Publicacións

Unha nova mirada ás orixes

Páginas desdeCOSTA_GARCIA_NAILOS_3

No último número da revista Nailos, editada pola Asociación de Profesionales Independientes de la Arqueología de Asturias (APIAA), publicouse estes días un artigo do noso compañeiro Jose Costa sobre os campamentos de Castrocalbón/Castrucarbón (León).

1957
Os recintos de La Chana en 1957

A comezos dos anos sesenta do pasado século, mentres intentaba definir o trazado da vía XVII do Itinerario Antonino (Bracara AugustaAsturica Augusta), E. Loewinsohn detectou sobre la fotografía aérea de 1956-57 ata tres recintos campamentais e unha curiosa estrutura circular. Este notable descubrimento chamaría a atención doutros investigadores que, varias décadas despois, sobrevoarían o lugar logrando identificar un novo recinto. Deste modo, no denominado xacemento de La Chana non só se documentou a primeira agrupación de campamentos temporais, senón que foi ademais un dos primeiros lugares onde a fotografía aérea se contrastou como importante recurso para la arqueoloxía militar romana.

O xacemento de La Chana en tempos recentes.

O libre acceso ao importante catálogo fotográfico do Instituto Geográfico Nacional (IGN) permite agora revisitar este sitio e contrastar o potencia da fotografía aérea histórica e recente, das imaxes por satélite e do LiDAR. Os resultados son moi alentadores, pois non só foi posible estudar mellor as antigas estruturas, senón que foron descubertas outras novas.

Ademais, a aplicación de análises GIS (visibilidade, mobilidade), permite reabrir o debate sobre por que nesta localización tivo lugar esta concentración de campamentos ou que unidades militares puidéronse ver envoltas na súa construción.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *