Explorando a Serra da Padrela

Recentemente publicouse un novo número da revista Estudos do Quaternário (editada pola Associação Portuguesa para o Estudo do Quaternário) que inclúe un artigo dos nosos colegas João Fonte e José Manuel Costa-García “Alto da Cerca (Valpaços, Portugal): um assentamento militar romano na Serra da Padrela e sua relação com o distrito mineiro de Tresminas”.

Neste traballo realizamos un estudo monográfico dun sitio arqueolóxico que era xa coñecido no norte de Portugal (distrito de Vila Real, concello de Valpaços e parroquia de Padrela e Tazém) e onde propoñemos a súa reinterpretación como asentamento militar romano directamente asociado ao distrito mineiro de Tresminas, o que expón novas interrogantes. Esta hipótese xa fora proposta polo arqueólogo Francisco Sande Lemos na súa tese de doutoramento sobre o poboamento romano do Trás-os-Montes Oriental, mais nunca fora debidamente investigada e fundamentada.

Modelo 3D do Alto da Cerca con ortofoto do vóo SPLAL (1948) sobreposta ao modelo dixital de superficie.

Esperamos que desfrutedes do artigo! En breve teremos máis novidades sobre a presencia militar romana no norte de Portugal, estade atentos!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*