Stories

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024. Sete novos posibles recintos arqueolóxicos de carácter temporal converten a Lugo na provincia galega con maior número de restos arqueolóxicos vinculados ás actividades do exército romano. Así o sinala a publicación “Entre valados e piñeirais. Achegas arqueolóxicas ao coñecemento da presenza militar romana na Galicia Nororiental”, que un equipo de arqueólogos e investigadores do colectivo romanarmy e diferentes universidades acaba de publicar no último número (33) da revista Croa, editada polo Museo do castro de Viladonga. A investigación está  liderada polo arqueólogo Andrés Menéndez-Blanco (Universidade de Oviedo). 

Ortofoto do voo americano e modelo dixital a partir de datos LiDAR do campamento de A Costa / Outeiro de Arcillá (Cospeito).

A publicación agrupa os novos achados en dous grupos, aqueles xacementos que ofrecen unha “fiabilidade alta” e os que se consideran “indicios probables”. Entre os primeiros, atópanse os recintos coñecidos como O Vedro da Fame (A Ermida, Riotorto), A Costa (Arcillá, Cospeito) e As Pardellas (Guillarei, Friol). No segundo grupo, sitúanse o Monte Endemil (San Xoán do Mato / Saa, Palas de Rei), Penoucos (Fonfría / Barbeitos, A Fonsagrada), O Campo da Matanza (O Cádavo, Baleira) e A Lagúa (Airexe, Baleira / Pereira, Castroverde). A diferencia entre os de ‘fiabilidade alta’ e os ‘indicios probables’ é en primeiro lugar o seu grao de conservación, que nos primeiros é máis elevado e poden ser encadrados e comparados con outros campamentos ben coñecidos. No segundo caso, a gran intensidade das tarefas agrícolas sobre as estruturas e o grao de degradación do xacemento impide ter o mesmo nivel de certeza, pero os investigadores dannos a coñecer “pola necesidade de recorrer a elementos cada vez menos conspicuos dentro do rexistro arqueolóxico para responder ás nosas pregunta de investigación”. 

A maior parte dos autores da publicación son membros do colectivo romanarmy.eu, un equipo arqueolóxico enfocado na investigación e difusión da presenza militar romana no noroeste peninsular, pertencentes a diferentes universidades.Así, xunto a Andrés Menéndez-Blanco, asinan o artigo José Manuel Costa-García (Universidade de Salamanca), João Fonte (University of Exeter), Manuel Gago Mariño (Universidade de Santiago de Compostela), Víctor Vicente García (Veterum Arqueólogos, S.L.) e Pablo López Fernández (arqueólogo). 

Plantas de

Un dos meirandes campamentos de Galicia 

Aínda que o grado de evidencia que teñen os diferentes sitios arqueolóxicos é distinto, os investigadores consideran que estes campamentos seguen a morfoloxía que xa foi documentada noutros recintos militares romanos do noroeste, e que é o resultado da aplicación dun módulo rectangular regular á topografía do lugar no que se establecen. Os xacementos poden clasificarse en dúas categorías que son relativamente abundantes no rexistro arqueolóxico galego: os grandes recintos que rondan ou superan as 10 hae outros campamentos de tamaño medio que se atopan ao redor das 5 ha . Entre os primeiros destaca Vedro da Fame (A Ermida, Riotorto), que con 14 hectáreas de tamaño é un dos meirandes de Galicia. Conta, ademais, con varios lenzos defensivos que definen un anexo na ladeira oeste de 2,6 ha. Polo momento descoñécese se estas defensas foron construídas no mesmo momento ou definen varias cronoloxías. Este feito convirte ao Vedro da Fame nun caso único no noroeste peninsular. 

Datos relevantes para novas interpretacións

Os achados achegan “datos relevantes para o desenvolvemento de novos marcos interpretativos” que nos permiten comprender os movementos do exército romano na actual Galicia. En concreto, os recintos de Penoucos (A Fonsagrada) e Campo da Matanza (O Cádavo, Baleira) inciden na abundancia de fortificacións romanas de campaña entre as montañas orientais de Galicia e o occidente asturiano. O longo val de Baleira puido ter “un papel central nos desprazamentos do exército romano a través do oriente lugués en sentido norte-sur”. O outro conxunto de xacementos, situados ao oeste do río Miño , “presentan máis dificultades interpretativas” pero tamén poden indicar o control de vías de comunicación e, sobre todo, cambian a distribución dos campamentos romanos en Galicia. “Comeza a diluírse a imaxe de dúas ‘illas’ ou concentracións afastadas”, explican os autores, “e os xacementos de A Costa (Cospeito), O Alto das Pardellas (Friol) e O Monte Endemil (Palas de Rei), xunto con outros localizados recentemente, enchen este espazo baleiro do occidente lugués e o oriente coruñés, apuntando a unha distribución máis homoxénea dos sitios en toda Galicia”. 

Os investigadores destacaron tamén que máis aló das hipóteses relativas ás rutas e direccións, “a presenza de poboados fortificados na contorna destes recintos tampouco pode ser ignorada á hora de interpretar as súas motivacións. Aínda que non temos evidencias de asaltos ou asedios a castros nas áreas galega e asturiana, os indicios de interrelacións entre poboados indíxenas e campamentos son cada vez máis numerosos”. 

Novos achados en amarelo: (1) A Costa, (2) As Pardellas, (3) O Monte Endemil, (4) Penoucos, (5) O Campo da Matanza, (6) A Lagúa e (7) O Vedro da Fame.

Sitios en vías de desaparición

Os investigadores alertan de que todos os recintos localizados están “moi alterados por unha acción humana continuada. Nunha paradoxal carreira, conforme dispoñemos de tecnoloxías e metodoloxías aplicadas que permiten a detección destes xacementos tan pouco visibles na paisaxe, os procesos de destrución destes sitios tamén se vai acelerando. Xunto co impacto da agricultura tradicional, nas últimas décadas os procesos de concentración parcelaria, de reforestación ou de construción de parques eólicos teñen sido críticos para moitos sitios”.  Todos os sitios descubertos foron notificados formalmente á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, instando á súa catalogación e, xa que logo, protección. 

Sites, Stories, Publications

► Podría estar vinculado al asedio de la ciudad ástur de Lancia, hasta el momento sin evidencias arqueológicas.

► Las investigaciones se desarrollaron en los años 2020-21, pero han visto ahora la luz tras un exhaustivo proceso de revisión científica.

Oviedo/Uviéu, 7 de diciembre de 2023. Un recinto militar de gran tamaño, con capacidad entre 13.000 y 18.000 soldados, ha sido identificado recientemente en las proximidades de Villacete (Valdefresno, León). Con 28 ha de superficie, se trata de “uno de los mayores campamentos militares reconocidos hasta el momento en el noroeste peninsular”, señalan los investigadores Andrés Menéndez Blanco (Universidad de Oviedo), Víctor Vicente García (Veterum Arqueólogos) y João Fonte (Universidad de Exeter). El campamento romano, localizado a partir de diferentes técnicas de teledetección, puede estar vinculado al asedio del próximo yacimiento de El Castro (Villasabariego, León), identificado por diversos autores como la ciudad de Lancia de los ástures. El hallazgo, junto con otros cinco campamentos inéditos, acaba de ser publicado en el artículo: “De las fuentes escritas a las técnicas de teledetección: aportaciones sobre la presencia del ejército romano en la cuenca del Esla (León y Zamora)”, disponible en el número 21 de la revista Studia Historica. Historia Antigua de la Universidad de Salamanca [link].

Continue Reading
Sites, Stories, Sites

Castro do Couto de San Sebastián (superior) e O Castrillón (inferior)

Un equipo de arqueólogos está a traballar esta semana no xacemento de O Castrillón (San Xoán de Fontes Rosas-Santa María de Loxo, Touro), unha singular fortificación con características únicas no ámbito galego, e que os investigadores consideran que pode estar vinculada ao exército romano. A campaña, que durará toda esta semana, pretende facer sondaxes avaliativas que permitan aproximar a súa cronoloxía e a potencial vinculación con unidades militares romanas, así como a súa posible relación co veciño castro do Couto de San Sebastián. A intervención arqueolóxica está coordinada polo profesor José Manuel Costa García, da Universidade de Salamanca e membro do colectivo de investigación Romanarmy, e executada pola empresa Tempos Arqueólogos. Trátase da segunda das actuacións do proxecto “Roma no Finis Terrae”, unha iniciativa financiada pola área de Cultura da Deputación da Coruña para coñecer como se produciu a penetración de Roma no noroeste da Península a través do estudo de varios xacementos localizados nos últimos anos. A intervención no Castrillón conta tamén coa colaboración do Concello de Touro.

Un xacemento atípico

O primeiro que destaca en O Castrillón é a súa estrutura atípica, notablemente distinta dentro do abundante conxunto de xacementos fortificados de diferentes épocas que se conservan na provincia da Coruña. O Castrillón ocupa a zona alta dun outeiro definido ao leste polo Rego das Pucheiras. Conta con dous recintos ben definidos que ocupan en total pouco máis dunha hectárea. O cumio do outeiro está achairado artificialmente e cinguido por unha estrutura que delimita un pequeno recinto de forma oval. Adicionalmente, destaca outro recinto que, partindo da base desta acrópole, se estende ao norte ao longo da zona máis alta do outeiro.

O xacemento de O Castrillón ten paralelos no norte da Península, onde foron identificados pequenos postos militares romanos cunha estrutura similar, e vinculados ao control de amplas zonas do territorio. Coñecidos na literatura científica como castella (en singular castellum), este sería o primeiro recinto destas características investigado na Galicia occidental. Diferéncianse dos máis coñecidos campamentos temporais romanos polo seu pequeno tamaño e por estaren concibidos para o establecemento dunha guarnición reducida que busca controlar un territorio e as súas comunicacións. Outro elemento singular de O Castrillón é a súa proximidade ao prominente castro do Couto de San Sebastián, probablemente ocupado durante a Idade do Ferro. Ambas as dúas fortificacións están apenas separadas polo Rego das Pucheiras, se ben o castro aséntase atópase a máis de cen metros de altitude por riba do recinto estudado.

A través da prospección e escavación de sondaxes arqueolóxicas, a campaña tentará coñecer máis en profundidade a fortificación, as estruturas que integraban as súas defensas e achegarse na medida do posible á cronoloxía da súa construción. Con independencia da súa orixe romana ou noutro período, a investigación permitirá enriquecer o coñecemento arqueolóxico das fortificacións da provincia da Coruña, unha área especialmente abundante en recintos fortificados dos que O Castrillón representa un novo modelo con características propias.

Visita guiada

O venres ás 17 horas, como paso previo ao peche de campaña, realizarase unha visita guiada e explicación dos traballos por parte do equipo de arqueólogos. A visita é gratuíta e non é preciso inscrición previa. O punto de encontro será nesta localización. A visita debe realizarse con calzado pechado e pode ser cancelada de acordo coas previsións metereolóxicas.

Un plan máis amplo

O Castrillón será o segundo dos recintos investigados dentro do proxecto “Roma no Finis Terrae”, a través do que se busca coñecer como foi a chegada militar de Roma ao occidente de Galicia, no territorio da actual provincia da Coruña. En xullo, o equipo de investigadores tamén interviu no xacemento de Santa Baia (Soandres, A Laracha), confirmando a existencia dun campamento romano que inclúe no seu interior un castro previo da Idade do Ferro. O proxecto está financiado pola Deputación da Coruña.

Sites, Stories, Sites

Los trabajos dieron comienzo el día 08/08/2023

El equipo de arqueólogos dirigidos por Jesús García Sánchez (Instituto de Arqueología, Mérida-CSIC-Junta de Extremadura) y José Manuel Costa-García (Universidad de Salamanca) vuelve a investigar el pasado de la comarca segisamonense por séptimo año consecutivo. Esta intervención, financiada por la Diputación de Burgos y los ayuntamientos de Sasamón y Olmillos de Sasamón, que se desarrollará entre los días 8 y 26 de agosto, tiene como objetivo prioritario estudiar el poblamiento romano en la zona desde sus inicios en el siglo I a.C. hasta sus momentos finales en los siglos IV-V d.C.

