As guerras cántabro-ástures son un dos conflitos que maior atención espertaron na historiografía española desde os seus inicios. Nos últimos anos, os enormes avances producidos no ámbito da arqueoloxía militar romana supuxeron unha notable transformación dos estudos sobre a materia. Sen embargo, con frecuencia as análises foron demasiado positivistas e non afondan nas dimensións sociopolítica e cultural da guerra.

O obxectivo do artigo “Las campañas augusteas en el Noroeste peninsular: acción militar y propaganda”, recentemente publicado no número 5 da Revista Arkeogazte, non é ofrecer unha nova visión do conflito no seu conxunto, senón intentar, por un lado, revalorizar a información contida nas fontes literarias e, por outro, desentrañar os aspectos socioculturais, ideolóxicos e propagandísticos que a converten nunha manifestación singular desde a óptica romana.
Aquí poderedes atopar o artigo íntegro para a súa lectura.

Pingback: O campamento de A Serra da Casiña (Valboa, León) | O exército romano no NW de Hispania