Caderno de campo, Sitios

Romanarmy en acción: investigamos dous posibles campamentos en La Mesa

• Trátase dos recintos de El Xuegu la Bola (Arvechales, Somiedo) y Cueiru (Taxa, Teverga), ubicados a 1700 e a 1440 metros de altitude, sendo os sitios arqueolóxicos militares romanos a máis altitud da Mesa.
• No proxecto interveñen arqueólogos de diferentes institucións científicas españolas e europeas vinculados ao grupo romanarmy.eu
• A difusión dos achados farase en tempo real a través das redes sociais, nun experimento de divulgación científica

Comprobar a cronoloxía e a adscrición romana de dous importantes recintos militares da vía da Mesa, un dos principais itinerarios de entrada a Asturias desde hai miles de anos, é o principal obxectivo da campaña de prospección que se inicia este domingo e durará ata o luns 10 de outubro. Un equipo científico conformado por arqueólogos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC, das Universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, así como das universidades de Durham e Exeter (Reino Unido) e Amsterdam (Holanda) atópase xa sobre o terreo realizando as tarefas de prospección arqueolóxica. A dirección do proxecto é levada a cabo polos arqueólogos Andrés Menéndez Branco, José Manuel Costa e David González.

Divulgación en tempo real
Unha das principais novidades da campaña arqueolóxica é a vontade de difusión e retransmisión en tempo real dos traballos arqueolóxicos, aproximando desta maneira a metodoloxía e a práctica científica aos cidadáns. A comunicación realizarase nas redes sociais, no facebook de Roman Army (www.facebook.com/romanarmynw) e na web corporativa do grupo: www.romanarmy.eu e facilitará a todos os interesados seguir os avances en canto ao recoñecemento dos xacementos e á súa interpretación. A través de formatos didácticos, ensaiaranse novos procedementos e estratexias de comunicación científica dirixida ao público xeral.

Os campamentos
De confirmarse que estes campamento son romanos e pertencen á cronoloxía das Guerras Asturcántabras (26-16 a.C.), permitirían asentar a importancia da vía da Mesa como itinerario de penetración do exército romano durante a conquista do territorio actualmente asturiano. Esta vía de penetración non figura de maneira clara nas fontes romanas e pon en evidencia a importancia da arqueoloxía para entender as claves do conflito e o seu desenvolvemento.

Trátase de dúas áreas arqueolóxicas que en total compoñen un total de quince hectáreas e que os arqueólogos definen provisionalmente como castra aestiva, é dicir, xacementos ocupados durante un breve período de tempo polas lexións no transcurso das súas manobras de ocupación e conquista do territorio. Na vía da Mesa xa se localizaron outros xacementos de época romana dos cales se puido confirmar o seu levantamento por parte das lexións.

En concreto, os investigadores están a traballar en dous xacementos. O Xuegu a Bóla (Arvechales, Somiedo) atópase ao leste da vía da mesa, e a súa máxima altitude é de 1709 metros. Foi localizado a través do procesado de datos LIDAR da zona e trátase dun recinto de plan trapezoidal que ocupa unhas 10 hectáreas.

O castra aestiva de Cueiro, localizado en Taxa (Teverga) está a controlar un paso estreito da vía da Mesa e consta de dous recintos. O maior, de cinco hectáreas, contén un recinto máis pequeno, de 1,5 hectáreas, que presenta un característico acceso en clavícula, moi habitual nestes xacementos.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *