Historias

Santa Baia (Soandres, A Laracha): de castro a campamento romano

Un dos campamentos máis singulares publicados no noso artigo The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems (aquí podes consultar toda a información) é o de Santa Baia (Soandres, A Laracha, A Coruña). Trátase do recinto fortificado romano ubicado máis ao norte da actual Galicia, no territorio ocupado por un dos pobos galaicos máis mencionados polas fontes clásicas: os ártabros. Localízase, ademais, non moi lonxe da antiga Brigantium.

Fonte: Peralta Labrador, E., & Camino Mayor, J. (2015). Conclusiones sobre las Guerras Ástur-Cántabras. In J. Camino Mayor, E. Peralta Labrador & J. F. Torres-Martínez (Eds.), Las Guerras Astur-Cántabras (pp. 345-375). Gijón: KRK Ediciones.

Santa Baia é un caso especial porque prantexa interesantes cuestións ao redor da relación entre campamentos romanos e castros indíxenas. No contexto das guerras cántabras temos varios exemplos de castros reocupados por tropas romanas, como poden ser os de Monte Bernorio e La Loma (Palencia), así como Santa Marina ou La Espina del Gállego (Cantabria). Nas Illas Británicas tamén hai varios exemplos moi coñecidos, como poden ser Hod Hill en Dorset, ou Brandon Hill, preto de Gales.


Campamento de Hod Hill, na zona alta do castro. Fonte: Castlesfortsbattles.co.uk


Monte Bernorio. Foto: Google Earth

Pero en todos estes casos, é o campamento romano o que se sitúa no interior do castro, tipicamente na zona máis elevada e doada de defender. As dimensións permiten situar aquí pequenas guarnicións que constrúen defensas adicionais, conformando un castellum moi vinculado ao control do territorio circundante. Non é doado saber que sucedeu coa poboación indíxena que habitaba nestes castros no momento da construción das defensas romanas, aínda que no caso de Monte Bernorio ou da Espina del Gallego, por exemplo, documéntanse episodios de asedio e destrución dos castros -en particular das dúas defensas- previos á construción da fortificación romana.

Pero o caso de Santa Baia é distinto. Porque se nos anteriores o castellum sitúase no interior do castro, no caso de Santa Baia, o campamento sobarda os límites do castro e a fortificación indíxena queda no interior do campamento. Santa Baia, ademáis, non pode ser considerado unicamente un castellum para un pequeno continxente. As súas dimensións, superiores ás cinco hectáreas e cunha estimación de ocupación entre 2500 e 3650 soldados, conforme explicamos no artigo, sitúano nun rango intermedio dentro das dimensións dos campamentos que localizamos no Noroeste. Unha hipótese derivada do noso recoñecemento in situ do xacemento pasa porque o castro xa estivera abandonado no momento da chegada do exército romano, sendo fundado e habitado na primeira Idade do Ferro. Porén, serán precisos ulteriores estudos para ter claro se os dous recintos coexistiron de algún xeito, ou se simplemente se sucederon no tempo. O que se trata é dun caso estremadamente estraño: no ámbito europeo occidental polo momento é o único que coñecemos.

Do que non cabe ningunha dúbida é de que o campamento se atopa nunha localización de singular valor. O outeiro é doado de defender e se atopa nun importante nó de comunicacións que é límite entre terreos de monte alto (Monte Xalo) e os vales prelitorais.

Pero en Santa Baia tamén se conservou unha intrigante tradición oral. Recollimos dos veciños a historia de que, como o é habitual, o castro estaba habituado polos mouros. Pero os veciños se esforzaron en precisar que nunha zona xusto embaixo do castro, ao noroeste, tamén habitara outra xente. Segundo as súas palabras, nesa zona “acamparan os fenicios”. A zona indicada polas fontes coincide coa parte do recinto que reune mellores condicións para o acampamento de tropas.

Este é un exemplo de algunhas abraiantes historias de tradición oral que parecen recoller a memoria dun acampamento de escasa duración establecido hai dous mil anos por un continxente militar. Non é o único caso en Galicia. No futuro faremos algunha publicación en relación a esta sorprendente memoria tradicional.

Neste vídeo podes ver unha visualización do modelo dixital do terreo e do campamento:

Historias, Publicacións


Modelo 3D a partir de datos LIDAR co emprazamento do campamento romano de Santa Baia (A Laracha, A Coruña). Infográfico: José Manuel Costa. Fonte dos datos LiDAR: IGN-PNOA.

O exército romano tivo unha presenza moito mais destacada, diversa e prolongada no noroeste da península Ibérica do que se coñecía ata o momento. 22 novos sitios militares romanos, algúns deles inéditos, revelan unha gran dispersión dos continxentes militares ao longo do territorio e, sobre todo, unha diversidade de operacións e misións que poden ir desde accións de combate, recoñecemento do territorio ou control policial.

Esta é a nova visión dos primeiros contactos militares de Roma co noroeste peninsular argumentada no artigo “The reassessment of the Roman military presence in Galicia and Northern Portugal through digital tools: archaeological diversity and historical problems”, que acaba de ser publicado no volume 19 (número 3) da publicación científica de referencia Mediterranean Archaeology and Archaeometry por parte de tres investigadores do colectivo romanarmy. “A investigación permitiunos mapear unha serie e variedade de evidencias que resoan fortemente nun territorio previamente silencioso”, sinalan os investigadores José Manuel Costa (USC), Joao Fonte (Instituto de Ciencias do Patrimonio e Universidade de Exeter) e Manuel Gago (USC). Para eles, a análise do novo conxunto de datos “abre as portas a unha transformación radical das narracións históricas tradicionais relativas á conquista e integración destes territorios por Roma”.
Ata hai pouco, Galicia, o occidente de Asturias e o norte de Portugal considerábanse escenarios marxinais da conquista romana da península ibérica. A investigación, froito da combinación de diferentes técnicas de prospección e análise arqueolóxica realizadas nos últimos cinco anos, ofrece un escenario novo e radicalmente distinto, con 22 sitios militares romanos distribuídos en diferentes áreas do noroeste peninsular. Analizando parámetros de distribución, asentamento no territorio e a súa morfoloxía, os investigadores tentaron comprender a lóxica que seguen estes despregamentos militares.

Nesta ligazón podes acceder a resumos executivos da investigación en galego, español e portugués.

Unha ocupación temporal e axustada a continxentes militares
A hipótese ofrecida polos investigadores é que case todos os sitios arqueolóxicos analizados teñen unha ocupación temporal ou estacional de carácter militar romano, están moi adaptados ao terreo no que se rodean e con dimensións axustadas aos continxentes militares que acolleron.


Modelo dixital do terreo a partir de datos LIDAR de Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo). Infográfico: João Fonte. Fonte dos datos LiDAR: CIM Alto Minho.

Deste xeito, os investigadores identificaron cinco diferentes tipoloxías:
1) Recintos de pequenas dimensións (1,5-2,5 ha): a súa presenza revela a existencia de pequenas unidades de entre varios centos e algo máis de mil homes (2-3 cohortes, 100- 1500 homes) que operan no territorio. Nesta categoría entran campamentos como O Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), Cova do Mexadoiro (Trazo, A Coruña), Coto do Rañadoiro (Carballedo, Lugo) e Alto da Pedrada (Arcos de Valdevez, Viana do Castelo).
2) Campamentos de tamaño medio (4-7 ha): aloxarían varios miles de homes (ca. 2000-4000). Coma o grupo anterior, amosa a enorme versatilidade operativa do exército romano ao despregar vexilationes (destacamentos) cunha gran autonomía táctica. Neste ámbito atópanse os sitios arqueolóxicos de Cabianca (Láncara, Lugo), Campos (Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo), A Cortiña dos Mouros (Cervantes, Lugo / Balboa, León). O caso de Santa Baia (A Laracha, A Coruña) é moi chamativo pola súa proximidade á antiga cidade de Brigantium e debido a que o campamento foi disposto na zona exterior dun castro, acolléndoo no seu interior.
3) Grandes campamentos (de 10-15 ha de superficie): acollerían polo menos unha unidade numericamente equivalente a unha lexión (aproximadamente 6000 homes). Gran independencia operativa, ao xeito dunha brigada contemporánea. A maior parte deles están ubicados na zona oriental de Galicia (Monte da Chá e Monte da Medorra (Láncara/Sarria, Lugo), A Penaparda (A Fonsagrada, Lugo / Santalla d’Ozcos, Asturias), O Monte de Ventín (Pol, Lugo) e O Cornado (Negreira, A Coruña).
4) Recintos que superan con moito estas dimensións (aproximadamente 20 ha), podendo ter servido a auténticos corpos do exército (aproximadamente 10000-14000 homes). Localizamos entre o río Limia e o río Miño dous grandes recintos na Serra do Leboreiro/Laboreiro: Lomba do Mouro (Melgaço, Viana do Castelo / Verea, Ourense) e Chaira da Maza (Lobeira, Ourense). No caso de Lomba do Mouro, a existencia dunha segunda liña defensiva podería indicar unha necesidade dos ocupantes para fortalecer a posición da fortificación.
5) Castela ou fortificacións estacionais de pequeno tamaño. Aínda que o número, polo momento, é escaso, trátase dunha serie de recintos xa documentados noutros puntos do norte peninsular. Trátase de A Recacha (Navia de Suarna, Lugo), nas montañas orientais; Outeiro de Arnás (Verín, Ourense) controlando un bo tramo do val do Támega; e O Castrillón (Touro, A Coruña). A eles súmanselle outros asentamentos fortificados como Alto da Cerca (Valpaços, vila Real) e O Castelo (A Estrada, Pontevedra).


O recinto de Lomba do Mouro, na fronteira entre Galicia e Portugal. Foto: Manuel Gago

Varios escenarios, varios conflitos?
Sen pechar a porta a outras posibilidades interpretativas, os investigadores chaman a atención sobre a dispersión sobre o territorio dos sitios arqueolóxicos, que parecen identificar distintas zonas de operacións. Os investigadores defenden a hipótese de que os campamentos ubicados na zona oriental de Galicia poderían estar vinculados a un episodio ou escenario secundario do conflito cántabro-astur (29-19 a.C.). Os recintos militares encaixan na lóxica seguida polo exército romano durante o conflito, no que se desenvolveron accións a gran escala contra os grupos indíxenas, que nalgunhas áreas parecen amosar segundo as fontes unha gran capacidade de organización e mobilización de efectivos, así como unha notable autonomía política.
Aínda que algo máis apartados, recintos como os localizados na Chá de Santa Marta (Láncara/Sarria) ou na zona oriental de Ourense (caso de Ou O Penedo dos Lobos, onde que o equipo romanarmy.eu documentou, nunha intervención científica en 2018, a presenza militar romana máis antiga documentada en Galicia, contorna ao cambio de era) poden incluírse neste conxunto. Con todo, un gran número de xacementos do territorio non encaixan de maneira fácil nesta narrativa. Así sucede co importante grupo de campamentos situado na zona occidental da provincia da Coruña. Mención relevante merecen os grandes recintos documentados na Serra do Laboreiro/ Laboreiro, entre o río Limia e o río Miño, que poderían encaixar, a nivel hipotético, nun horizonte tardorrepublicano, así como o do Alto da Pedrada localizado no punto máis alto do distrito de Viana do Castelo, e que ten en Penedo dos Lobos un paralelo próximo.

Historias


Poblado castreño de Castello en Berducedo (Ayande, Asturias).

¡Empieza la vendimia académica de romanarmy.eu! Estrenamos septiembre con dos publicaciones sobre nuestro trabajo. Los dos tienen puntos en común que defendemos desde el colectivo romanarmy: la importancia de la arqueología para entender los procesos de conquista del noroeste peninsular, relativizando el papel de las fuentes históricas romanas y permitiéndonos ver más allá de su relato de los hechos, muy condicionado por las motivaciones y los intereses sociopolíticos de la época. La segunda idea es que no podemos estudiar el ejército romano o el proceso de conquista sin tener en cuenta a la población indígena, que debemos integrar en nuestros relatos científicos, yendo más allá de concebirla como un actor mudo de los hechos.

En el primero de los textos, “La presencia militar romana en el noroeste ibérico hacia el cambio de era: estado actual y retos de futuro”, publicado en el volumen colectivo “Accampamenti, guarnigioni e assedi durante la Seconda Guerra Punica e la conquista romana (secoli III-I a.C.): prospettive archeologiche” y editado en Roma, hacemos un estado de la cuestión sobre la investigación a la altura de 2017, cuando presentamos este trabajo en una reunión científica en la capital italiana, y llamamos la atención sobre la necesidad de combinar el descubrimiento de nuevos yacimientos (muy acelerado en los últimos años) con un análisis reposado e integral de todos los nuevos datos de los que disponemos.