Como principal novedad, se retomarán las excavaciones arqueológicas sistemáticas en centro de Sasamón, el corazón de la antigua Segisamo, tras las campañas desarrolladas por Jose Antonio Abásolo en la década de 1970. Desde entonces solo se habían realizado controles y seguimientos arqueológicos puntuales en diversos solares de acuerdo con los supuestos contemplados por la Ley 12/2002, de 11 de julio, de Patrimonio Cultural de Castilla y León , el Decreto 37/2007, de 19 de abril, por el que se aprueba el Reglamento para la protección del Patrimonio Cultural de Castilla y León y la declaración de Sasamón como Conjunto Histórico por la Junta de Castilla y León en 2020.

En los últimos años, el equipo dirigido por García Sánchez y Costa García ha hecho uso de distintas técnicas de teledetección –incluyendo drones– y de prospección geofísica –en particular, georradar– con el objetivo de obtener una planimetría precisa de las ruinas de la ciudad romana todavía existentes en el subsuelo de la localidad. La prospección geofísica con georradar y magnetómetro es un método en auge, pues permite obtener imágenes tridimensionales del subsuelo sin necesidad de excavaciones, para así identificar estructuras soterradas. De este modo, es posible reconocer las trazas del antiguo callejero o las plantas de algunas edificaciones romanas.

Continue Reading

Sites, Stories, Sites


Foxo do campamento romano

A intervención arqueolóxica no castro e campamento romano de Santa Baia (Soandres, A Laracha) encamíñase ao seu peche confirmando a hipótese de partida do equipo de investigación: a existencia dun campamento romano de posible carácter temporal no monte de Santa Baia. Os investigadores practicaron unha sondaxe nunha das zonas nas que as estruturas defensivas -pensadas para protexer un continxente militar durante un curto período de tempo- parecían mellor preservadas. A escavación confirmou a existencia dunha estrutura defensiva en integrada por un terraplén interior e un foxo exterior. A intervención arqueolóxica está coordinada polo profesor José Manuel Costa, da Universidade de Salamanca e membro do colectivo de investigación Romanarmy, e executada pola empresa Tempos Arqueólogos. É a primeira das actuacións do proxecto “Roma no Finis Terrae”, unha iniciativa financiada pola área de Cultura da Deputación da Coruña para coñecer como foi a penetración de Roma no noroeste da Península a través do estudo de varios xacementos localizados nos últimos anos. A intervención en Santa Baia conta tamén coa colaboración do concello da Laracha.

O sistema defensivo romano

O sistema defensivo descuberto envolve un recinto de cinco hectáreas que comprende a zona superior do monte de Santa Baia. As estruturas escavadas son características dos campamentos temporais romanos. Destaca a construción dun estreito foxo nunha zona que, de seu, xa é unha forte pendente natural. Os arqueólogos interprétano como un reforzo para as condicións defensivas do recinto ante posibles ataques. Tamén foi localizada a base dese terraplén vencido por esa forte pendente, e os investigadores mesmo poden detectar como foi preparado o terreo por parte dos militares para o levantamento do parapeto. O recinto ten un acusado nivel de degradación e, de feito, é case inapreciable a simple vista por mor da vexetación. Só o uso de novas tecnoloxías de exploración do territorio facilitou a localización do recinto.

Comprender a cronoloxía do recinto

Os investigadores céntranse agora en obter mostras de material que permitan a datación da construción do recinto militar romano, pero tamén do castro que se localiza no seu interior e que converten a Santa Baia nun caso único en Europa. De feito, parte da intervención exhumou a muralla do castro co obxectivo de poder tomar mostras da fundación deste recinto defensivo, posiblemente da Idade do Ferro. En colaboración co Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural e Xeolóxico da Universidade da Coruña, diferentes mostras van ser tomadas tanto no terraplén e foxo do recinto romano como no interior da muralla do castro para realizar datacións por luminiscencia opticamente estimulada (OSL). O obxectivo é coñecer as datas fundacionais dos dous recintos e poder avanzar no establecemento dun marco cronolóxico para o campamento romano. Santa Baia é parte do pequeno conxunto de campamentos romanos localizados no occidente coruñés. Coñecer en que momento o exército romano chegoua á costa atlántica galega ten unha gran relevancia para comprender o proceso de integración do noroeste ibérico no Imperio. Determinar a cronoloxía tamén permitirá ver a relación que pode existir entre estes campamentos romanos do occidente coruñés e as diferentes incursións e campañas militares descritas polas fontes romanas.

Ao tempo, os investigadores están tentando avanzar en comprender cal é a relación entre o castro ártabro localizado no alto do outeiro e o campamento que o envolve. Estaba o castro de Santa Baia habitado no momento no que os romanos establecen o seu campamento? Ou era un recinto anterior ou posterior ao campamento?

Novas intervencións

O proxecto continuará nos vindeiros meses con outras intervencións arqueolóxicas noutros recintos militares romanos da provincia da Coruña. Romanarmy irá comunicando as datas das novas campañas conforme se vaian pechando as datas concretas das intervencións.

Sites, Sites

Un equipo arqueolóxico intervirá ao longo de toda esta semana e ata o luns 31 de xullo no conxunto do monte de Santa Baia (Soandres, A Laracha). O proxecto ten por obxectivo estudar as estruturas defensivas do campamento romano, avanzar na súa caracterización e explorar a relación entre esta fortificación militar e o castro que se atopa situado no alto do mesmo interior monte. A intervención arqueolóxica desenvolverase baixo a coordinación cientifica do profesor da Universidade de Salamanca José Manuel Costa García e será executada pola empresa Tempos Arqueólogos. Trátase da primeira acción do convenio subscrito entre a Deputación da Coruña e a Universidade de Salamanca para investigar e difundir varias fortificacións temporais romanas da provincia da Coruña ao longo de 2023. A intervención conta tamen coa colaboración do concello da Laracha.

O campamento romano de Santa Baia foi publicado por primeira vez en 2019 polo colectivo de investigación Romanarmy, quen detectou a existencia de estruturas defensivas compatibles cos asentamentos temporais romanos a través do uso de tecnoloxías non invasivas de análise do territorio. O recinto campamental ten unha extensión de cinco hectáreas, superficie que permite estimar unha ocupación de entre 2500 e 3500 soldados. A particularidade deste campamento temporal, e que o fai tan interesante para a investigación, é que comprende no seu interior un castro enteiro da Idade do Ferro. Aínda que o exército romano reocupou antigas fortificacións da Idade do Ferro ao longo de Europa, en todos os casos os fortes romanos establecéronse no interior dos poboados indíxenas. O de Santa Baia é o único caso coñecido ata o momento no que sucede o contrario: un campamento romano envolve completamente o castro. Precisamente a campaña arqueolóxica terá tamén como un dos obxectivos entender a relación entre as dúas fortificacións.

Os investigadores aplicarán en Santa Baia distintas técnicas tanto de prospección, sondaxes arqueolóxicas como o uso de tecnoloxías non invasivas de exploración do subsolo, coma o gradiómetro, co obxectivo de detectar estruturas e elementos xa non percibibles en superficie ou a simple vista.

Visita guiada

O sábado 29 de xullo celebrarase unha visita guiada para todas as persoas interesadas, ás 11.30 h. da mañá, de carácter gratuíto e sen inscrición previa. As persoas interesadas deberán seguir as indicacións proporcionadas nas redes sociais de Romanarmy (Facebook: @romanarmynw; Twitter: @RomanArmy_eu; Instagram: @romanarmy.eu) para coñecer a localización do punto de partida da visita.

Stories

Romanarmy.eu volve a Penedo dos Lobos para coñecer a ocupación do campamento romano

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022. Un equipo arqueolóxico está xa a investigar no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), co obxectivo de obter datos que permitan coñecer como foi construído e avaliar o impacto das agresións practicadas por furtivos con detectores de metais observados no xacemento. A campaña está promovida pola Universidade de Salamanca, baixo a dirección cientifica do profesor desa universidade José Manuel Costa, que comparte co investigador João Fonte (Universidade de Exeter). A dirección técnica dos traballos está a cargo de Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueológos). A campaña prolongarase ata este venres 9 de setembro. A intervención está financiada por Turismo de Galicia e conta coa colaboración do concello de Manzaneda e o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit).

