Un teatro de operacións no occidente astur durante as Guerras Cántabras

A nosa investigación amosa unha especial concentración de campamentos militares no occidente asturiano,seguindo os mesmos patróns de emprazamento que nos escenarios localizados en Cantabria e no oriente asturiano. Aínda que a bibliografía e as fontes históricas son moi parcas á hora de falar de escenarios bélicos nesta zona do occidente asturiano, as evidencias parecen indicar a existencia dunha vía de penetración que pode estar asociada ás Guerras Cántabras e á postguerra posterior.

O xeito máis cómodo de avanzar polo territorio asturiano é a través de determinadas sierras alongadas e de cimeiras pouco destacadas. É o caso da serra que se desenvolve desde o interior da provincia de Lugo ata a desembocadura do río Navia. Estas condicións foron aproveitadas polo exército romano para transitar polos seus cumes, como proban os tres castra aestiua localizados que poderían formar parte dunha liña de avance do exército durante as Guerras Astur-cántabras.

O Chao de Carrubeiro (Bual, Asturias) levántase sobre un chan a 917 metros de altitude. Ten unha planta con forma de naipe alterada únicamente por dous retranqueos destinados a salvar unha pequena vaguada e pecha 5,5 ha. As defensas, compostas por un potente noiro terreo, conservan tres accesos con clauicula.

A Pedra Dereta (Bual, Asturias) sitúase sobre unha ampla chaira elevada sobre o conxunto da serra. Ten unha planta menos regular que O Chao de Carrubeiro e peor conservada pola intensa actividade gandeira. As liñas rectas e esquinas curvas conforman o perímetro en tres dos seus lados, mentres que no Leste parece terse desenvolvido unha prolongación co fin de ter acceso a un manantial.

O Pico o Outeiro (Taramunde / Vilanova d’Ozcos, Asturias) foi afectado pola erosión do terreo e a intensa explotación forestal do lugar. Entre os elementos documentados cóntanse dous dos catro lados que tiña, compostos por un noiro terreiro e unidos por un esquinal curvo. No interior atópase outro recinto menor, un posible castellum duns 2.000 m².

Aos tres campamentos súmase unha liña en Cildadeya (Vilanova d’Oscos, Asturias) que corta o tránsito da sierra entre A Pedra Dereta e O Pico o Outeiro. Trátase dun noiro e foxo que aproveita un paso estreito entre unha zona rocosa escarpada e un regato natural para bloquear o camiño. A falta de materiais diagnósticos descoñecemos a súa cronoloxía.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*