Fotografía aérea del Cerro de Castarreño, vista desde el noroeste. Julio de 2012. Foto: J. García Sánchez

El segundo, que ya está disponible en línea, aborda nuestros trabajos arqueológicos en el importante enclave de Sasamón, zona fundamental de las operaciones militares romanas en las Guerras cántabras. Nos detenemos en el castro del Cerro de Castarreño (Olmillos de Sasamón), y las discusiones historiográficas alrededor de su identificación como la ciudad de Segisama de las fuentes clásicas. También exploramos el papel del Cerro en la construcción del paisaje histórico de la zona y presentamos lso resultados de nuestras intervencinoes en el yacimiento.

ACCEDE A LAS PUBLICACIONES
González Álvarez, David; Costa-García, José Manuel; Menéndez Blanco, Andrés; Fonte, João; Álvarez Martínez, Valentín; Blanco-Rotea, Rebeca y Gago Mariño, Manuel (2019): La presencia militar romana en el noroeste ibérico hacia el cambio de era: estado actual y retos de futuro. En: Vallori Márquez, Bartomeu; Rueda Galán, Carmen y Bellón Ruiz, Juan Pedro (eds.), Accampamenti, guarnigioni e assedi durante la Seconda Guerra Punica e la conquista romana (secoli III-I a.C.): prospettive archeologiche. Roma: Edizioni Quasar di Severino Tognon, 127-138.

Consultar la referencia:
https://www.edizioniquasar.it/sku.php?id_libro=2395

García Sánchez, J. y Costa-García, J. M. (2019) El oppidum del Cerro de Castarreño, Olmillos de Sasamón. Historiografía y arqueología de un hábitat fortificado de la segunda Edad del Hierro. Boletín de la Institución Fernán González, 258 (2019/1), pp. 9-45.

Leer en linea:
https://www.academia.edu/40304972/El_oppidum_del_Cerro_de_Castarre%C3%B1o_Olmillos_de_Sasam%C3%B3n._Historiograf%C3%ADa_y_arqueolog%C3%ADa_de_un_h%C3%A1bitat_fortificado_de_la_Segunda_Edad_del_Hierro

Historias

El sociólogo Zygmunt Bauman acuñó, entre otros, el término de modernidad líquida. Suele ser complejo definir lo que hacemos, y más encuadrarlo en etiquetas, pero quiero pensar que al sumar este concepto al de ciencia en abierto, #MeToo, heterodoxia, descentralización, rigor, feminismo, experimentación, innovación, interdisciplinaridad, y tantos otros términos enarbolados en nuestro decálogo, y tantas realidades que se suceden en bucle en la última década, acabaré por encontrar un palabro que defina lo que hago, y lo que hago en este colectivo. Tal vez Bauman ya nos lo dio, y al fin y al cabo sólo hacemos ciencia líquida que intenta colarse por las grietas de la Academia para procurar romper corsés, y sacarnos de la burbuja científica (que cualquier día nos va a explotar en la cara) y el desencanto de la investigación (que nos hace huir hacia otros mundos), en la línea en que Joan Santacana nos comenta en su artículo reciente del Cuaderno Digital de Cultura. Si esa ciencia líquida la ponemos bajo los pies de las mujeres, que el día de hoy nos reivindicamos en Ciencia, en vez de volverse transparente como el agua nos acaba, muchas veces, embarrando en desigualdades y conduciendo a techos de cristal que hay que seguir rompiendo. ¿Qué hago aquí? Al final sólo procurar divertirme en lo diferente y seguir intentando no ponerme el corsé, que aprieta (y te puede llevar a precipitarte por el acantilado).

Continue Reading

Caderno de campo, Historias

Roma non veu aquí a nada. Detrás da conquista hai uns intereses que moven ao nacente Imperio a despregar todas as súas forzas sobre un pequeno recuncho nos confíns occidentais de Europa. Entre eses obxectivos estaban os abundantes xacementos de ouro do Noroeste ibérico, especialmente ricos en zonas como a comarca leonesa de Cabreira. Co fin de estudar o impacto da conquista e as profundas transformacións que a seguen, o pasado mes de agosto os nosos compañeiros Andrés Menéndez, Valentín Álvarez e David González escavaron no poboado fortificado do Castru (A Costa, León).

A intensísima actividade mineira deste territorio nos séculos I e II d. C., con complexos produtivos tan notables como os das saias do Teleno, implicou uns cambios radicais nos poboados preexistentes e a fundación doutros asentamentos novos. O importante recinto fortificado do Castru non foi alleo a iso, á vista das abundantísimas escorias de ferro localizadas na súa contorna. Por esta razón foi escollido para abrir unha sondaxe valorativa que puidese dar pistas acerca do seu potencial arqueolóxico, que se amosou impresionante. Ata o momento, a breve campaña realizada este verán permitiu sacar á luz parte dunha estancia que, a xulgar pola gran cantidade e tipoloxía dos materiais atopados, pode considerarse un almacén de época romana.

A intervención foi financiada polo Concello de Truchas, a Xunta Veciñal de La Cuesta e o Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León. Actualmente os materiais están en proceso de estudo e estase considerando a preparación de novas campañas dados os excelentes resultados obtidos.

Como complemento á escavación realizouse unha prospección do territorio que facilitase a contextualización do xacemento. Isto permitiunos localizar e inventariar para a súa protección un novo campamento militar temporal romano no val do río Eria.

Historias

As de Augusto acuñado polo legado Publio Carisio (25-22 a.C.) e recuperado no campamento de Penedo dos Lobos

A intervención no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense) permitiu descubrir a presenza militar romana máis antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e que podería vincularse cronoloxicamente á época das Guerras Cántabro-Astures. No transcurso dunha campaña arqueolóxica levada a cabo polo colectivo romanarmy.eu e dirixida polo investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC João Fonte foi localizado material militar romano, entre o que se atopan as características chatolas das sandalias romanas (caligae) e moedas acuñadas por Publio Carisio (quen fora legado do primeiro emperador Octavio Augusto durante as Guerras Cántabro-Astures) entre o 25 e o 22 a.C. para pagar aos lexionarios que participaban nas campañas bélicas.

Estes achados sitúan a construción do campamento romano de Penedo dos Lobos nun horizonte cronolóxico anterior ao cambio de era e posiblemente coetáneo ás Guerras Cántabro-Astures, coas que o Imperio romano rematou a conquista de Hispania. Trátase da presenza militar romana máis antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e é un achado de gran relevancia histórica para coñecer os inicios da romanización neste territorio. Ata o momento, numerosos especialistas consideraban que a zona de Galicia estivera á marxe do conflito. Aínda que non é posible polo momento determinar cal era a misión do continxente militar de Penedo dos Lobos, os achados redefinen o coñecido sobre esta época e axudan a contextualizar unha presenza militar romana neste territorio que, á luz do descuberto polo colectivo romanarmy.eu e outros equipos de investigación nos últimos anos, é máis ampla e diversa do coñecido ata o momento.

A campaña arqueolóxica rematou o pasado sábado e está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e máis o Grupo de Investigación Síncrisis do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Un sitio arqueolóxico nun estado de conservación excepcional

O campamento romano de Penedo dos Lobos atópase moi preto da Estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e foi tradicionalmente unha zona de pastoreo con vexetación que dificultaba a súa identificación. O seu tamaño -2,34 has- defíneo como un campamento de reducidas dimensións con capacidade de acoller ata mil soldados. Os arqueólogos salientaron o “excelente” estado de conservación das estruturas defensivas do campamento. Deste xeito, Penedo dos Lobos aínda conserva as características catro portas que definen os recintos militares romanos, e case a totalidade do perímetro da muralla defensiva que ademais, de xeito moi pouco habitual, está construída en pedra.

Penedo dos Lobos foi ocupado durante un período curto de tempo, aínda que á luz da análise das evidencias, os especialistas consideran que podería non corresponderse tanto a un campamento de marcha –construído para descansar durante unha ou dúas xornadas- como a un campamento estacional, que servise durante un período máis prolongado de tempo (semanas ou incluso un mes) a un continxente militar romano cunha misión específica que aínda se descoñece.

O campamento fora descuberto por un veciño da comarca, Rubén F. Lorenzo Pérez, quen comunicou ao colectivo romanarmy.eu a existencia dun recinto de alta montaña de peculiares características.

Un patrimonio en ameaza
O colectivo romanarmy.eu comunicou á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e Galicia en febreiro de 2017 a existencia do campamento romano. Sen embargo, durante a intervención arqueolóxica tívose coñecemento de que o terreo se atopa afectado nestes momentos por un plan de repoboamento forestal que danará de maneira irreversible este sitio arqueolóxico de grande relevancia para a historia de Galicia.

Un amplo programa de divulgación
A intervención arqueolóxica no Penedo dos Lobos foi retransmitida diariamente a través de Internet por parte do colectivo romanarmy.eu, mediante vídeos en directo e formatos innovadores de comunicación científica. O alcance, só a través do perfil de Facebook do colectivo, foi de máis de 65.000 persoas ao longo de toda a semana de intervención arqueolóxica, na que o público puido seguir día a día a evolución da intervención científica. Así mesmo, realizáronse visitas guiadas ao sitio tanto con integrantes dos campamentos xuvenís de Cabeza de Manzaneda como abertas ao público xeral, con numerosa presenza de público.

Historias

Rematamos a campaña de Penedo dos Lobos e mañá, martes 28 de agosto de 2018, coñeceredes os relevantes resultados desta campaña de prospección arqueolóxica. Pero hoxe queremos presentarvos unhas fotografías aéreas que revelan o magnífico estado de conservación desta estrutura defensiva e habitacional temporal do exército romano.

Queremos agradecer á Brigada do Concello de Manzaneda o seu entusiasta e ilusionado traballo para facer posible estas fotografías que van a se converter en iconas e referentes deste sitio arqueolóxico.


Vista da porta principal no sur do sitio


Vista da porta principal (abaixo) e porta en clavícula este (dereita)


Vista da porta en clavícula este

Historias

Este luns 20 de agosto comezará a intervención arqueolóxica no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense). A intervención ten por obxectivo documentar e estudar pormenorizadamente o que é un dos recintos militares de campaña mellor conservados do noroeste peninsular, realizarase do 20 ao 26 de agosto. Está dirixido por João Fonte, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, e nel participarán outros arqueólogos e investigadores do colectivo científico romanarmy, unha singular iniciativa de ciencia e divulgación que ten por obxectivos investigar a presenza militar romana no noroeste peninsular. No caso de Penedo dos Lobos, o obxectivo é entender o encaixe deste singular recinto no proceso de conquista e control do noroeste peninsular por parte do Imperio Romano. A campaña está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e o Grupo de Investigación Síncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

A campaña realizará unha particular énfase na comunicación do traballo e dos resultados das intervencións. Todos os días entre o 20 e o 25, as 12 da mañá, os arqueólogos realizarán unha transmisión en vídeo en directo, a través de Facebook Live, contando as novidades do día (www.facebook.com/romanarmynw).

Ademais, o sábado 25 de agosto realizaranse actividades gratuítas abertas ao público. Ás 12 da mañá realizarase unha visita guiada ao campamento. O punto de xuntanza é na estación de esquí de Manzaneda. E, pola tarde, ás 19 horas, o salón de actos do concello de Manzaneda acollerá unha charla, tamén de acceso aberto a todo o público interesado, sobre a intervención arqueolóxica a cargo de João Fonte e José Manuel Costa García.

Caderno de campo, Sitios

Penedo dos Lobos: próximo obxectivo de investigación

O verán de romanarmy é un non parar! Entre o 20 e o 26 de agosto estaremos traballando nun dos recintos militares máis interesantes aparecidos nos últimos anos: Penedo dos Lobos, no concello de Manzaneda. O noso compañeiro e investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC João Fonte, dirixirá o equipo que investigará entre o 20 e o 26 de agosto de 2018 un dos recintos militares de campaña mellor conservados do noroeste peninsular. O obxectivo é estudar en detalle a morfoloxía do xacemento e o seu encaixe no proceso de conquista e control do noroeste peninsular por parte do Imperio Romano. A campaña está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e o Grupo de Investigación Síncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Continue Reading

Historias

Mentras João explora a conquista romana na Dacia, Rebeca escava fortificacións modernas no Norte de Portugal, e Jesús e Jose investigan o castro burgalés de Cerro Castarreño en Olmillos de Sasamón, os nosos compañeiros David González Álvarez e Valentín Álvarez Martínez atópanse realizando traballo de campo nas montañas de Babia (León), xunto ao arqueólogo Jorge Canosa Betés e estudantes de Arqueoloxía da Universidad Complutense de Madrid e da Durham University (Reino Unido).

Continue Reading