5 de xuño de 1921. España asiste con certo sopor á escalada de violencia colonial que culminará no famoso desastre de Annual. A situación, como cabía esperar, resoa como un eco aínda máis afastado na Galicia rural, onde os últimos días da primavera non coñecen máis revolución que os esporádicos chuvascos. Non obstante, o apacible lugar de “A Cibdade”, situado na ribeira norte do río Limia, recibe unha poco frecuente visita. Nesta ocasión non acoden a remover a tierra soamente os veciños de Portoquintela ou Baños de Bande, senón que se aproximan ademais catro figuras particularmente ben vestidas. Trátase dos ourensáns Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas y Vicente Risco, destacados intelectuais galeguistas. Aproxímanse na compaña do abogado Farruco Pena, natural do municipio de Bande.

O mal tiempo non os fai desistir do seu empeño e, ao finalizar a xornada, a zanxa aberta polos habitantes locais deixara ao descuberto un muro de bo aparello e algúns restos cerámicos. Segundo parece, isto era a tónica xeral no lugar, pero bastou para que no número 5 da revista Nós os intelectuais aventurasen atoparse ante as ruínas da mansio “Aquis Querquennis” referida por el Itinerario de Antonino.

Unha nova visita apenas uns meses despois (09/10/1921) elevará estas optimistas expectativas. A apertura dunha cata de maior tamaño permitirá o descubrimento dunha imponente muralla. Isto, unido á grande extensión na que se documentaban evidencias arqueolóxicas, levará a Cuevillas a asegurar nun novo número de Nós que os restos correspondían a unha cidade “romana ou celto-romana”. Desde entón, o xacemento pasará a formar parte dos habituais catálogos eruditos da época e mesmo será visitado durante o “tour” que a Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense efectúe por esta zona en 1935.

Non obstante, durante os anos 30 non producirán novas intervencións arqueolóxicas. O estoupido da Guerra Civil (1936-39) dificultou calquera empresa neste sentido. Por un lado, tras a guerra prodúxose a desarticulación das elites intelectuais galegas; por outro, asistimos a un novo escenario no que diferentes políticas e necesidades foron sobrepostas aos intereses cultural, ecolóxico ou patrimonial. Como sucedeu en moitos outros sitios, entre os plans do goberno franquista contemplábase a construción dun embalse en As Conchas e o asolagamento de boa parte de val do río Limia.

En 1948 o pobo de Baños de Bande encontrábase xa baixo as augas. Os seus habitantes foran reubicados en instalacións provisionais e unha corrente de expropiacións, repartos e reparcelacións sacudira a rexión. A revisión das Series A (1945-46) y B (1956-57) do Vóo Americano permítenos comprobar a magnitude física destes cambios, pero non só o espacio físico veuse alterado: da noite para a mañá, dinamitáronse as dinámicas socioculturais dun bo número de comunidades rurais.
Polo que respecta ao patrimonio arqueolóxico, as augas do embalse cubriton por complero o sitio de “A Cibdade”, así como boa parte do trazado da antiga vía Nova (ou XVIII) que unía Braga e Astorga. Ademis, a escasos metros de As Conchas encontrábase A Pontepedriña, unha antiga ponte romana fonte dunha rica tradición oral. A estructura fora declarada Histórico-Artístico e restaurada en 1944, pero iso no impediu a súa destrución. E despois, o silencio. O tempo encargouse de ir difuminando as cicatrices aínda visibles no territorio cara 1956 e pouco a pouco o rico patrimonio arqueolóxico local caeu no esquecemento.

Non será ata 1975 que se retomen as excavacións arqueolóxicas en “A Cibdade”. Baixo a direción de A. Rodríguez Colmenero, F. Herves Raigoso e S. Ferrer Sierra as intervencións prolongáronse ata a actualidade. Sabemos hoxe que en Bande existiu un forte romano de época altoimperial –o mellor coñecido de toda a península ibérica-, así como un importante núcleo civil. Trátase, con todo, de traballos non exentos de certo risco e incomodidade, pois dependen en boa medida do nivel das augas do embalse. As fotografías aéreas recentes amosan con claridade este punto.
Malia que a Fundación Aquae Querquennae-Via Nova desdenvolveu unha importante labor na conservación e posta en valor dos los restos arqueolóxicos da zona, a existencia do embalse dificulta calquera intento por desarrollar un proxecto ambicioso para o coñecemento da paisaxe arqueolóxica no seu conxunto. Ademais, monumentos como o de A Pontepedriña atópanse practicamente arrasados e as iniciativas para a súa recuperación saldáronse en fracaso. Afortunadamente, outros interesantes sitios arqueolóxicos da contorna, como os veciños castros de Lobosandaus ou Rubiás, no se viron afectados por este proceso e poderían axudarnos enormemente a comprender as transformacións vividas pola región coa chegada das tropas romanas.

