Homes na montaña: visións sobre un relato que non interesa (tanto) ás mulleres

The Matrix : 3-1 vs 6-1.
The Matrix : 3-1 vs 6-1.

Tras pasar un tempo dende que os meus seis compañeiros varóns deixaron a montaña, escribo este pos-post, con certo reposo; mentres eles desenvolvía o seu traballo de campo en Asturias, eu seguía a campaña dende Braga a través dos seus correos electrónicos e mensaxes de WhatsApp. Ven a miña retina aquela última imaxe na que eles se dirixían cara á néboa, cun camiñar pesado que arrastraba o cansancio dos días e, tal vez, a nostalxia do que remata, pechando unha campaña que deixaba bo sabor de boca e contestaba a algunhas preguntas mentras abría novos interrogantes.

Non é este un espazo de análise dos resultados, diso encargaranse eles, senón un lugar para pensar, onde contar o recordo daqueles días dende outras miradas que non sempre están presentes no noso proxecto. Este é un post escrito dende o outro lado, sobre homes arqueólogos e investigadores, sobre Romanarmy.eu, sobre algunhas carencias e moitos acertos.

Arranca la campaña. Los exploradores se adelantan a las tropas para comprobar la situación del terreno.
Arranca a campaña. Os exploradores adiántanse as tropas para comprobar a situación do terreo.

Que pode pasar cando xuntas nunha mesma frase arqueoloxía, campamentos, exército romano, armamento, estratexia, metodoloxía, novas tecnoloxías, prospección, innovación, difusión, comunicación, ciencia pública, sinerxia, entusiasmo, avidez, inmediatez, empeño, busca, outsider, feedback, emprendemento e ensaio? Pois sae un Romanarmy.eu (RA).

Dende o meu punto de vista, RA é case unha anomalía no sistema, unha pequena Matrix no mundo da arqueoloxía (presuntuoso?), que intenta conciliar un espazo de entendemento entre dous mundos paralelos, a realidade da academia e outro que está por construír baixo unos parámetros (modo 2 de producción do coñecemento; ciencia posnormal) que nunca se levaron a súas máximas consecuencias. Quizás resulte unha afirmación presuntuosa, pero o certo é que intenta, a partir de modelos de investigación individuais (de individuo) e independentes (o que corresponde a cada un dos que formamos parte de RA), construír un grupo de traballo centrado na arqueoloxía militar romana, sin máis pretensións (inicialmente) que establecer sinerxias, aunar esforzos, traballar en grupo, multiplicar potencialmente os nosos resultados, testar métodos de traballo, motivarnos e facelo fora das canles ortodoxas. Romanarmy.eu é a nosa matrix da arqueoloxía militar romana. O que no sei se quere dicir algo ou nada.

Tras adelantarse los exploradores, los mentores seleccionan el mejor lugar de acampada y, con los instrumentos adecuados, definen los ejes mayores del recinto y su perímetro. La X marca el lugar.
Tras adiantarse os exploradores, os mentores seleccionan o mellor lugar de acampada e, cos instrumentos axeitados, definen os eixes maiores do recinto e o seu perímetro. O “X” marca o lugar.

Temos varios hándicaps, quizais o que sae de forma recurrente nas nosas conversacións é: hai moitos Neos e poca Trinity. Este é un dos principais problemas que non só atinxe ao noso grupo, é un feito corrente no contexto xeral da arqueoloxía do conflito na península, as mulleres que se adican ao conflito son escasas.

Os datos son evidentes. No noso perfil de Facebook o 65% dos fans son homes fronte a un exiguo 33% de mulleres. A desproporción, comparada con outras páxinas do ámbito do patrimonio cultural e incluso arqueolóxico ás que temos acceso estadístico, é evidente e considerable. (Muro de Medeiros: 50% mulleres, 49% homes; Croas de Niñóns: 44% mulleres, 55% homes; Proxecto Mougás: 46% mulleres, 52% homes; Sanlourenzo.net: 46% mulleres; 53% homes; patrimoniogalego.net: 46% mulleres, 52% homes; Croa do Castro de Cerqueda: 49% mulleres, 49% homes). Ainda que sempre hai unha lixeira tendencia a unha maior presenza masculina (que se invirte, moitas veces, noutras páxinas de ámbito cultural non arqueolóxico), parece que en romanarmy.eu levámonos a palma.

