Historias


Detalle da sondaxe 2.  Foto: Era-Arqueologia.

► Os resultados das datacións absolutas da muralla do recinto por OSL sitúan a súa fundación ao redor do século II a.C.
► Ata o momento, Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), o campamento romano máis antigo, estaba datado na época das Guerras Cántabras (29 a.C. – 19 a.C.). Esta datación confirma as operacións militares romanas en Gallaecia cen anos antes.
► As datacións coinciden coas primeiras incursións do exército romano no territorio citadas nas fontes clásicas, das cales a máis coñecida é a campaña de Decimo Xuño Bruto, o Galaico, no 137 a.C.

Santiago, 1 de xuño de 2021. O campamento romano de Lomba do Mouro (Verea, Ourense – Melgaço, Portugal) non só é o recinto fortificado militar romano máis grande de Galicia e o norte de Portugal, senón tamén o máis antigo. Foi levantado durante o desprazamento dun enorme continxente de tropas romanas -de aproximadamente 10.000 soldados- que atravesaba a serra do Leboreiro e que o ergueron como fortificación temporal. Así o sinalan as datacións absolutas do momento fundacional das murallas do recinto, obtidas coa técnica da datación por luminiscencia ópticamente estimulada (OSL), e que sitúan a edificación das dúas liñas da muralla probablemente ao redor do século II a.C. Isto converte a Lomba do Mouro no campamento máis antigo identificado cientificamente ata o momento en Galicia e norte de Portugal e pode conectar a súa construción coas primeiras campañas militares romanas en Gallaecia, segundo narran os historiadores romanos. As análises foron realizadas polo grupo de investigación C2TN (Center for Nuclear Sciences and Technologies) do Instituto Superior Técnico da Universidade de Lisboa.
Cun tamaño superior ás 20 hectáreas, Lomba do Mouro foi descuberto a través do uso das novas tecnoloxías de análise do territorio por parte do colectivo de investigación romanarmy.eu e foi obxecto dunha intervención arqueolóxica en setembro de 2020. A campaña estivo liderada polo arqueólogo da Universidade de Exeter João Fonte como parte do proxecto europeo Finisterrae financiado pola Comisión Europea a través dunha bolsa individual Marie Skłodowska-Curie (grant agreement 794048).

O campamento máis antigo
A campaña arqueolóxica confirmou a existencia de dúas liñas de muralla de pedra que puideron ser ben caracterizadas, incluíndo elementos defensivos singulares, como as ‘pedras fincadas’ ou ‘cabalos de frisia’, un sistema para deter o avance da cabaleiría ou as tropas do exército inimigo. Foi durante esta campaña cando puideron ser obtidas mostras de sedimentos que podían ser analizados. A través da luminiscencia, pode datarse o último momento no que os cristais de cuarzo estiveron expostos á luz solar e, polo tanto, o momento no que foron soterrados baixo unha estrutura. A media das datacións permitiu aos investigadores obter o dato fundacional do século II a.C.

Aínda que nos últimos anos romanarmy.eu ten localizados numerosos campamentos militares no noroeste peninsular, a súa datación é moi complexa. Debido a que son recintos de campaña, atópanse neles moi poucas evidencias materiais ou orgánicas que permitan obter unha datación con validez científica. Ata o momento, o campamento romano máis antigo datado -tamén excavado por romanarmy.eu- era o de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), no que puideron ser localizadas moedas que vinculaban ese recinto coas campañas bélicas coñecidas como as Guerras Cántabras (29 a.C.-19 a.C.), coas que o emperador Octavio Augusto finalizou o proceso de conquista de Hispania. Lomba do Mouro foi construído cen anos antes que Penedo dos Lobos.

Un relato épico da conquista
As datacións de Lomba do Mouro sitúan o xacemento nun contexto histórico coñecido polas fontes clásicas: a crecente presión de Roma sobre o noroeste peninsular e o primeiro avance das súas lexións para someter o territorio dos galaicos. Deste contexto de confrontación, o episodio máis coñecido é a campaña levada a cabo no 137 a.C. polo cónsul romano Décimo Xuño Bruto, que se internou con dúas lexións en Gallaecia, cruzando os ríos Douro e Limia e alcanzando o Miño. Foi no río Limia onde as fontes clásicas narran o lexendario episodio do Río do Esquecemento. As dúas datacións absolutas da muralla, xunto coas grandes dimensións do recinto, apoian a hipótese de que o campamento puido ser levantado por un continxente vinculado a estes momentos, aínda que debido ao grao de incerteza das datacións é difícil facer por ahora unha asociación directa co episodio de Decimo Xuño Bruto. Polo seu éxito na campaña militar, Décimo Xuño Bruto foi coñecido como O Galaico.

