Volvendo a Campos

paginas-desdeblanco_costa_fonte_gago_goncalves_2016_a_modern_age_bar_reports

Nestes días os nosos colegas Rebeca Blanco-Rotea, Jose Costa, João Fonte e Manuel Gago recibiron boas noticias. O seu traballo “A Modern Age redoubt in a possible Roman camp. The relationship between two defensive models in Campos (Vila Nova de Cerveira, Minho Valley, Portugal)” –Un reduto da idade moderna dentro dun posible campamento romano. A relación entre dous modelos defensivos en Campos (Vila Nova de Cerveira, Portugal)- foi publicado como parte do último número da prestixiosa revista Journal of Archaeological Science: Reports (JAS-REP).

Como probablemente recordaredes, xa falamos aquí deste interesante sitio. Durante a Guerra de Restauração portuguesa (1640–1668), unha serie de fortificacións foi construida ao longo da fronteira hispano-portuguesa. O estudo arqueolóxico deses sitios combinou diferentes disciplinas (arqueoloxía da paisaje, arqueoloxía da arquitectura, tecnoloxías xeoespaciais e estudos documentais) coa intención de rexistrar unha antiga paisaxe fortificada. Este proxecto revelou a existencia dun conxunto de pequenas fortificacións arredor da Fortaleza de San Luís Gonzaga (Valença, Portugal), moitas das cales desapareceron coa firma do Tratado de Lisboa en 1668. Na área de Campos (Vila Nova de Cerveira, Portugal), documentouse unha probable fortificación de época moderna mediante a análise da fotografía aérea, xa que un polígono industrial destruíra o lugar en tempos recentes. Ademais, atopábase no interior dunha estrutra maior, de planta cuadrangular, que se identificou como un posible campamento romano.

fig5

Xunto con Alberto Gonçalves (Universidade de Porto), os nosos analizan neste artigo ambas fortificacións, o proceso metodolóxico desenvolvido para a súa identificación e estudo, a súa posible interpretación histórica e como ambos elementos interactúan entre si. Animámosvos a ler este traballo (que está accesible en aberto ata o próximo decembro) e a descubrir, no seu texto e imaxes, un interesante anaco da historia compartida por portugueses e galegos.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*