Unha vía de penetración do exército romano ao territorio galego

Detectamos unha potencial vía de penetración das lexións romanas no territorio da actual Galicia. Isto é historiograficamente moi relevante, porque os campamentos romanos escavados ata o momento en Galicia corresponden a fases posteriores ao escenario de conquista do noroeste. Nesta vía de penetración podemos identificar cinco campamentos, dos cales catro están na Galicia actual.

O primeiro dos campamentos é Valboa, no Bierzo, moi próximo a Villafranca, sobre a vía tradicional de acceso a Galicia.

Unha posible base loxística romana en Sarria

Como se ten detectado noutros puntos da Península, o exército romano podía empregar de forma reiterada un espazo en diferentes campañas ou acoller máis dun campamento, se ese lugar encaixaba no seu escenario táctico. A Chá de Santa Marta, entre Láncara e Sarria, constitúe un conxunto arqueolóxico único en Galicia, con alomenos tres posibles campamentos romanos no punto de saída das montañas orientais de Galicia. Puido ter funcionado como base loxística e de agrupación de tropas.

Os tres campamentos de A Chá de Santa Marta na foto aérea de 1956

Afrontando o cruce do río Miño

O campamento de Monte dos Trollos (O Páramo, Lugo) está ubicado nunha posición estratéxica, no alto dunha lomba, e xusto nas proximidades dun vado natural do río Miño. A súa distancia con respecto a A Chá de Santa Marta é exactamente a un día de camiño.

One Comment

  1. Sempre pensei que a tradicional historia que deixaba a conquista de Galicia para Xulio Cesar no 60 ac. non tiña muito sentido. A intención histórico politica de asturianos e cantabros en apropiarse eles sos do “mérito” da derradeira defensa contra a invasión romana esta, agora, a ser reconsiderada grazas aos esforzos de Mgago e outros estudosos. Campamentos da època da conquista xa estan aparecendo, agora falta intentar o esclarecemento do mito do monte Medulio que agora rexurde das suas cinzas e merece novos esforzos e investimentos.
    Obrigado a todolos investigadores polo seu esforzo e xenerosidade.

    Reply

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*