Un documental sobre os achados do Gerês/Xurés

romanarmy.eu produciu un documental que explica as novas descubertas e que pode ser visto na canle de Youtube do colectivo de investigación e nesta web. O documental está filmado en inglés e conta con subtítulos en galego, portugués e español.

Caderno de campo, Historias, Sitios


Levantamento aéreo com recurso a drone do sitio do Alto da Raia realizado pelo Prof. José Alberto Gonçalves da Faculdade de Ciências da Universidade do Porto.

Entre hoxe luns 24 e o venres 28 de maio realizarase unha nova campaña arqueolóxica do colectivo de investigación romanarmy.eu, centrada desta volta nun recinto fortificado inédito na fronteira entre Galicia e Portugal. Trátase do sitio arqueolóxico de Alto da Raia, un fortificación de tendencia rectangular descuberta por este colectivo recentemente. A intervención arqueolóxica busca validar a hipótese de que se pode tratar dun campamento militar romano. De ser así, este sitio arqueolóxico tería un gran valor histórico para coñecer os procesos de conquista e asimilación deste territorio por parte de Roma. O proxecto está financiado pola Comisión Europea a través do proxecto Finisterrae, liderado polo arqueólogo da Universidade de Exeter João Fonte e conta con apoio financeiro e loxístico do Município de Montalegre, Junta de Freguesia de Tourém, Ecomuseu de Barroso e do Concello de Calvos de Randín.

Dominio sobre o val
O recinto de Alto da Raia foi identificado a través do procesamento a análise dos datos LiDAR subministrados polo Instituto Geográfico Nacional (IGN) a través do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea, que na última década está multiplicando a detección de sitios arqueolóxicos. Os datos permitiron apreciar un recinto fortificado de case tres hectáreas de tamaño que domina o val do rio Salas. Pode apreciarse un talude de terra que se conserva en tres das caras do recinto defensivo. Adicionalmente, pode existir un foxo exterior que complementaría polo exterior esta defensa. A morfoloxía do talude, o tamaño e a disposición do recinto permite soster a hipótese de que se trate dun campamento militar romano. A intervención arqueolóxica, realizada en colaboración coa empresa Era-Arqueologia, procurará validar esta hipótese.


Talude do recinto

Un proxecto de investigación de gran escala
A intervención de Alto da Raia inscríbese dentro do proxecto Finisterrae (https://cordis.europa.eu/project/id/794048), financiado pola Comisión Europea a través dunha bolsa Marie Skłodowska-Curie (grant agreement 794048). Este ambicioso proxecto de investigación arqueolóxica pretende coñecer cal foi o impacto da primeira romanización no amplo territorio ubicado entre o sur de Galicia e o norte de Portugal. Neste contexto, xa se realizaron dúas intervencións previas ao longo de 2020 nos campamentos militares romanos de Alto da Pedrada (Soajo, Arcos de Valdevez) e de Lomba do Mouro (Castro Laboreiro, Melgaço e Verea, Ourense), todos eles localizados na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Transmisión en directo
A intervención será transmitida en directo a través das redes sociais de romanarmy.eu. O luns, mércores e venres, o arqueólogo João Fonte realizará conexións en directo desde o Alto da Raia no facebook corporativo de romanarmy.eu, ofrecendo a actualidade do estudo arqueolóxico e permitindo os usuarios coñecer a evolución da intervención.

Historias, Publicacións, Sitios

Cronología de descubrimiento/publicación de recintos militares romanos en el noroeste de la Península Ibérica. Los nuevos campamentos están destacados en recuadros punteados.

Una investigación arqueológica ha permitido localizar y catalogar 66 nuevos campamentos militares romanos en el norte de Castilla y León. Los hallazgos suponen un importante avance en la comprensión de las dinámicas de la conquista romana e incrementan en un tercio los recintos militares conocidos para la zona en las últimas décadas.

Los resultados han sido publicados esta semana por los arqueólogos Andrés Menéndez Blanco, Jesús García Sánchez (Instituto de Arqueología de Mérida), José M. Costa García (Universidade de Santiago de Compostela), João Fonte (University of Exeter), David González Álvarez (Instituto de Ciencias del Patrimonio – CSIC) y Víctor Vicente García (Universidade de Santiago de Compostela) bajo el título “Following the Roman Army between the Southern Foothills of the Cantabrian Mountains and the Northern Plains of Castile and León (North of Spain): Archaeological Applications of Remote Sensing and Geospatial Tools”. El artículo se integra en un número especial de la revista Geosciences dedicado a la aplicación de tecnologías geoespaciales y titulado Satellite, Aerial and Ground-Based Remote Sensing for Archaeological and Heritage Research. El artículo puede ser consultado en este vínculo.

El hallazgo se ha producido a través de la observación cuidadosa de distintas colecciones de fotografía aérea y por satélite, así como de la creación de modelos tridimensionales del terreno a partir de datos LiDAR (una técnica reciente que ha abierto nuevos y prometedores caminos para la arqueología) y el empleo de drones. El uso de las nuevas tecnologías ha permitido realizar la búsqueda incluso en los meses de confinamiento gracias a los recursos de acceso público ofrecidos por el Instituto Geográfico Nacional o visores como Google Earth o Bing Maps. Tras esto, los hallazgos han sido comprobados en el terreno y fueron comunicados a los servicios territoriales de cultura para su inclusión en los inventarios de patrimonio, para así garantizar su protección. Una vez satisfechos los procedimientos que establecen las leyes vigentes, se han hecho públicos los resultados a través de la publicación del citado artículo.


Recintos en Villaquilambre (León)

La huella cada vez más nítida de la conquista romana

Los yacimientos arqueológicos descubiertos se corresponden con restos de los campamentos temporales que levantaba el ejército romano al moverse por territorio hostil, o al realizar maniobras en torno a sus bases permanentes. Revelan la intensa actividad romana a la entrada de las montañas del noroeste de Hispania durante la última fase de conquista de la península por Roma en diferentes áreas.
Entre ellos destaca una importante concentración (25 sitios) a lo largo de los valles del norte de Palencia y Burgos, además del sur de Cantabria. En la provincia de León se han documentado hasta 41 sitios repartidos por distintos valles. Entre ellos hay desde pequeños fortines de unos centenares de metros cuadrados, hasta enormes recintos fortificados de 15 hectáreas de superficie. Destaca el hallazgo de dos grandes campamentos de estas características junto a la ciudad de Astorga o las concentraciones de pequeños recintos de maniobras alrededor de la ciudad de León. Algunos de estos asentamientos estarían relacionados probablemente con la conquista de esos territorios a finales del siglo I a.C, mientras que otros pueden responder a las distintas funciones desarrolladas por el ejército en tiempos de paz.


Recintos de Tortolondro (primer plano) y Matimocha (segundo plano), en Burgos.

Un trabajo de campo, desde laboratorio

La pandemia obligó a cancelar los diferentes proyectos de campo que el equipo tenía planificados, y eso obligó a redefinir las dinámicas de investigación, apostando por las tecnologías digitales de manera intensiva para la prospección y análisis de yacimientos. El propio periodo de confinamiento y el trabajo en red de los miembros permitió enfocar el proyecto de manera amplia y está detrás del gran número de sitios arqueológicos localizados.

Una vez identificados, catalogados y descritos, es momento de avanzar en su conocimiento mediante el desarrollo de actuaciones arqueológicas sobre el terreno. Actualmente el equipo está desarrollando un proyecto de catalogación y documentación mediante dron de todos los campamentos romanos de la provincia de León, con el que se quiere conocer mejor sus estructuras o la evolución de su estado de conservación. Continúan asimismo los trabajos en Palencia y Burgos, donde cuentan ya con una consolidada trayectoria de investigación en la comarca del Odra-Pisuerga y, en concreto, de Sasamón, donde se continúa el estudio del poblado del Cerro de Castarreño y su conquista en el siglo I a.C. Además, los investigadores confían en poder llevar a cabo próximamente actuaciones más profundas de prospección y excavación en algunos de los yacimientos recientemente descubiertos, lo que permitiría definir mejor su cronología y función.

Caderno de campo, Sitios

romanarmy.eu inicia intervencións arqueolóxicas nos recintos fortificados da serra do Gerês-Xurés

Este luns comezarán os traballos arqueolóxicos no Alto da Pedrada, un recinto fortificado en bo estado de conservación localizado en Arcos de Valdevez, na Serra do Soajo, en pleno Parque Nacional da Peneda-Gerês. O obxectivo científico é validar a hipótese formulada polo colectivo de investigación romanarmy.eu na que se identifica este recinto arqueolóxico como un campamento militar romano de carácter temporal. Trataríase do primeiro localizado no norte de Portugal e próximo á fronteira galega.

Os traballos intégranse dentro do proxecto Finisterrae financiado por la Comisión Europea a través de una bolsa individual Marie Skłodowska-Curie liderada por João Fonte (Universidade de Exeter) e se desenvolverán entre o 3 e o 8 de agosto. E en setembro, dentro do mesmo proxecto europeo, realizarase tamén unha intervención arqueolóxica no recinto de Lomba do Mouro, localizado entre os concellos Melgaço (Viana do Castelo, Portugal) e Verea (Ourense).

Ambos os dous recintos foron localizados polo colectivo romanarmy.eu entre 2017 e 2018, xunto co de Chaira da Maza (Lobeira, Ourense), amosando a relevancia excepcional da Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés para comprender a presenza do exército romano no noroeste da Península Ibérica. Os xacementos foron publicados por primeira vez na publicación científica de referencia Mediterranean Archaeology and Archaeometry en 2019.

Alto da Pedrada
O recinto de Alto da Pedra atópase a 1416 metros de altitude, en pleno Parque Nacional da Peneda-Gerês. As especiais condicións de illamento do xacemento arqueolóxico, lonxe das estradas e dos núcleos de poboamento da zona, facilitaron a preservación de boa parte do recinto fortificado e mesmo de tres das súas características portas en clavícula. O seu paralelo máis próximo no noroeste peninsular é o campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda (Ourense) investigado por romanarmy.eu no verán de 2018. O recinto, de pequenas dimensións (1,5 hectáreas) está delimitado por unha muralla de pedra de dous metros de anchura conservada en tres dos lados e se adapta á topografía local.

O sitio foi identificado en 2018 a través da análise dos datos LIDAR cedidos pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho. A intervención está financiada polo Município de Arcos de Valdevez e coa colaboración directa da empresa Era-Arqueologia. Os traballos en campo buscaran datar e contextualizar historicamente o xacemento a través da cultura material recuperada e a recollida de mostras con vistas á súa datación absoluta a través dunha colaboración con o Grupo de Investigação C2TN do Instituto Superior Técnico de Lisboa.

Os traballos serán retransmitidos en directo desde o xacemento a través de Facebook Live e as diversas ferramentas de comunicación de romanarmy.eu, permitindo a veciños e interesados coñecer de man dos arqueólogos os avances do proxecto con moita rapidez.

O proxecto tamén conta coa colaboración de diferentes entidades locais: as Juntas de Freguesia de Soajo, Cabreiro e Gondoriz, pertencentes ao concelho de Arcos de Valdevez, e das Comissões de Compartes dos Baldios de Soajo, Cabreiro e Gondoriz, propietarias dos terreos. Os traballos foron aprobados pola Direção Geral do Património Cultural e pela Direção Regional de Cultura do Norte. O Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas deu tamén o seu parecer positivo.

Historias

O concello portugués de Arcos de Valdevez porá en valor neste 2020 o recinto fortificado do Alto da Pedrada, financiando unha intervención arqueolóxica no sitio que permitirá coñecer máis sobre o que é un dos campamentos romanos mellor conservados do noroeste peninsular. Alto da Pedrada foi localizado por romanarmy.eu a partir do estudo da zona que permitiron os datos LiDAR cedidos pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho).


Ubicación das portas en clavícula no Alto da Pedrada. Fonte datos LiDAR: CIM Alto Minho.

O campamento romano do Alto da Pedrada está situado nunha paraxe espectacular da Serra do Soajo, a 1416 metros de altitude, en pleno Parque Nacional da Peneda-Gerês. As especiais condicións de aillamento do xacemento arqueolóxico, lonxe das estradas e dos núcleos de poboamento da zona, facilitaron a preservación de boa parte do recinto fortificado e mesmo de tres das súas características portas en clavícula. O seu paralelo máis próximo no noroeste peninsular é o campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda (Ourense) investigado por romanarmy.eu no verán de 2018. O recinto, de pequenas dimensións (1,5 hectáreas) está delimitado por unha muralla de pedra de dous metros de anchura conservada en tres dos lados e se adapta á topografía local.

Precisamente un dos aspectos máis chamativos do recinto do Alto da Pedrada é que esa muralla foi construída a partir da abundante pedra existente no outeiro. Nas fotografías aéreas, como podedes ver, apréciase o “negativo” das zonas das que se retirou o material, inmediato ao lugar de construción da muralla. Deste xeito, os militares construíron a muralla con pouco esforzo e ao mesmo tempo fixeron máis regular e transitable un paso de ronda pola parte interior da muralla.

A campaña, que se levará a cabo neste ano 2020 co apoio do concello de Arcos de Valdevez, permitirá coñecer máis a presenza do exército romano na antiga Gallaecia e converterase no primeiro campamento romano intervido arqueoloxicamente no norte de Portugal, un territorio no que ata agora a información sobre a presenza de continxentes militares romanos era mínima. É parte do proxecto de investigación Finisterrae financiado no marco do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea baixo unha Marie Skłodowska-Curie Individual Fellowhisp (grant ID 794048) que o arqueólogo da Universidade de Exeter João Fonte, membro de romanarmy.eu, está levando a cabo para comprender as transformacións na paisaxe e na sociedade no norte de Portugal entre o final da Idade do Ferro e os inicios da romanización. O concello de Arcos de Valdevez confía en que “esta intervenção contribuirá para a posterior valorização desta importante estação arqueológica do nosso concelho, e, ao mesmo tempo para a dinamização cultural e turística de Arcos de Valdevez”.

Historias

Santa Baia (Soandres, A Laracha): de castro a campamento romano

Un dos campamentos máis singulares publicados no noso artigo The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems (aquí podes consultar toda a información) é o de Santa Baia (Soandres, A Laracha, A Coruña). Trátase do recinto fortificado romano ubicado máis ao norte da actual Galicia, no territorio ocupado por un dos pobos galaicos máis mencionados polas fontes clásicas: os ártabros. Localízase, ademais, non moi lonxe da antiga Brigantium.

Fonte: Peralta Labrador, E., & Camino Mayor, J. (2015). Conclusiones sobre las Guerras Ástur-Cántabras. In J. Camino Mayor, E. Peralta Labrador & J. F. Torres-Martínez (Eds.), Las Guerras Astur-Cántabras (pp. 345-375). Gijón: KRK Ediciones.

Santa Baia é un caso especial porque prantexa interesantes cuestións ao redor da relación entre campamentos romanos e castros indíxenas. No contexto das guerras cántabras temos varios exemplos de castros reocupados por tropas romanas, como poden ser os de Monte Bernorio e La Loma (Palencia), así como Santa Marina ou La Espina del Gállego (Cantabria). Nas Illas Británicas tamén hai varios exemplos moi coñecidos, como poden ser Hod Hill en Dorset, ou Brandon Hill, preto de Gales.


Campamento de Hod Hill, na zona alta do castro. Fonte: Castlesfortsbattles.co.uk


Monte Bernorio. Foto: Google Earth

Pero en todos estes casos, é o campamento romano o que se sitúa no interior do castro, tipicamente na zona máis elevada e doada de defender. As dimensións permiten situar aquí pequenas guarnicións que constrúen defensas adicionais, conformando un castellum moi vinculado ao control do territorio circundante. Non é doado saber que sucedeu coa poboación indíxena que habitaba nestes castros no momento da construción das defensas romanas, aínda que no caso de Monte Bernorio ou da Espina del Gallego, por exemplo, documéntanse episodios de asedio e destrución dos castros -en particular das dúas defensas- previos á construción da fortificación romana.

Pero o caso de Santa Baia é distinto. Porque se nos anteriores o castellum sitúase no interior do castro, no caso de Santa Baia, o campamento sobarda os límites do castro e a fortificación indíxena queda no interior do campamento. Santa Baia, ademáis, non pode ser considerado unicamente un castellum para un pequeno continxente. As súas dimensións, superiores ás cinco hectáreas e cunha estimación de ocupación entre 2500 e 3650 soldados, conforme explicamos no artigo, sitúano nun rango intermedio dentro das dimensións dos campamentos que localizamos no Noroeste. Unha hipótese derivada do noso recoñecemento in situ do xacemento pasa porque o castro xa estivera abandonado no momento da chegada do exército romano, sendo fundado e habitado na primeira Idade do Ferro. Porén, serán precisos ulteriores estudos para ter claro se os dous recintos coexistiron de algún xeito, ou se simplemente se sucederon no tempo. O que se trata é dun caso estremadamente estraño: no ámbito europeo occidental polo momento é o único que coñecemos.

Do que non cabe ningunha dúbida é de que o campamento se atopa nunha localización de singular valor. O outeiro é doado de defender e se atopa nun importante nó de comunicacións que é límite entre terreos de monte alto (Monte Xalo) e os vales prelitorais.

Pero en Santa Baia tamén se conservou unha intrigante tradición oral. Recollimos dos veciños a historia de que, como o é habitual, o castro estaba habituado polos mouros. Pero os veciños se esforzaron en precisar que nunha zona xusto embaixo do castro, ao noroeste, tamén habitara outra xente. Segundo as súas palabras, nesa zona “acamparan os fenicios”. A zona indicada polas fontes coincide coa parte do recinto que reune mellores condicións para o acampamento de tropas.

Este é un exemplo de algunhas abraiantes historias de tradición oral que parecen recoller a memoria dun acampamento de escasa duración establecido hai dous mil anos por un continxente militar. Non é o único caso en Galicia. No futuro faremos algunha publicación en relación a esta sorprendente memoria tradicional.

Neste vídeo podes ver unha visualización do modelo dixital do terreo e do campamento:

Historias, Publicacións


Modelo 3D a partir de datos LIDAR co emprazamento do campamento romano de Santa Baia (A Laracha, A Coruña). Infográfico: José Manuel Costa. Fonte dos datos LiDAR: IGN-PNOA.

O exército romano tivo unha presenza moito mais destacada, diversa e prolongada no noroeste da península Ibérica do que se coñecía ata o momento. 22 novos sitios militares romanos, algúns deles inéditos, revelan unha gran dispersión dos continxentes militares ao longo do territorio e, sobre todo, unha diversidade de operacións e misións que poden ir desde accións de combate, recoñecemento do territorio ou control policial.

Esta é a nova visión dos primeiros contactos militares de Roma co noroeste peninsular argumentada no artigo “The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems”, que acaba de ser publicado no volume 19 (número 3) da publicación científica de referencia Mediterranean Archaeology and Archaeometry por parte de tres investigadores do colectivo romanarmy. “A investigación permitiunos mapear unha serie e variedade de evidencias que resoan fortemente nun territorio previamente silencioso”, sinalan os investigadores José Manuel Costa (USC), Joao Fonte (Instituto de Ciencias do Patrimonio e Universidade de Exeter) e Manuel Gago (USC). Para eles, a análise do novo conxunto de datos “abre as portas a unha transformación radical das narracións históricas tradicionais relativas á conquista e integración destes territorios por Roma”.
Ata hai pouco, Galicia, o occidente de Asturias e o norte de Portugal considerábanse escenarios marxinais da conquista romana da península ibérica. A investigación, froito da combinación de diferentes técnicas de prospección e análise arqueolóxica realizadas nos últimos cinco anos, ofrece un escenario novo e radicalmente distinto, con 22 sitios militares romanos distribuídos en diferentes áreas do noroeste peninsular. Analizando parámetros de distribución, asentamento no territorio e a súa morfoloxía, os investigadores tentaron comprender a lóxica que seguen estes despregamentos militares.

Nesta ligazón podes acceder a resumos executivos da investigación en galego, español e portugués.

Unha ocupación temporal e axustada a continxentes militares
A hipótese ofrecida polos investigadores é que case todos os sitios arqueolóxicos analizados teñen unha ocupación temporal ou estacional de carácter militar romano, están moi adaptados ao terreo no que se rodean e con dimensións axustadas aos continxentes militares que acolleron.


Modelo dixital do terreo a partir de datos LIDAR de Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo). Infográfico: João Fonte. Fonte dos datos LiDAR: CIM Alto Minho.

Deste xeito, os investigadores identificaron cinco diferentes tipoloxías:
1) Recintos de pequenas dimensións (1,5-2,5 ha): a súa presenza revela a existencia de pequenas unidades de entre varios centos e algo máis de mil homes (2-3 cohortes, 100- 1500 homes) que operan no territorio. Nesta categoría entran campamentos como O Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), Cova do Mexadoiro (Trazo, A Coruña), Coto do Rañadoiro (Carballedo, Lugo) e Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo).
2) Campamentos de tamaño medio (4-7 ha): aloxarían varios miles de homes (ca. 2000-4000). Coma o grupo anterior, amosa a enorme versatilidade operativa do exército romano ao despregar vexilationes (destacamentos) cunha gran autonomía táctica. Neste ámbito atópanse os sitios arqueolóxicos de Cabianca (Láncara, Lugo), Campos (Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo), A Cortiña dos Mouros (Cervantes, Lugo / Balboa, León). O caso de Santa Baia (A Laracha, A Coruña) é moi chamativo pola súa proximidade á antiga cidade de Brigantium e debido a que o campamento foi disposto na zona exterior dun castro, acolléndoo no seu interior.
3) Grandes campamentos (de 10-15 ha de superficie): acollerían polo menos unha unidade numericamente equivalente a unha lexión (aproximadamente 6000 homes). Gran independencia operativa, ao xeito dunha brigada contemporánea. A maior parte deles están ubicados na zona oriental de Galicia (Monte da Chá e Monte da Medorra (Láncara/Sarria, Lugo), A Penaparda (A Fonsagrada, Lugo / Santalla d’Ozcos, Asturias), O Monte de Ventín (Pol, Lugo) e O Cornado (Negreira, A Coruña).
4) Recintos que superan con moito estas dimensións (aproximadamente 20 ha), podendo ter servido a auténticos corpos do exército (aproximadamente 10000-14000 homes). Localizamos entre o río Limia e o río Miño dous grandes recintos na Serra do Leboreiro/Laboreiro: Lomba do Mouro (Melgaço, Viana do Castelo / Verea, Ourense) e Chaira da Maza (Lobeira, Ourense). No caso de Lomba do Mouro, a existencia dunha segunda liña defensiva podería indicar unha necesidade dos ocupantes para fortalecer a posición da fortificación.
5) Castela ou fortificacións estacionais de pequeno tamaño. Aínda que o número, polo momento, é escaso, trátase dunha serie de recintos xa documentados noutros puntos do norte peninsular. Trátase de A Recacha (Navia de Suarna, Lugo), nas montañas orientais; Outeiro de Arnás (Verín, Ourense) controlando un bo tramo do val do Támega; e O Castrillón (Touro, A Coruña). A eles súmanselle outros asentamentos fortificados como Alto da Cerca (Valpaços, vila Real) e O Castelo (A Estrada, Pontevedra).


O recinto de Lomba do Mouro, na fronteira entre Galicia e Portugal. Foto: Manuel Gago

Varios escenarios, varios conflitos?
Sen pechar a porta a outras posibilidades interpretativas, os investigadores chaman a atención sobre a dispersión sobre o territorio dos sitios arqueolóxicos, que parecen identificar distintas zonas de operacións. Os investigadores defenden a hipótese de que os campamentos ubicados na zona oriental de Galicia poderían estar vinculados a un episodio ou escenario secundario do conflito cántabro-astur (29-19 a.C.). Os recintos militares encaixan na lóxica seguida polo exército romano durante o conflito, no que se desenvolveron accións a gran escala contra os grupos indíxenas, que nalgunhas áreas parecen amosar segundo as fontes unha gran capacidade de organización e mobilización de efectivos, así como unha notable autonomía política.
Aínda que algo máis apartados, recintos como os localizados na Chá de Santa Marta (Láncara/Sarria) ou na zona oriental de Ourense (caso de Ou O Penedo dos Lobos, onde que o equipo romanarmy.eu documentou, nunha intervención científica en 2018, a presenza militar romana máis antiga documentada en Galicia, contorna ao cambio de era) poden incluírse neste conxunto. Con todo, un gran número de xacementos do territorio non encaixan de maneira fácil nesta narrativa. Así sucede co importante grupo de campamentos situado na zona occidental da provincia da Coruña. Mención relevante merecen os grandes recintos documentados na Serra do Laboreiro/ Laboreiro, entre o río Limia e o río Miño, que poderían encaixar, a nivel hipotético, nun horizonte tardorrepublicano, así como o do Alto da Pedrada localizado no punto máis alto do distrito de Viana do Castelo, e que ten en Penedo dos Lobos un paralelo próximo.

Historias


Poblado castreño de Castello en Berducedo (Ayande, Asturias).

¡Empieza la vendimia académica de romanarmy.eu! Estrenamos septiembre con dos publicaciones sobre nuestro trabajo. Los dos tienen puntos en común que defendemos desde el colectivo romanarmy: la importancia de la arqueología para entender los procesos de conquista del noroeste peninsular, relativizando el papel de las fuentes históricas romanas y permitiéndonos ver más allá de su relato de los hechos, muy condicionado por las motivaciones y los intereses sociopolíticos de la época. La segunda idea es que no podemos estudiar el ejército romano o el proceso de conquista sin tener en cuenta a la población indígena, que debemos integrar en nuestros relatos científicos, yendo más allá de concebirla como un actor mudo de los hechos.

En el primero de los textos, “La presencia militar romana en el noroeste ibérico hacia el cambio de era: estado actual y retos de futuro”, publicado en el volumen colectivo “Accampamenti, guarnigioni e assedi durante la Seconda Guerra Punica e la conquista romana (secoli III-I a.C.): prospettive archeologiche” y editado en Roma, hacemos un estado de la cuestión sobre la investigación a la altura de 2017, cuando presentamos este trabajo en una reunión científica en la capital italiana, y llamamos la atención sobre la necesidad de combinar el descubrimiento de nuevos yacimientos (muy acelerado en los últimos años) con un análisis reposado e integral de todos los nuevos datos de los que disponemos.


Fotografía aérea del Cerro de Castarreño, vista desde el noroeste. Julio de 2012. Foto: J. García Sánchez

El segundo, que ya está disponible en línea, aborda nuestros trabajos arqueológicos en el importante enclave de Sasamón, zona fundamental de las operaciones militares romanas en las Guerras cántabras. Nos detenemos en el castro del Cerro de Castarreño (Olmillos de Sasamón), y las discusiones historiográficas alrededor de su identificación como la ciudad de Segisama de las fuentes clásicas. También exploramos el papel del Cerro en la construcción del paisaje histórico de la zona y presentamos lso resultados de nuestras intervencinoes en el yacimiento.

ACCEDE A LAS PUBLICACIONES
González Álvarez, David; Costa-García, José Manuel; Menéndez Blanco, Andrés; Fonte, João; Álvarez Martínez, Valentín; Blanco-Rotea, Rebeca y Gago Mariño, Manuel (2019): La presencia militar romana en el noroeste ibérico hacia el cambio de era: estado actual y retos de futuro. En: Vallori Márquez, Bartomeu; Rueda Galán, Carmen y Bellón Ruiz, Juan Pedro (eds.), Accampamenti, guarnigioni e assedi durante la Seconda Guerra Punica e la conquista romana (secoli III-I a.C.): prospettive archeologiche. Roma: Edizioni Quasar di Severino Tognon, 127-138.

Consultar la referencia:
https://www.edizioniquasar.it/sku.php?id_libro=2395

García Sánchez, J. y Costa-García, J. M. (2019) El oppidum del Cerro de Castarreño, Olmillos de Sasamón. Historiografía y arqueología de un hábitat fortificado de la segunda Edad del Hierro. Boletín de la Institución Fernán González, 258 (2019/1), pp. 9-45.

Leer en linea:
https://www.academia.edu/40304972/El_oppidum_del_Cerro_de_Castarre%C3%B1o_Olmillos_de_Sasam%C3%B3n._Historiograf%C3%ADa_y_arqueolog%C3%ADa_de_un_h%C3%A1bitat_fortificado_de_la_Segunda_Edad_del_Hierro

Historias

El sociólogo Zygmunt Bauman acuñó, entre otros, el término de modernidad líquida. Suele ser complejo definir lo que hacemos, y más encuadrarlo en etiquetas, pero quiero pensar que al sumar este concepto al de ciencia en abierto, #MeToo, heterodoxia, descentralización, rigor, feminismo, experimentación, innovación, interdisciplinaridad, y tantos otros términos enarbolados en nuestro decálogo, y tantas realidades que se suceden en bucle en la última década, acabaré por encontrar un palabro que defina lo que hago, y lo que hago en este colectivo. Tal vez Bauman ya nos lo dio, y al fin y al cabo sólo hacemos ciencia líquida que intenta colarse por las grietas de la Academia para procurar romper corsés, y sacarnos de la burbuja científica (que cualquier día nos va a explotar en la cara) y el desencanto de la investigación (que nos hace huir hacia otros mundos), en la línea en que Joan Santacana nos comenta en su artículo reciente del Cuaderno Digital de Cultura. Si esa ciencia líquida la ponemos bajo los pies de las mujeres, que el día de hoy nos reivindicamos en Ciencia, en vez de volverse transparente como el agua nos acaba, muchas veces, embarrando en desigualdades y conduciendo a techos de cristal que hay que seguir rompiendo. ¿Qué hago aquí? Al final sólo procurar divertirme en lo diferente y seguir intentando no ponerme el corsé, que aprieta (y te puede llevar a precipitarte por el acantilado).

Continue Reading

Caderno de campo, Historias

Roma non veu aquí a nada. Detrás da conquista hai uns intereses que moven ao nacente Imperio a despregar todas as súas forzas sobre un pequeno recuncho nos confíns occidentais de Europa. Entre eses obxectivos estaban os abundantes xacementos de ouro do Noroeste ibérico, especialmente ricos en zonas como a comarca leonesa de Cabreira. Co fin de estudar o impacto da conquista e as profundas transformacións que a seguen, o pasado mes de agosto os nosos compañeiros Andrés Menéndez, Valentín Álvarez e David González escavaron no poboado fortificado do Castru (A Costa, León).

A intensísima actividade mineira deste territorio nos séculos I e II d. C., con complexos produtivos tan notables como os das saias do Teleno, implicou uns cambios radicais nos poboados preexistentes e a fundación doutros asentamentos novos. O importante recinto fortificado do Castru non foi alleo a iso, á vista das abundantísimas escorias de ferro localizadas na súa contorna. Por esta razón foi escollido para abrir unha sondaxe valorativa que puidese dar pistas acerca do seu potencial arqueolóxico, que se amosou impresionante. Ata o momento, a breve campaña realizada este verán permitiu sacar á luz parte dunha estancia que, a xulgar pola gran cantidade e tipoloxía dos materiais atopados, pode considerarse un almacén de época romana.

A intervención foi financiada polo Concello de Truchas, a Xunta Veciñal de La Cuesta e o Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León. Actualmente os materiais están en proceso de estudo e estase considerando a preparación de novas campañas dados os excelentes resultados obtidos.

Como complemento á escavación realizouse unha prospección do territorio que facilitase a contextualización do xacemento. Isto permitiunos localizar e inventariar para a súa protección un novo campamento militar temporal romano no val do río Eria.