Publicacións, Técnicas

Sobrevoando os asentamentos militares romanos

Páginas desdeAARGnews52

O último número da revista AARGnews, que edita o Aerial Archaeology Research Group (AARG), recolle un novo artigo asinado por todos nós. Nel preséntase a metodoloxía que vimos aplicando para a detección e estudo dos asentamentos militares romanos na península ibérica, combinándose fotografía aérea histórica e recente, imaxes por satélite, LiDAR aéreo, Sistemas de Información Xeográfica e técnicas de prospección superficial. Así mesmo, pode considerarse a presentación en sociedade a escala internacional do proxecto romanarmy.eu.

[sketchfab id=”e8c0558ac54546a7b894b7d351321289″ start=”1″ spin=”” controls=”1″]

Este traballo é a adaptación do póster mostrado durante a Conferencia Anual do AARG 2015 que tivo lugar en Santiago de Compostela en setembro de 2015. O evento foi organizado polo Incipit-Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC) e apoiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN, Xunta de Galicia).

Aquí podedes atopar íntegramente o póster orixinal e o novo artigo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *