Publicacións

A guerra invisible

28144335740_3505877b27_o
Imaxe por cortesía de TEDxGalicia (CC BY-NC-ND 2.0)

O pasado día 16 de xullo celebrouse na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o TEDx Galicia 2016. Coa temática “De que está feito o futuro?” o evento pretendía reflexionar acerca da importancia que teñen o pasado e o presente na configuración do futuro e, por tanto, da nosa propia responsabilidade no seu deseño. Durante toda a xornada, varias intervencións permitiron explorar variadas visións do cotiá, procurando abrir o enfoque que temos da realidade e intentando definir cara onde camiñamos como individuos e como sociedade.

28322422932_31aa828d36_o
Imaxe por cortesía de TEDxGalicia (CC BY-NC-ND 2.0)

Os nosos compañeiros Manuel Gago e Jose Costa foron invidados a participar nesta edición do TEDxGalicia co obxectivo de achegar un pasado que pode parecer remoto ao noso presente. Co título “A guerra invisible”, Jose Costa presentou algunhas das evidencias arqueolóxicas que nos permiten reconstruir un conflicto que dous mil anos atrás sacudiu o noroeste peninsular, transformando para sempre a súa paisaxe e plantando a semente do mundo no que vivimos.

28394640536_4962e24937_o
Imaxe por cortesía de TEDxGalicia (CC BY-NC-ND 2.0)

“Aculturación”, “colonialismo”, “conflicto asimétrico” son conceptos que se poden aplicar a eventos e procesos do pasado pero… todos eles naceron para describir eventos recentes. Deste xeito, Costa quixo ir máis aló dos datos arqueolóxicos, conectar fenómenos históricos e realidades presentes, para así reflexionar acerca de como directa ou indirectamente tamén nós somos partícipes da violencia no noso mundo actual, puidendo actuar a un tempo como vencedores e vencidos neste mesmo proceso.

Animámosvos a visionar o video da intervención e afondar nestas interesates cuestións.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *