que podería ter sido unha torre militar romana relacionada co paso polas proximidades da Via XVII do Itinerario de Antonino. Teremos máis novidades en breve, estade atentos! Polo momento, podedes ver o video que elaboramos durante o proceso de documentación…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*