O campamento romano de Penedo dos Lobos está localizado a 1483 metros de altitude, sendo un dos campamentos romanos a maior altura no actual territorio galego. Atópase moi próximo, a penas 2,5 km, á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. Conta cunha superficie de 2,34 hectáreas, o cal peok
rmite estimar que foi construído para unha unidade militar de entre 800 e 1000 soldados. Considérase un campamento de marcha, é dicir, un recinto militar construído durante o avance da columna militar, non estable e ocupado durante moi pouco tempo. A intervención practicada por romanarmy.eu en 2018 permitiu localizar materiais asociados aos militares romanos que permitiron propoñer unha cronoloxía contemporánea ás Guerras Cántabras (29-19 a.C.), levadas a cabo por Roma para controlar as áreas aínda non dominadas na Península Ibérica. A identificación do campamento romano tivo un gran impacto no mundo académico e en medios internacionais, achegando unha nova visión para comprender a presenza do exército romano no actual territorio galego.

Información para unha potencial posta en valor

A intervención arqueolóxica que se está levando a cabo en Penedo dos Lobos está a practicar sondaxes na muralla do recinto militar, co obxectivo de determinar o seu procedemento construtivo. Os investigadores buscan coñecer as técnicas defensivas do exército romano nesta zona do Noroeste peninsular, pero tamén compilar datos para unha potencial posta en valor futura do xacemento. Entre os obxectivos, a obtención de mostras que permitan datar de xeito máis preciso o campamento romano. Trátase dunha continuación da primeira campaña levada a cabo por romanarmy.eu no recinto en 2018, e que permitiu a identificación do xacemento.

Coñecer o impacto do expolio do xacemento

Así mesmo, a través de diferentes técnicas de análise do subsolo búscanse estruturas actualmente invisibles ou a localización de materiais. De feito, un dos obxectivos da campaña é estimar o impacto dos detectoristas de metais, furtivos que prospectaron ilegalmente o xacemento á procura de material arqueolóxico. Estas practicas delituosas están a aumentar nos últimos anos e supoñen un grave atentado contra o patrimonio cultural debido ao roubo de pezas e a destrución de valiosa información de contexto.

Un xacemento excepcional

O campamento romano de Penedo dos Lobos conserva as portas orixinais de acceso ao recinto. Estes accesos, chamados “en clavícula” polo sistema de defensa co que contaban, son propios dos recintos do exército romano. E mesmo nun caso, a porta dianteira (o acceso sur) esta porta ten unha forma inédita nos campamentos de marcha europeos.

O outro elemento excepcional é que se trata dun dos poucos campamentos romanos de marcha vinculados á conquista do norte de Hispania que está construído en pedra. Os soldados botaron man do abundante material granítico da zona para construír as defensas. Isto, xunto co illamento da zona e o seu uso unicamente gandeiro, permitiu que o campamento se atope nun estado de conservación único, e que todo o sistema defensivo sexa facilmente apreciable mesmo para público non experto, aspecto que é difícil en xacementos peor preservados. Cómpre ter en conta que estamos falando de recintos habitados unicamente durante uns días hai máis de dous mil anos.

O campamento fora descuberto por un veciño da comarca, Rubén F. Lorenzo Pérez, quen comunicou o colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta montaña de peculiares características.

Stories

Investigadores de romanarmy.eu estudian la fortificación a mayor altitud de la provincia de Pontevedra

Santiago de Compostela, 13 de junio de 2022. Arqueólogos del colectivo romanarmy.eu desarrollan desde hoy una campaña de prospección arqueológica en el yacimiento arqueológico a mayor altura de la provincia de Pontevedra, el Castelo do Faro, en Covelo. Localizado a 1148 metros de altitud en las cercanías del Faro de Avión, los investigadores prospectarán la gran fortificación con distintas técnicas (incluyendo la geofísica) y estudiarán en detalle sus estructuras mediante sondeos arqueológicos. La campaña de intervención arqueológica está promovida por el ayuntamiento de Covelo con una subvención para actuaciones arqueológicas de la Diputación de Pontevedra. Su director científico es el profesor de la Universidad de Salamanca y arqueólogo José Manuel Costa García, comandando un equipo en el que participa João Fonte, arqueólogo de la Universidad de Exeter (Reino Unido), Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos) o el profesor de la Facultade de CC. da Comunicación Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela). La campaña durará hasta el viernes 17 de junio.

El recinto fue descubierto por el colectivo romanarmy.eu con técnicas de teledetección y comunicada su existencia a la Dirección Xeral Patrimonio de la Xunta de Galicia en 2020. El yacimiento tiene una planta de tendencia ovalada, conformada por una muralla construida con piedra granítica local ocupando un área de alrededor de las cinco hectáreas. La muralla se adapta a la topografía local, ciñendo un amplio perímetro interior que no parece corresponderse con el parcelario agrario de la zona. Un aspecto particular de la muralla es la existencia de unas singulares estructuras cuadrangulares adosadas al muro,de función desconocida y sin paralelos conocidos en otros recintos fortificados.

Avanzar en el conocimiento de los recintos en altura

Gracias a los avances tecnológicos y a las nuevas líneas de conocimiento de la arqueología europea, en los últimos años se han localizado a lo largo de Galicia numerosos recintos fortificados en altura hasta el momento desconocidos o poco investigados. La cronología y adscripción cultural de la mayor parte de ellos es una incógnita, constituyendo uno de los principales desafíos científicos en la identificación de sitios arqueológicos en Galicia. Una de las hipótesis de trabajo de romanarmy.eu en relación a Castelo del Faro es que pueda tratarse de una fortificación romana de carácter temporal, debido a sus dimensiones, a su morfología y a la cercanía la otros recintos fortificados de época romana que se encuentran justo al sur, con la frontera con Portugal y el río Miño de por medio.

“Con todo, la investigación podrá darnos datos que nos indiquen que el yacimiento es de otra cronología diferente a las que nosotros investigamos preferentemente, y eso es muy relevante, porque servirá para avanzar en el conocimiento general sobre estos recintos. Queremos compartir este conocimiento con otros equipos de investigación”, señaló José Manuel Costa García, profesor de arqueología de la Universidad de Salamanca y director científico de la intervención. El equipo de romanarmy.eu empleará una metodología que combina distintas técnicas de detección remota con otras acciones más convencionales sobre el terreno. Desarrollada a partir de intervenciones en otras fortificaciones temporales romanas, esta aproximación permite recabar el mayor número de evidencias arqueológicas y muestras fiables para la datación y estudio de las estructuras.

Puesto que no fue identificado como estructura arqueológica hasta el momento, el Castelo do Faro se encuentra considerablemente afectado por un parque eólico, que destruyó partes significativas del interior del recinto. La pista de acceso afectó también partes de la muralla perimetral del recinto.


Estructuras cadrangulares asociadas a la muralla

Difusión del proyecto
Como es habitual en el proyecto romanarmy.eu, los investigadores emplearán las redes sociales del colectivo para hacer difusión en tiempo real de las novedades de la campaña arqueológica directamente desde el yacimiento. De este modo, el miércoles 15 a las 11 h. se realizará una conexión en directo a través de Facebook desde el recinto arqueológico -localizado en zona de alta montaña- para dar cuenta de los avances, y los próximos días también se suministrará información con las novedades.

Sites, Stories

► This is the fifth year of archaeological campaigns in Sasamón, Olmillos de Sasamón and Villasandino.

► Archaeologists had previously documented by aerial photography and other non-invasive methods several structures surrounding the castro (hillfort) for at least 6 km, as well as several possible Roman camps.

► On-field surveys and excavations at the site have uncovered the defences built by the Romans to form this great display of military engineering, as well as the remains of Roman soldiers’ equipment.

Olmillos de Sasamón, Burgos, 13 September 2021. 

The team of archaeologists led by Jesús García Sánchez (Institute of Archaeology, Mérida-CSIC) and José Manuel Costa-García (University of Salamanca) has concluded its fifth annual campaign of surveys and excavations in the region of Sasamón. This intervention, financed by the Diputación de Burgos and the town councils of Sasamón, Olmillos de Sasamón and Villasandino, has studied a series of archaeological remains documented by aerial prospecting around the Cerro de Castarreño (Olmillos de Sasamón) and which would have formed part of a Roman siege scenario.

Double line of ditches documented from the air by drones

Continue Reading