Semella que cuando se tratan batallas, armas, máquinas de guerra, campamentos, marchas ou exércitos, despertamos máis o interese masculino que o feminino. Tal vez empregamos linguaxes ou enfoques pouco atraíntes; ou tal vez esta temática non sexa do interese dun público amplo feminino. Arqueoloxía masculina, para públicos masculinos. Estou convencida de que para que isto cambie, temos que incorporarnos á construcción do discurso histórico participando, dende abaixo, en proxectos sobre conflitos… ou seguiremos á marxe. Este é un tema que en RA intentamos analizar neste intre para buscar cauces integradores cara a outras idades e xéneros. E esta é outra das cousas que me atrae de RA, o esforzo engadido por identificar os nosos déficits e intentar corrixilos. Podemos facer que o proxecto medre de dúas formas, explotando o que funciona, soamente, ou identificando carencias, para procurar cubrilas e expandirnos a outros públicos. A segunda é unha táctica máis lenta, a longo prazo; a primeira é cortoplacista, podemos morrer de éxito… polo camiño, como unha burbulla que explota.

Seleccionado el espacio de acampada, acotado el lugar y construido el perímetro, toca preparar el espacio interior del campamento. Lo primero, limpiar el lugar.
Seleccionado o espazo de acampada, acotado o lugar e construído o perímetro, toca preparar o espazo interior do campamento. O primeiro, limpar o lugar.

Temos outros hándicaps, como a carencia de financiación sostida, pois limitámonos a poñer sobre a mesa parte do noso tempo e a contar, como nesta campaña, co apoio puntual dalgunha institución[1] e administración[2] que apostan por esta liña. Ou a escasa internacionalización, aspectos que poden cambiar coa nova situación de parte de varios integrantes do equipo, xa que a metade do mesmo atomizouse por Europa adiante. O crecemento dunha organización a demanda, segundo as necesidades do propio proxecto e os nosos intereses persoais; non existiu unha análise previa que permitira identificar de partida que estrutura de funcionamento queríamos, senóon que foi a propia estrutura a que se foi configurando. Aspectos todos eles, sobre os que seguiremos traballando. Son estes erros de partida? Non o creo, pois é unha elección consciente.

Avituallamiento de la tropa y proceso de aculturación.
Avituallamento da tropa e proceso de aculturación.

6a

Acampada. La montaña es nuestra.
Acampada. A montaña é nosa.

Pensándoo ben, RA é case o Nabucodonosor (Nebuchadnezzar) que nos interconecta coa arqueoloxía que queremos facer, enchufados a unha simulación arqueolóxica que pretendemos prolongar a través deste proxecto. Un experimento que usa un conflito como escusa. RA é máis ca iso, é un ensaio de que arqueoloxía queremos, de que modelo de investigación queremos, de que relación horizontal queremos entre nós. E quizais, o que máis me atrae, sexa a busca constante de linguaxes para o entendemento dende o respecto e a mirada atenta polo que fai o outro ou a outra. Non sei por que, seguimos sendo poucas, moi poucas. En todo caso, tranquilízame que estas sexan unhas reflexións compartidas con preocupación por todo o equipo, homes e muller.

Los instrumentos. Tras un último reconocimiento del terreno, levantaron el campamento y se dirigieron cara a otras campañas.
Os instrumentos. Tras un último recoñecemento do terreo, levantaron o campamento e dirixíronse cara a outras campañas.

Rebeca Blanco-Rotea

[1] Grupo de Investigación Síncrisis da USC, o Incipit del CSIC.

[2] Concello de Teverga e Dirección General de Patrimonio Cultural del Principado de Asturias.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*